Tamén, en Certo:
Ribeira: álbum da VII Carreira do Corgo
Blog de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia http://www.certo.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O BNG enceta unha campaña para pedir a reprobación pública dos 15 deputados galegos do PP en Madrid, por ter avalado co seu voto o contido do Real Decreto-lei 6/2013, que autoriza a quita de parte dos seus aforros a milleiros de cidadáns en toda Galiza, e a uns cuantos centos en Noia e a súa comarca.
A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros da cidadanía atrapada en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que na Galiza vai a significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron. Así é como entende o Partido Popular, e as deputadas e deputados galegos do mesmo, que se debe dar solución a unha estafa en toda regra como as das participacións preferentes e obrigas subordinadas. No marco da citada campaña desenvolveranse charlas informativas a fin de explicar o alcance deste grande espolio.
Hai que lembrar que a Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Noia, leva recollido ata o día 22 deste mes de abril, un total de 450 reclamacións de cidadáns afectados, por unha contía que ascende aos oito millóns douscentos mil euros.
Entre os deputados e deputadas que o BNG reproba publicamente, atópase o ex alcalde da localidade, Antonio Pérez Insua, hoxe deputado no Congreso e concelleiro en Noia polo Partido Popular.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Venres 26 de abril
Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona)
Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional galega: a zanfona e o acordeón diatónico. Cando esmorecía a zanfona no interior da Galiza, chegaba o acordeón á costa.
O acordeón aporta a harmonía, os baixos e unha melodía dinámica e a zanfona a calidez das cordas frotadas e a percusión do bordón: unha orquestina completa con só dous músicos.
O dúo reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancionero instrumental galego O reportorio complétase con composiciones orixinais e temas doutras culturas europeas.
O concerto terá lugar o próximo venres 26 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €
-------------------------------------
Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688
Ás 13.30 horas haberá un recitado final aberto como peche simbólico á exposición.
Está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración de slam.arousa
Está organizada por SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.
As entradas solidarias custan 3 € e poderanse retirar unha hora antes do comezo da proxección.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 19 de abril de 2013.- Os Xoves Literarios de Riveira chegaron onte á súa terceira xornada cunha conferencia na que Xoán Pastor Rodríguez Santamaría desvelou moitos dos vínculos que Miguel de Cervantes Saavedra e a súa opus magnum, o Quixote, gardan con Galicia, así como a influencia que o escritor de Alcalá de Henares tivo ao longo dos séculos na cultura galega.
Pastor Rodríguez demostrou a súa erudición e profundo coñecemento desta temática, sobre a cal ten publicado un libro titulado “Cervantes e o Quixote en Galicia”.
Ademais de incidir na cuestión das orixes galegas de Miguel de Cervantes, o estudoso nacido en Porto do Son abordou outros aspectos como o tratamento que fai o autor dos galegos, respecto do cal afirmou que en liñas xerais non os degradou, a diferenza doutros autores clásicos da súa época. Tamén recordou que tanto a segunda parte do Quixote como outras das súas obras (“Novelas Ejemplares”, “Comedias y Entremeses”, “Trabajos de Persiles e Segismunda”) está dedicado ao sétimo conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, do cal traza un esbozo biográfico.
Fernández Varela, pobrense que pagou a estatua de Cervantes nas Cortes de Madrid
A conferencia celebrada na Biblioteca Municipal deu pé tamén a que se desvelasen numerosos detalles e curiosidades, como que a famosa estatua de Cervantes situada na praza das Cortes de Madrid foi costeada polo pobrense Manuel Fernández Varela, que naquel entón (mediados do século XIX) ostentaba o cargo de comisario de Cruzada.
Asemade, salientou a influencia que Cervantes tivo na obra de Rosalía de Castro (en especial, na súa novela “El caballero de las botas azules”), así como en autores tan importantes como Castelao, Laxeiro ou Francisco Llorens.
Rodríguez Santamaría fora presentado pola concelleira de Educación –a área municipal promotora destes Xoves Literarios-, Maricarmen Vizcaya Sampedro, e pola responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín Otero.
O xoves 25 clausura os Xoves Literarios a noiesa Blanca Ana Roig
O próximo xoves 25 a programación alcanza a súa xornada de clausura coa intervención da noiesa Blanca Ana Roig Rechou, que disertará sobre "Educación literaria, saberes e enciclopedia do mediador ".
DATOS BIOGRÁFICOS DO CONFERENCIANTE: Naceu en Santa Mariña de Xuño, municipio de Porto do Son, o 6 de febreiro de 1973. Cursa os estudos de Bacharelato no Instituto de Ribeira ata 1991, ano no que pasou a cursar os estudos de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1996. Ao ano seguinte acadou a licenciatura de Filoloxía Hispánica na mesma universidade. En 1999 publicou o volume Escritores da Barbanza, editado polo Concello da Pobra do Caramiñal, onde recolle un dicionario de autores naturais do Barbanza, aos que engade un catálogo de autores e obras relacionadas coa mesma. Neste labor divulgador dos autores barbanzáns colaborou no xornal La Voz de Galicia con artigos sobre Gerardo Gasset Neyra, Valle-Inclán, Caramiñas e Carlos Montenegro, entre outros. Con posterioridade editou as obras Diccionario de Escritores Ribeirenses (2001), A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica (2002), “Ramón Fernández Mato, narrador de fútbol” (2004), Cervantes e o Quixote en Galicia (2005), Un río de sangue e tinta (2006), Dicionario Ramón Piñeiro (2009) e A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica (2ª ed. aumentada, 2013). En volumes colectivos e revistas publicou ensaios como “A mirada do alquimista. Cunqueiro e o Barbanza” (2011), “Seoane. Vangarda e compromiso. Galeguismo e universalidade” (2011), “A Xeración de Avilés no Barbanza” (2008), “Un cervantista pobrense: Victoriano García Martí” (2006), “Música dos galegos para don Quixote” (2007), Penélopes de tinta: as mulleres na poesía galega. Da guerra civil a Palabra no tempo” (2007), “Cervantes nos provincialistas galegos” (2008), “Xosé Agrelo Hermo. Vida e obra” (2011) e “As letras de Porto do Son (2012), entre outros. É coordinador da A. C. Barbantia, colaborando no suplemento A Voz de Barbantia, así como no seu anuario.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto, e terán unha aportación 5 € que irán destinados ao programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz".
Coas actuacións de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix.
Está organizado pola Asociación Festival Antrospinos en colaboración co Concello de RianxoAdemais lembráselle que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
PROPOSTAS CULTURAIS PARA ESTA FIN DE SEMANA EN RIANXO
O obradoiro forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo
O concerto forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €.
No que se desenvolverá un obradoiro de Xogos Tradicionais e un serán con comida, bebida, música e baile a esgalla e arroz con leite.
Na xornada do domingo haberá alboradas a cargo do grupo Fogo Fatuo, misa cantada, procesión e actuación a Escola de baile e música tradicional Aleivosía.
Está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.
Concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán María Manuela, Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) e Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados). Está organizado por SOGAPS Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.
As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto, e terán unha aportación 5 € que irán destinados ao programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz".
Coas actuacións de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix.
Está organizado pola Asociación Festival Antrospinos en colaboración co Concello de Rianxo
Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
Tanto nesta xornada do sábado coma na do domingo terá lugar Curso intensivo con Matthias Loibner.
Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
Ademais lembráselle que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións:Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Desde hai séculos os noieses e as noiesas vimos celebrando o 25 de Abril como manifestación dunha Feira popular, onde se comercia con animais sobre todo de raza cabalar e moitos produtos e elementos relacionados coa actividade agro-gandeira. Esta é a Feira noiesa máis importante do ano.
A “Feira do San Marco” é tamén unha celebración festiva por excelencia; expresión xenuína da nosa cultura. É curioso, este día que en todo o momento figurou como laborábel no calendario, sempre foi asumido e celebrado polos viciños e viciñas de Noia, incluso por moita xente da comarca, como día festivo de obrigada participación.
Foi no primeiro terzo do século XIX que o poder central impulsou un proxecto de unificación política (Estado unitario), tentando borrar todas as realidades nacionais e culturais do conxunto do Estado español. É desde aquela que se promove e potencia de xeito sistemático unha cultura identificada con esa España unida e singular que se pretendía construír; esta é a CULTURA CASTELLANO-ANDALUZA que nos veñen impondo desde aqueles tempos.
Desde aquela a cultura galega ven sendo interferida e submetida a outra foránea, pretendendo inculcarnos que a nosa cultura forma parte dun pobo vello e atrasado, en canto a outra correspondería a un Estado avanzado, culto e con futuro.
O BNG, rexeita a iniciativa da concellería de cultura do concello de Noia, de inclusión no programa da Feira de San Marcos dunha recreación da Feira de Abril andaluza. Dada a falta de estímulo e dificultades polas que pasou e pasa a nosa cultura popular, considera esta actitude moi prexudicial e un atranco para a normalización plena da mesma, entendendo que os poderes públicos deberían pular pola defensa e promoción da nosa cultura nacional.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Biblioteca Municipal de Riveira deu cabida na noite de onte á segunda das conferencias organizadas dentro do programa dos Xoves Literarios: unha iniciativa promovida polo Concello a través do seu Departamento de Educación que na xornada de onte xirou en torno á historia e situación actual da arte dramática en Galicia. Así, o xoven pobrense Fran Godón Davila impartiu unha ponencia titulada “O teatro galego: circunstancias e antecedentes”.
Foi esta unha charla enormemente participativa, na que o relator animou en todo o momento aos asistentes a que lle interrompesen coas súas opinións e réplicas a canto estaba dicindo. Foi tal a resposta do público que a actividade prolongouse máis aló da hora inicialmente programada ata cerca dos noventa minutos
Durante a súa intervención, Godón remontouse á lírica trobadoresca como un dos influxos máis importantes no nacemento do teatro galego e manifestou que hai que esperar ata 1978 para que xurdise un teatro de carácter profesional, da man de autores como Manuel Lourenzo, Francisco Pillado o Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Sobre o situación actual, Godón expresou as dificultades que ao seu parecer existen hoxe en día á hora de que haxa unha distribución efectiva de obras dramáticas nas salas de Galicia.
O autor fora presentado ao inicio da charla pola concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya; e o arquiveiro e bibliotecario municipal, José Antonio Otero.
O vindeiro xoves, 18 de abril, ás 20 horas, será Xoán Pastor Rodríguez o que fale de Cervantes e o Quixote en Galicia.
Datos biográficos de Fran Godón Davila. Naceu en A Pobra do Caramiñal. É o director de UT·Tópico Teatro, compañía teatral propia da Asociación Cultural Turbina, da Pobra do Caramiñal. Licenciado en Filoloxía na Universidade de Santiago e posgraduado Especialista en Arte Dramática na mesma universidade. Traballou teatro universitario en varias compañías, e na propia Aula de Teatro da USC, desenvolvendo a súa maior labor no grupo Teatro no Aramio de Santiago, do que é responsable máximo dende hai catro anos. No 2011 crea a súa propia compañía e a súa primeira montaxe: Baile de sombras; a obra estreouse en novembro do 2011 en Berlín, ao ser seleccionada a obra para participar no certame 3 Noches Españolas, unha iniciativa da compañía madrileña Theatreuropa que conta co apoio do Ministerio de Cultura, e galardoada co premio Xuventude Crea 2012, organizado pola Xunta de Galicia e que procura a mellor obra, feita por xente nova, do ano. Neste ano 2013 estrea Faust-Box coa súa compañía, obra da súa autoría na que ademais é intérprete. Mentres traballa na creación de novos produtos desenvolve na Pobra o obradoiro P-12, lugar de formación teatral para adolescentes e en Riveira colabora tamén con persoas afeccionadas ao teatro no seu interese de convertérense en actores e actrices.
Xoves literarios: catro literatos da bisbarra dan conferencias en abril
Intervención de Riveiro Coello, o primeiro Xoves Literario
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia