Para seguir á comisión de festas que as organiza en Facebook, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Para seguir á comisión de festas que as organiza en Facebook, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
ORGANIZACIÓN DAS SESIÓNS: Sesións de dúas horas diarias. Martes e xoves de 10 a 12h e de 16:30h a 18:30h.
2.CURSO DE CONTINUACIÓN.
INICIO: 04 de outubro e FIN: 29 de decembro.ORGANIZACIÓN DAS SESIÓNS: Sesións de dúas horas diarias os martes e os xoves entre as 19:00 e as 21:00 horas.
Información para ambos cursos: OMIX, 981842635 e centrosocial@boiro.org
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro, 5 de setembro de 2011. O programa que di o Concello que é innovador consta de dúas partes diferenciadas:
Acompañados/as polas persoas que os coidan poderán participar nestas actividades todas as persoas dependentes valoradas nos graos I e II, e/ou aquelas outras que teñan á solicitude pendente de resolución. Realizaranse algunhas actividades acompañados en todo momento por persoal especializado e contarán con transporte adaptado en caso de ser necesario.
Custo a cargo do Concello, menos das comidas
O custe das saídas, desprazamentos, monitores e demáis corre a cargo do concello é os participantes só deberán aboar o custe das comidas.
Comezan o programa cunha Excursión ás Rias Baixas o vindeiro día 17 de setembro. A saída será ás 9h en dirección á praia de “Pedras Negras” en San Vicente do Mar, onde as persoas que así o desexen poderán realizar exercicios na auga acompañados/as por monitores especializados.
Ao rematar visitarán a illa de “A Toxa” e o pobo pesqueiro de O Grove. A comida será ás 14h, e pola tarde estarán en Cambados, para logo chegar a Dodro sobre as 8 da tarde.
O custe é de 12 € e as prazas son limitadas. A inscrición, ata este luns 12 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981 802 466.
Segunda saída, o 23
Dentro do programa AMODIÑO.DODRO/2011 organizan tamén Xornadas de Respiro Terapéutico para os coidadores. Comezan cunha viaxe ó “Balneario de Cuntis” o venres 23 de setembro con saída ás 15h e regreso ás 20h. "Consideramos dunha gran importancia a atención os nosos maiores dependentes. Este programa nace co obxectivo de facilitarlle as saídas ás persoas dependentes e mellorar o seu entretenemento e ó mesmo tempo de facilitarlle ós coidadores algúns días de respiro", argumentan dendo o PP de Dodro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O rexedor aproveitou a reunión para trasladarlle as demandas do Concello ao Goberno galego, que pasan por melloras en materia de seguridade viaria na estrada AC-307. Pola súa banda, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia comprometeuse a estudialas e a traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.
Ademais, Do Campo expresoulle ao primeiro edil “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” con fin de obter a coordinación necesaria coa administración local para dar resposta ás demandas dos veciños.
Plan de Cooperación
Por outra banda, a delegada destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello de Dodro conta este ano cunha subvención de preto de 117.000 euros para a contratación de 10 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. Todos os contratos son a xornada completa.
Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano destina 33.300 euros máis ao municipio que en 2010.
O de hoxe foi un encontro institucional enmarcado na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo. Do Campo asegurou que nas vindeiras semanas visitará o concello de Dodro, dentro do seu percorrido polos 94 municipios da provincia.
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 5 de setembro de 2011. O Concello informa de que hoxe abriu o prazo para inscribirse na saída cultural para maiores con destino a Santo Andrés de Teixido que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social.
A viaxe (última das programadas para este ano) terá lugar o 16 de setembro e o prezo por participar é de 27,30 euros, incluíndo desprazamento en autocar, comidas, guía e seguro de viaxe.
Os interesados en anotarse poden facelo ata o día 9 de setembro nos Servizos Sociais. Ademais da propia capela de Santo Andrés de Teixido, durante o itinerario realizaranse visitas breves a Pontedeume e Ortigueira e tamén a Vixía e Herbeira, que son os cantís máis altos de Europa, na Serra da Capelada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 5 de setembro de 2011.– O salón de sesións da Casa Consistorial foi o escenario da recepción oficial que o Concello brindou á delegación institucional de 19 persoas chegada onte a Ribeira dende o municipio tinerfeño de Adeje.
O alcalde de Ribeira e o seu homólogo da vila canaria, Miguel Rodríguez Fraga, sentáronse na mesa presidencial xunto co senador José Luis Torres Colomer, antigo rexedor, en cuxo mandato cristalizou o irmanamento que une aos dos concellos; e tamén o tenente de alcalde de Adeje, Gonzalo Castro.
Ruiz Rivas deu a benvida a comitiva insular co desexo dunha agradable estancia no concello e destacou o potencial turístico excepcional que posúe o municipio canario. Pola súa parte, o senador Torres Colomer puxo de relevo que este foi un irmanamento eficaz, con lazos que chegan incluso ao afectivo ata o punto de que hai matrimonios entre cidadáns de ambos concellos; mentres que Miguel Rodríguez Fraga expresou a súa vontade de seguir avanzando no afianzamento das relacións de colaboración existentes entre as dúas localidades.
A recepción finalizou cun intercambio de obsequios por parte das dúas Corporacións, de tal xeito que o encabezado por Manuel Ruiz entregou á delegación canaria unha creación obra do escultor Miguel Couto (a mesma que da imaxe aos Premios Concello de Riveira); mentres que o que rexenta Miguel Rodríguez correspondeu ao pobo ribeirense cun gravado que recolle unha localización tradicional de Adeje.
Escultura volcánica
Unha vez rematado o acto no Salón de Plenos, as persoas congregadas alí foron ata a esplanada que conecta o paseo de Coroso co das Carolinas, lugar ata onde se trasladou recentemente a escultura volcánica “En reposo”, obra do escultor canario Paco Palomino e regalo do pobo de Adeje ao de Ribeira no ano 2003.
Nese mesmo emprazamento tamén se puideron observar os cinco paneis informativos sobre a historia de Adeje, as súas tradicións máis significativas como a Semana Santa, os recursos turísticos e o seu patrimonio monumental e natural, con especial fincapé no seu Convento, a praza de España, a Casa Fuerte, a Igrexa e o Morro Grueso.
Despois tomaron dúas embarcacións nos pantaláns do Club Náutico de Ribeira para realizar unha ruta pola ría de Arousa e, tras comer en Aguiño, está previsto que pola tarde (en torno ás 17.30 horas) visiten a Sala Museo Municipal.
Antes, en Certo:
Irmandamento: visitan Ribeira 22 de Adeje. Do 4 ao 6. Todo listo
Pode que lle interese:
Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra, 5 de setembro de 2011. Un grupo de 35 veciñas da localidade coruñesa de Carral programaron unha xornada de lecer para o pasado sábado 3 de setembro que as animou a chegarse ás terras barbanzanas da Pobra do Caramiñal. Logo de subir á cima da Curota e coñecer o entorno das romarías e do curro das Canizadas, animáronse a percorrer tamén as instalacións do Museo Valle-Inclán, onde unha vez máis foron recibidas e guiadas polas distintas dependencias e contidos, pola técnica Begoña Olveira Sanisidro.
Non rematou aquí no seu paseo pola Pobra do Caramiñal, posto que tamén quixeron achegarse ata a parroquia do Divino Nazareno, Santiago do Deán, e ás mostras fotográficas que estes días se exponen nas salas da Oficina de Turismo e na Casa da Cultura pobrenses.
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Barbanza-Noia, 5 de setembro de 2011. O grupo de Gais, lesbianas, transexuais e bisexuais do PSdeG-PSOE celebrou o seu "III XANTAR RURAL POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB" no concello de Cerceda, na área recreativa de Portobrea, na parroquia de Queixas, a pasada fin de semana.
Con este acto o grupo LGTB do Partido dos Socialistas de Galicia quere tamén dar apoio a todalas mulleres lesbianas, homes gais e transexuais que viven o seu día a día nas aldeas e vilas do rural galego. Este Grupo do PSdeG quere revindicar a loita diaria que fan todas as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais que viven no noso rural. En especial ás persoas que son acosadas pola homofobia.
O deputado socialista José Manuel Lage amosoulles o seu apoio “polo gran traballo que están a facer para que as leis e o traballo institucional teña reflexo real na sociedade e poder así superar vellas pantasmas e a rancia homofobia aínda existente en diferentes ámbetos sociais”.
Lage Tuñas durante a súa intervención no citado acto afirmou que “nas vindeiras eleccións do 20-N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. E cabe recordar que o PP opúxose a tódalas leis que significaron ampliación de dereitos sociais”
O deputado do PSdeG entende que “o modelo de sociedade que defende o PP priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual”. Nesta liña recordou que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “apoia co seu silencio o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”.
“O Sr. Feijóo e o Sr. Rajoy fixeron oídos xordos ás constantes peticións dos grupos LGTB de todo o estado para que o PP retirase o recurso diante do Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”, explicou José Manuel Lage.
Pasos atrás do PP
Os socialistas galegos tamén foron moi duros coas decisións tomadas no ámbeto parlamentario galego pola maioría absoluta do Partido Popular “coa aprobación de lei como a da REDE MADRE, contraria aos dereitos das mulleres ou coa Lei de Familia, un paso atrás no recoñecemento da sociedade plural e diversa na que vivimos”.
Lage Tuñas recordou na súa intervención no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB do PSdeG-PSOE que “en Galicia o Partido Popular aprobou unha lei de familia retrógrada, claramente involucionista, que mereceu a reprobación do Consello Económico e Social, por negar a realidade social e polo seu carácter regresivo e patriarcal, tentando recortar dereitos á muller”.
O dirixente socialista destacou tamén que “nos últimos oito anos en España tense avanzado de xeito importante na ampliación e recoñecemento de dereitos, sempre da man do Partido Socialista”.
Así, destacou “a aprobación en Xuño de 2005 da Ley que modificou o código civil para permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a adopción conxunta. Cabe recordar que máis de 20.000 parellas en España ya exerceron este dereito”.
“Tamén a aprobación da LOE, da asignatura de Educación para a Cidadanía, da Lei de identidade sexual que recoñece a dignidade das persoas transexuais ou a creación de Unidades e Servizos de Referencia para o cambio de sexo se teñen materializado nestes últimos oito anos”, rematou.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Bailen, hostia! Bailen!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia