|
| | | | Porto do Son, 9 de marzo de 2010. A comunidade de montes de San Pedro de Muro, organiza unha xornada de repoboación: Data: sábado 13 de marzo de 2010, a partir das 16:00 horas Lugar: Os Regueiros (Basoñas) Plantando unha árbore estamos tecendo un berce para moitas vidas e plantando moitas, podemos ademais contribuír a crear solo fértil; axudar a infiltrar a auga aos pozos subterráneos; á liberación de osíxeno á atmósfera; a termar de plantas e animais proporcionándolle refuxio e comida; a protexer os ríos; a mitigar os desastres naturais; ... a agasallar aos nosos sentidos con multitude de cores, sons, olores, texturas e tamén sabores. Tanto na nosa parroquia como no resto do munto non debemos darlle as costas á natureza porque dela mana todo o noso ser. Este ano volvemos á zona dos Regueiros, na aldea de Basoñas, por varios motivos: - o Distrito Forestal IV "O Barbanza" doóunola planta: FREIXOS (que son árbores que requiren solos profundos e húmidos, en definitiva: á beira dun río), polo que, esta zona é a que máis se axusta ás necesidades destas árbores. - deste xeito tamén aproveitamos para facer labores de mantemento na plantación de castiñeiros de 2008 (reposición de marras, erradicación de brotes de eucalipto,...). A actividade está aberta a calquera persoa que queira desfrutar dunha xornada agradable nunha contorna privilexiada. Haberá merendola para repoñer forzas. Un saúdo e anímate a participar!!! PD.- cada quen debe traer o seu apeiro de labranza (legoña, sacho,...). A Xunta Reitora | | |
|
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro
| |
| |
Cada un co seu apeiro... Non o esquezades!
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Só pedimos sentidiño