Portada

Tempo: alerta laranxa por temporal dende as 5 da tarde de hoxe

Coidado con arrimarse onde é perigoso. E non vai só polos foteiros...

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso de nivel de alerta laranxa por mar de fondo e mar de vento, que afectará ao litoral de Galicia a partir das 18.00 horas de hoxe, 28 de decembro de 2009. O mar de fondo será moi forte na primeira parte e máis tarde será de oeste con ondas de 4 a 5 metros, tal e como informou a delegación territorial da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET).

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros da Comunidade Autónoma, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese, como http://meteogalicia.es

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Tiger Woods tivo unha amante de Seráns

Download now or preview on posterous
Vos Jalisia.pdf (332 KB)

E Ribeira vai ter universidade. En dialecto barbanzón, Universidá. O que hai que ler!

E o que hai que rir!


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: catas de todo tipo de produtos. Agora, gasosa

Gasosa: s f Bebida refrescante preparada con auga, dióxido de carbono e a adición eventual de ácido cítrico, tartárico ou láctico, aromas de froitas cítricas e edulcorantes naturais ou artificiais.
SIN: gaseosa. (Digalego.com)
Unha iniciativa de Manuel Gago, profesor de Xornalismo, gastrónomo, enólogo e algúns logos/logros máis. É o autor de Capítulo 0, unha bitácora que leva sen perder gas dende hai seis anos!
http://www.manuelgago.org/blog/

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia