Portada

19.11.09

Cultura local: Xornadas de comunicación no Consello da Cultura Galega

Es concelleiro de Cultura? Vaia home! Pois anímate e seguro que aprendes algo!

Es xornalista? Vaia muller, o mesmo dicimos!

Es arqueólogo, historiador, escritor, difusor da cultura do teu pobo? Aplícate tamén o conto.

Iso si: é unha pena que non avisaran antes. Así non hai quen faga axenda!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Gastronomía: e-books sobre galletas, para Boiro

Así o comenta a blogueira boirense Lili Fabeiro na súa deliciosa bitácora "Cocina de color lila". Logo que non digan que non estamos á última en lectura e novas tecnoloxías!

Non coñecen a Lili Fabeiro? Pois na entrevista que lle fixemos deu unha receita para a crise! Bótenlle un ollo en http://certo.es/index.php?page=lili_fabeiro

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: dobre senso nas imaxes

Dobre senso? Nunha sociedade da imaxe como na que vivimos, a maioría destas propostas visuais son obvias.
Vexa as outras catro propostas na ligazón debaixo dos melóns. Ou son sandías? Que estaremos a ollar!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: se es empresario e precisas solo, atento

A delegación de Infoinvest en Galicia, Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), convocou o 17 de novembro concurso público para a venda de parcelas de uso industrial e terciario no novo parque empresarial de Rianxo.

O prazo de recepción de ofertas péchase o 18 de xaneiro de 2010.

Para acceder ás bases do concurso click AQUÍ.

Interesados pórse en contacto con Carmen Otero Valiño (Departamento Comercial de SEA, SL):

Para máis información sobre solo empresarial pode consultarse o seguinte enlace:

www.infoinvest.es

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: "Todos e todas contamos", no Día para a Eliminación da Violencia contra as mulleres

Con motivo do 25 de Novembro “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”, a Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ten previsto a realización do acto “TODOS E TODAS CONTAMOS”  de repulsa contra a violencia de xénero, seguido dun magosto na praza do Tapal, o mércores 25 de novembro as 16:00 horas, adxuntamos o cronograma previsto para ese día. (En caso de choiva suspenderíase o acto ata novo aviso).

Por outra banda, o día 27 de novembro tamén está prevista a realización dun “Obradoiro de Sostenibilidade e Aforro en Tempos de Crise”. Esta actividade será as 16:00 horas na Casa da Cultura de Noia e tratarase de coñecer as técnicas  de aforro familiar para axudarnos a controlar os gastos mensuais nas facturas, na compra, así coma consellos para o aforro enerxético.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia