Portada

30.6.09

Por se non o entende


Isto indica que ten que deixar o can fóra do lugar do sinal. Ou sexa, que en determinadas praias hai que cumprir o que manda este sinal. Non haberá espazo abondo para pasear ao animal? Non tivo tempo suficiente no inverno? Por favor, que queremos disfrutar da praia sen ter que aguantar ao seu can!

Socialistas encorbatados


Xuntanza Manuel Chaves-Manuel Vázquez
Cargado originalmente por PSdeG-PSOE

O tempora, o mores... u-la pana? quen era Pablo Iglesias?

Fervenza do Toxa


Fervenza do Toxa 2
Cargado originalmente por Jesroma

Si, deste verán non pasa... Hai que ir vela!

26.6.09

As Catedrais, en Ribadeo


Din que é a mellor praia de Europa e a peor da Mariña luguesa (non se emprega como praia polos do lugar, pois a marea sube demasiado e hai que recoller os bártulos para non mollarse). O seu nome orixinal é praia de Augas Santas. Chegou Calvo Sotelo (D.E.P.) e uns amigos madrileños e trocáronlle o nome por este turístico de As Catedrais. Este arco que ven é o máis exterior. Os magníficos están ao fondo. Hai que mollar os pés e escoller días que baixe moito, moito, a marea. Logo non digan que non ían avisados!

25.6.09

Coidadiño no mar


Non é que poidamos atopar unha vaca buceando, pero hai outros perigos máis evidentes. Non se confíen demasiado, sobre todo en certas praias nas que a resaca tira de caralliño... Todos os anos, por desgraza, hai que rescatar a alguén. E ás veces, non hai remedio.

24.6.09

21.6.09

Barcos e gaivotas





Esta foto de Xarfa lembrounos unha serie que tiñamos nós...

Evidentemente, o poder dunha boa cámara contra un móbil non ten comparanza. Pero hai que estar alí, con algunha cámara.

20.6.09

TORRES DE ALTAMIRA

Outro lugar para ir ver, por suposto.
E un novo traballo estupendo de Xoán de Arco da Vella

19.6.09

As artimañas de Obama


P052009CK-0015
Cargado originalmente por The Official White House Photostream

O outro día mata unha mosca e agora, para reconciliarse coas organizacións de defensa dos animais, ponnos no seu Flickr unha foto engaiolante do seu can de augas portugués...

Non sabe nada este Obama!

RAP DA BESTA TOÑITO DE POI

Apatrullando o monte... é o pouco que conseguimos escoitar!

Paso de pedra


Paso de pedra
Cargado originalmente por fotosderianxo

En Rianxo hai un lugar que se chama Dorna. En Ribeira é o nome da festa máis popular. Din que a dorna era unha embarcación viquinga. Onde nos leva todo isto? Que estamos a un paso de pedra de todo...

http://fotosderianxo.wordpress.com/

18.6.09

Non nos acabamos de acostumar

Cada día vemos máis vídeos nesta ponte, pero non acabamos de collerlle o gusto...

En Cedeira


ESTEIRO
Cargado originalmente por NicoSeoane

Hai que voltar. Sempre. A todos estes sitios

Carragueiros Beach

e os Dire Straits sonando... dous praceres inmensos!

17.6.09

O vindeiro campión do mundo

é de Rianxo e chámase Mauro... ten cinco anos? seis? por aí!

Primavera no Pazo de Xunqueiras


Pazo Torre Xunquieras
Cargado originalmente por antonio aljan

Esa hedriña das paredes con ese ton... Sabiades que as hedras teñen "fototropismo positivo" nos seus ramos floríferos? Por iso nesta época unhas follas son distintas das outras na cor.

16.6.09

Estalote


Campanilla
Cargado originalmente por  PCharlon.es ¡Nueva web!

Sen estalar. Marabillosa toma!

Bohemia


Wandering Harper From Bohemia
Cargado originalmente por josefnovak33

Hai máis de cen anos... Canta nostalxia nos entra ao ollar estas vellas fotos!

O Corpus... tamén no Son

Teremos que incluilo na reportaxe. Grazas, Arben!

15.6.09

"Comedia bífida"

Falamos desta obra, representada en Dodro, en

http://certo.es/index.php?page=bifida

O 42 de maio....

Vaia chea! Fermosísima, como nunca.

Auga, Lousame, Luania


Agua
Cargado originalmente por Jose M Turnes

Canto máis o coñecemos, máis nos gusta este sitio.

Marcos de cabeza

Para ternos matado... esta xente nunca foi ao Hospital de Parapléxicos de Toledo. Íanselle sacar as gañas de facer destas...

12.6.09

A Pescaría do Tambre

Estivemos aí hai dúas semanas... E aínda non subimos as fotos! Ben, si, o vídeo da ponte colgante si

Vai de Roda xa cargou as fotos


VdRIMG_7425
Cargado originalmente por vaideroda

Do seu IV serán "Mar de Rianxo". Fotos excelentes dun serán que vai a máis e a mellor.

VISITA A LA PUEBLA

Hacía un poco de viento en La Puebla, ¿me oyes? ¡Es que no te entiendo nada con este ventarrrón del Caramiñal!

9.6.09

Non, non, non é David Carradine

É Raúl Gutiérrez e imparte unha xornada de artes marciais en Dodro. Mira:
http://kenporianxo.tk/

Con un sistema para detectar se cho rouban e inutilizalo a distancia

Nuevo iPhone 3G S & iDisk

Habían inventar algo así para os paraugas.
Pero o invento tiña que permitir seleccionar o número de paraugazos
(golpes dados cun paraugas) na testa que lle ías dar ao que cho roubou.
Mágoa que sexa analóxico o paraugas. E por moitos anos!

Un

Kopimi / TPB - Partners - Geek, Gamer and WoW T-shirts & Gear | bytelove.com

Partido Pirata Europeo. De Suecia. Un escano.

Metémolo en curiosidades porque non deixa de selo.

7.6.09

PUEBLA 5 SAN MAMEDE 0

Hai resultados que o din todo... 48 segundos e non houbo gol? ohhhhh!!!

Votando...

Facebook | Fotos de Berto Yáñez - Subidas desde el móvil

O geek galego Berto Yáñez envía unha foto dende o móbil no momento de ir a votar nas Europeas...

6.6.09

En un lugar de Flickr


Por donde
Cargado originalmente por Lansbricae

cuxo nome tes que descubrir... petróglifo do Barbanza? A resposta, acertarána un día destes...

Unha afección que aínda non nos convence

Será que nos pasou o tempo de facer subir tanto a adrenalina?

Vándalo? Ou da tribu dos túzaros?

Pobres vándalos, tocoulles a eles a china de que lle chamen así a todos os que andan a facer trasnadas. Nós respectamos moito a eses escandinavos, así que preferimos dicir túzaro. Ou cazurro.

4.6.09

No tempo sen tempo


Castro Neixon dentro e fora (11)
Cargado originalmente por xornalcerto

A cámara que fixo esta foto xa non existe. Quen fará a arqueoloxía de todos estes trebellos inservibles con que imos enchendo a nosa vida?

Símbolo e significado


La vaca / The Cow
Cargado originalmente por Manuel Bóo

A vaca só? E logo eses chantos do minifundio? E ese pexegueiro en flor? E que podemos dicir deses restos de silveiras nos arredores? E a vexetación desas cores verdes, que asulaga os ollos?