Portada

31.8.09

A matanza, unha festa


A matanza do porco
Cargado originalmente por fotosderianxo

Antes. Hoxe xa é un incordio: que se o animal non sufra ???? que se Sanidade, que se non compensa crialo na casa...

Un neno de hai máis de 100 anos



Cargado originalmente por ggaabboo

Xogaría a indios e vaqueiros?

Pontenafonso en Hdr


Pontenafonso
Cargado originalmente por Isidr☼ Cea

Non o intenten coas súas cámaras!!! E vexan o que é o Hdr:

http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:HDR_images

26.8.09

Os bos hórreos da Igrexa


Espigueiro
Cargado originalmente por António Sardinha

Ai aqueles diezmos! Que fartura!

Galicia la cuna de la estupidez

Nós tamén vos queremos, amigos mexicanos que pensades así!

25.8.09

Corrubedo: esas pantasmas das dunas!


Civismo
Cargado originalmente por ladilhao

Si, ninguén os ve... (non hai fotos explícitas). Ou van de noite (moi posible) ou cando o vixiante -coidamos que aínda hai un, ou poucos máis) vai para a casa. Isto é como o conto de declarar aos castros Bens de Interese Cultural: queda moi bonito, pero proteción, a xusta -ou sexa, multiplíquena por cero-.

Sobreiraza de Campelos


Sobreiraza de Campelos
Cargado originalmente por xornalcerto

Auténticos monumentos da natureza que esperamos duren moitos anos máis...

Ou baixa?


sube.
Cargado originalmente por JAGALO B/N

É galega... non se sabe! (galega a foto, a modelo non sabemos)

23.8.09

Rianxo a ollo de paxaro


Rianxo dende as alturas
Cargado originalmente por fotosderianxo

Un paxaro con cámara que fai un blog de fotografía de Rianxo magnífico... non deixen de visitalo en


fotosderianxo.wordpress.com

fotografiasdegalicia.wordpress.com

Mulleres de tres tetas: unha visión retranqueira do furtivismo


Encantounos. Gustaríanos ter escrito algo así. Parabéns, de novo, a Manuel Gago.


Esta muller ten dúas, pero vexan quenes son as mulleres de tres tetas aquí

III CONCENTRACION MOTOTURISTICA RIA DE NOIA 2 parte 2009

Tal e como comeza o vídeo, parece calquera cousa menos unha concentración de motos... Unha despedida de solteiro? Unha barra americana?

19.8.09

Onte e hoxe

Coma quen di, foi onte
Galicia canibal
Cargado originalmente por Von Aisaider


Somos máis civilizados por empregar unha pistola no canto dun coitelo?

Preguntas, sempre preguntas...

18.8.09

Queremos esta vida?

É para pensalo... camiñamos, alomenos neste primeiro mundo, hacia algo así

Castelo de Moeche: o sábado, asalto irmandiño


Castelo de Moeche
Cargado originalmente por xornalcerto

Outra opción a ter en conta se te queres ir de Barbanza ou Noia...

16.8.09

Mar de Fondo: xa colgamos a crónica de Ramón Torrado

Xensboy, ou sexa...

http://certo.es/index.php?page=Mar_de_Fondo_2009

15.8.09

13.8.09

Castelos de Galicia

Tanto patrimonio por protexer... e os nosos políticos afundindo cartos en cidades da cultura!

Baute: En Noia e en Noja

Sí, pensabamos que era un erro pero non... tamén actúa Baute en Noja (Cantabria) o 30 de agosto.


En Noia xa sabedes, abre as patronais de San Bartolomeu, o venres 21 de agosto, como podedes ler aquí

Edificio demolido

Facebook | Fotos de Jorge Guitian Gourmetdeprovincias - ALBUM FAMILIAR

Menos mal que nos quedan as fotos! E a boa disposición de xente que as comparte aquí, claro. De novo, grazas!

Ti dis: Galicia é pequena


O Principio dun Final - The Beginning of an End
Cargado originalmente por www.PCharlon.es 

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Pode ser ela pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras. (Vicente Risco)

Portosín

Os de Verdegaia (Ecoloxistas en Acción) descubriron o río "Saltito" en Boiro... Portosín, por que non é Portosiño? Así poderían traducilo ao castelán como "Portosito". (Chorrada das 10 da mañá doutro día chuvioso de verán)

4.8.09

Nós, sempre nós


sardiñas afumadas
Cargado originalmente por carlosxobre

Somos así. E ben orgullosos que temos que estar... coas nosas vestimentas, cos nosos oficios... Paisaxe e paisanaxe estreitándose sobre a excelente imaxe de Carlos Xobre.

3.8.09

ANCLANDO O CEO


ANCLANDO O CEO
Cargado originalmente por Ollaparo

Magnífica foto para tremendo título!

Vikingos pola gratuidade?

Pero se eles só terían que saquear as librarías ou a Consellería de Cultura!

A primeira, a de Toxosoutos...

Queríamos ver tamén a Fervenza dos Guerreiros (Cadarnoxo, Boiro) pero non se pode estar en todo! E a da Madanela, Ribasieira, Porto do Son, claro... pero para iso xa están Xanma ou Arben ou nós... non?

A Rianxeira, con Bruce Springsteen

Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo, xa lle debería ter proposto ser pregoeiro das Festas da Guadalupe.... se non pode ser este ano, para o vindeiro!

Festa da dorna 09

Outro punto de vista sobre esta festa que hai que vivir por dentro.. e por fóra!

Agasallo para féminas

Aloitador

Para que non se queixen tanto as mulleres lectoras deste blog, Paco do Martelo proponnos esta imaxen "fresca" dun aloitador do Curro das Canizadas, celebrado en xullo en A Curota.

Aquí o público masculino heterosexual quedouse parvo co "gordo" que é o piñeiro que está detrás do aloitador. Fáltalle a altura, senón xa lle calculaba toneladas para levalo ao aserradoiro... Raro que é este público!

2.8.09

Moito meneo!

Paquito o Chocolateiro ten que estar remexéndose! Non sabemos onde!

1.8.09

O paraíso xa o temos aquí


Ría de Arousa (Panorámica)
Cargado originalmente por Shawnito

Coidémolo, e deámoslle a importancia que ten!