Boiro, 05 de agosto de 2010. O Concello de Boiro inaugurará este sábado, día 7 de agosto, as novas pistas polideportivas ao aire libre construídas na avenida da Constitución. Trátase de tres novas pistas, que contan co equipamento completo e as medidas estándar para a práctica do fútbol sala, tenis e baloncesto, que foron financiadas con fondos do Plan E do Goberno Central, e cuxa posta en funcionamento reforzará notablemente as infraestruturas dispoñibles no municipio para a práctica deportiva ao aire libre.
Co obxecto de dar a coñecer aos veciños e entidades deportivas estas novas instalacións, o Departamento de Deportes, que dirixe a Concelleira Dores Torrado Ares, ten organizado para ese día varias actividades, que se especifican no cadro adxunto:
PISTA DE FÚTBOL SALA
| PISTA DE TENIS | PISTA DE BALONCESTO |
20:00 h. Partidos de exhibición de categoría prebenxamín entre os clubes do Abanqueiro, CD Boiro e Cabo de Cruz. Minutos de fútbol onde os invitados e o público en xeral pode xogar cos cativos.
21:15 h. Partido de fútbol sala (maiores de 16 anos). Dous dos equipos participantes no último maratón de fútbol sala boirense. Pub Gavá – Panadería Paz.
22:30 h. Peche de actividades. | 20:00 h. Clase de tenis cos participantes das Escolas Deportivas Municipais e categorías inferiores do club de tenis. Minutos onde os invitados e o público en xeral pode xogar con rapaces, profesores, etc... 21:15 h. Tie-breaks para adultos (ao mellor de 7 puntos, onde o vencedor segue xogando e van entrando novos participantes sucesivamente...).
22:30 h. Peche de actividades. | 20:00 h. Partidos de exhibición das categorias inferiores do Club Baloncesto Santa Baia. Minipartidos de pais contra fillos, mezclados, mixtos, etc...
21:15 h. Partido de exhibición das categorías absolutas do Club Baloncesto Santa Baia.
22:30 h. Peche de actividades. |
Ás 21.00 horas, intermedio de ditas actividades, terán lugar as intervencións das autoridades presentes; a concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares; o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, e o Alcalde, Xosé Deira Triñanes, que pechará o acto. Cabe sinalar que se repartirá auga fresca e froita a tódolos participantes.
IX Exaltación do Mexillón de Galicia
O 21 de agosto, sábado, terá lugar a novena edición da Exaltación do Mexillón de Galicia e o domingo 22, a vixésima edición da Bandeira de Traíñas "Concello de Boiro", que se disputa en augas de Cabo de Cruz.. Ambas actividades serán presentadas este venres 6 en Rebordelo polo alcalde e os organizadores (agrupacións mexilloeiras e club de Remo de Cabo de Cruz).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia