- Será este xoves 10 de xaneiro na Escola Oficial de Idiomas, ás 18:30
Esther F. Carrodeguas con Ramón Blanco nun recital poético en Ribeira (Slam Arousa)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 29 de novembro de 2012. Esta mañá presentouse en Compostela, só aos medios, "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" nun almorzo informativo. Nese encontro con xornalistas o autor, Carlos Callón, natural de Ribeira, estivo acompañado polo director de Xerais, Manuel Bragado, quen deu alí "unha moi boa noticia: estase a preparar xa a segunda edición deste libro, para poder dar resposta á demanda existente", explicou Callón.
"O manualiño leva escasas semanas nas librarías e, como digo, a presentación para os medios aínda foi esta mesma mañá, polo que o meu agradecemento e a miña alegría pola extraordinaria resposta se multiplican. Grazas por acollérdelo como un traballo útil!", remata Callón, activista cultural e da lingua galega que inda está pendente dos tribunais por recriminarlle a un xuíz da Coruña -o decano para máis escarnio- que non cumpría a Lei de Normalización Lingüística.
Os primeiros actos públicos de presentación deste manual serán o día 13 de decembro en Santiago de Compostela e o día 18 en Silleda. Calquera día cáese pola súa terra para presentalo, do que daremos cumprida información.
Quere mercar este libro en Internet? Pois prema aquí
O BNG pide explicacións no Parlamento polo xuízo contra Carlos Callón pola suá defensa da toponimia. fb.me/1CBTCTkA7
— A Mesa Normalización (@amesanl) November 28, 2012
@carloscallon VENTO MAREIROÉ un nome caralludo para unha Casa da Cultura en Ribeira. O Vento ese non é poeta, non? #Boh
— Tacho González (@TachoGonzalez) November 28, 2012
A concelleira do PP que pensou que Martin Codax era só o nome dun viño propuxo tamén que a Casa da Cultura levase... fb.me/1qMTC0d8C
— Carlos Callón (@carloscallon) November 27, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 13 de novembro de 2012.- A estrea das novas instalacións municipais situadas en fronte da biblioteca municipal tivo lugar da mellor das maneiras, cunha presentación do libro retrospectivo da obra de Manuel Ayaso editado pola Deputación que encheu por completo o salón de actos con máis dun centenar de asistentes entre os cales se contaban unha nutrida representación da vida social, cultural e artística da bisbarra.
Co fin de explicar as características desta coidada publicación de máis de 300 páxinas ilustradas a toda cor, compareceron na mesa presidencial a escritora Eva Veiga, o propio Manuel Ayaso, o alcalde e deputado provincial Manuel Ruiz e Carlos López Crespo, alcalde de Outes, quen tomou parte no acto no nome da Deputación coruñesa.O encontro arrancou coas notas musicais do filme “Casablanca” tocadas por Julio César Pereda, profesor de piano do Conservatorio Profesional de Riveira, quen tamén interviría no medio (“Unchained Melody”) e ao final do evento (“Over the rainbow”).Creador universal, segundo Eva VeigaEva Veiga cualificou a Ayaso de “creador plástico noso e universal, non só porque aos 13 anos tivo que deixar a súa pequena patria de Aguiño cara os Estados Unidos, senón moi especialmente porque segue a ser un galego de raíz, fiel a unha lingua e a unha memoria”. E engadiu: “só é universal aquel que atesoura unha experiencia orixinal que ofrecida ao mundo vén a enriquecer o acervo cultural da humanidade”. Ademais, a poetisa manifestou que Ayaso é capaz de establecer unha comunicación profunda a nivel estético co espectador, calquera que sexa a súa procedencia e a súa condición.Nun breve discurso, Manuel Ayaso quixo aproveitar a súa quenda para agradecer o seu apoio dun ou doutro xeito a moitas persoas, como Diego Calvo, presidente da Deputación; o senador José Luis Torres, o alcalde Manuel Ruiz, Eva Veiga, Mercedes Rozas, Xosé Vázquez Castro, Pepe Abeijón e a súa muller Ana, Alfonso Costa, Pilar Casas e Miguel Anxo Fernán Vello, prologuista do libro.Un dos grandes, segundo o alcaldeManuel Ruiz resaltou a calidade da impresión deste volume e declarou que coa súa publicación se fai xustiza á obra de Manuel Ayaso. O rexedor municipal loou a talla artística do autor e salientou que Manuel Ayaso está entre os grandes da pintura, como se pon de manifestou no feito de que calquera pode recoñecer un dos seus cadros sen necesidade de ler a súa firma.“É hora de que en Ribeira empecemos a presumir dos grandes que temos”, afirmou Ruiz, quen mostrou a súa satisfacción por que as novas instalacións adquiridas polo Concello, chamadas a ser un auténtico dinamizador cultural, se estreen precisamente con esta presentación. Para rematar, Carlos López Crespo transmitiu a Manuel Ayaso un saúdo de parte do presidente da Deputación e resaltou a vocación desta institución de difundir a cultura tanto no seu eido de consumo como de creatividade. O alcalde de Outes tamén aludiu ao binomio formado por Manuel Ayaso e o pintor noiés Alfonso Costa, presente neste acto.Greenpeace descolga pancarta diante da fachada d ExpoCoruña #Prestige #xuizoPrestige @gconfidencial @quepasanacosta twitter.com/seluman36/stat…
— Jose Luis Louzan (@seluman36) November 13, 2012
Natureza: Ischyropsalis hispanica, o opilión, outro tesoro agochado nas minas do Barbanza blogueiros.axena.org/2012/11/13/isc… vía @bloggersaxena
— Certo (@Certo) November 13, 2012
No ir a la huelga general del #14N porque no te caen bien a los sindicatos es como votar al PP porque no te caía bien el PSOE
— Яubén Sánchez #14N (@rubensancheztw) November 12, 2012
Medios: pódese doutro xeito, pero non mellor. El País vai ao carallo. El País, vai ao carallo marcus.es/2012/11/el-pai… Clariño artigo de @marcus
— Certo (@Certo) November 12, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
ESTE VENRES 9 NOV, ÁS 21:30 H, AUDITORIO DE RIVEIRA:MOSTRA DE TEATRO CON "O FÚTBOL É ASÍ".ENTRADA É DE BALDE!RISA FIXA! twitter.com/enterateriveir…
— enterateriveira (@enterateriveira) November 6, 2012
Ribeira, 8 de novembro de 2012.- Teófilo Comunicación presentará o vindeiro sábado día 10 nun acto público que terá lugar no Auditorio Municipal, a publicación “Veroto el romano. El nacimiento de Galicia”, un novo libro escrito polo autor ribeirense José Vicente Domínguez, que xa se atopa á venda nas librarías de toda Galicia.
A obra, escrita en castelán e que resposta ao estilo de novela histórica, ten como escenarios os montes e vales da península do Barbanza -reduto do noroeste afastado do dominio de Roma- e amosa a dignidade e coraxe coas que os poboadores castrexos aceptaron sen dobregarse a Pax romana acadada polo emperador Augusto. A través das novas e das opinións dos autores clásicos, o autor desta interesante narración relata ao longo de duascentas páxinas, episodios, lendas, e costumes que desde antigo fundamentaron o feito diferencial galaico.
Quen é José Vicente Domínguez?
O autor do libro é o ribeirense, nado en Palmeira, José Vicente Domínguez. Foi capitán da marina mercante e de pesca, ocupou cargos directivos na administración autonómica, e foi un activo empresario en diferentes áreas -construción naval, turismo e acuicultura-; tamén e durante cinco anos adicouse á política asumindo distintas responsabilidades no seo da formación socialista riberense.
Este é o sétimo título da súa dilatada obra, na que vén demostrando o seu profundo amor a Galicia, e que vai desde o ensaio á novela, pasando polo relato, con títulos como “La Raíña”, “Allá está Pancho”, “Así éramos en Benencia”, ou “Con el sol en la popa” e “O anxelote e outros relatos”.
Colaboración: Manuel Venator fala sobre o caso Madrid Arena e pon o dedo na ferida da cobiza dalgún, que non se dá cheo certo.es/index.php?page… modo @certoenfurecido COMO SIGAN A SUBVENCIONAR PISTAS DE PÁDEL NO RURAL HABERÁ QUE TROCAR OS CURSOS DE PODAR AS VIÑAS POR EMPUÑAR A RAQUETA
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 6 de novembro de 2012. O técnico de Prevención de Drogodependencias de Noia-Muros, David Saavedra Pino, presenta este venres en Catoira o libro titulado "Prevención de drogodependencias y otras conductas adictivas", que escribiu e coordinou xunto con Manuel Isorna, profesor da Facultade de Educación de Vigo.
O libro, editado por Pirámide, pódese mercar por internet no seguinte enderezo: http://www.edicionespiramide.es/libro.php?id=3237349
Información tomada da páxina web da editorial Pirámide:
David Saavedra Pino es diplomado en trabajo social por la Universidad de Santiago de Compostela y especialista universitario en Riesgos Psicosociales en Jóvenes y Adolescentes por la Universidad Pablo Olavide de Sevilla y la Fundación de Ayuda contra la Drogadicción. Actualmente desarrolla su labor profesional como técnico de prevención de drogodependencias en las Comarcas de Noia-Muros. Anteriormente trabajó como educador de menores tutelados por la Xunta de Galicia, educador de menores inmigrantes no acompañados y como trabajador social en un CAMF. Asimismo, colabora como docente en diversos cursos y desarrolla ponencias y conferencias en jornadas y congresos. Es coordinador del grupo de trabajo del área de prevención para la elaboración del Plan Gallego de Conductas Adictivas 2011-2016, Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) con la colaboración de GMV (2010), y ha elaborado el estudio Actitudes y percepciones hacia el consumo de drogas en la población escolar de 14 a 17 años de Noia-Muros (2004). Es el fundador y administrador del blog sobre prevención de drogodependencias:http://prevenciondrogodependencias.blogspot.com/
Manuel Isorna Folgar es doctor en Psicología y máster en Drogodependencias por la Universidad de Santiago de Compostela. En la actualidad ejerce como profesor asociado en la Facultad de Educación de la Universidad de Vigo y como coordinador del programa de prevención de las drogodependencias de los ayuntamientos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois y Valga; este trabajo ha sido reconocido a nivel nacional en el año 2011 con el tercer premio de la Federación Española de Municipios y Provincias y el primer premio de la fundación CREFAT (Cruz Roja) en el ámbito educativo en 2012. Toda una vida profesional y personal ligada a la prevención de las drogodependencias y al deporte le han llevado a realizar diversas investigaciones en estos ámbitos y diversas publicaciones de reconocido prestigio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 18 de outubro de 2012. A Asociación Cultural Barbantia organiza na Galería Sargadelos de Boiro a presentación da obra "Verde oliva", de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos –Rúa Principal, nº 65–. Estarán presentes, amais do autor, Xavier Alcalá, o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da asociación cultural Barbantia. Tamén se inaugurará no mesmo acto a exposición do artista rianxeiro Che Tembra.
Don Manuel le dijo a Mariano:"Cásese y aprenda a hablar gallego".¿Y Alberto? Es solterón y segundo en le podio de los azotadores del idioma. Saule, Saule, quid me persequeris? O Feijó caeu do cabalo camiño da Presidencia: agora promove o galego para gañar os mercados da Lusofonía. Vin dous treitos do debate Feijó-Jorquera: que lingüicidio cometeron. Apuntei os estragos. Mirade en "facebook.com/xalcalan". Cameron y Rajoy son de derechísimas, convencionales dentro del sistema, pero Cameron habla inglés y besa a su mujer como un varón sin duda. 21-O en Galicia: noticias de Ferrol: En los mítines llenaron Beiras, Jorquera y Cospedal. Pepe Blanco solo tuvo 37 asistentes (hay fotos). Diglossia tremens: "Feijó y Rajoy se pronuncian con jota porque siempre se escribieron así. No hay que pasarse de galleguistas"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 18 de outubro de 2012. A Asociación Cultural Barbantia organiza na Galería Sargadelos de Boiro a presentación da obra "Verde oliva", de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos –Rúa Principal, nº 65–. Estarán presentes, amais do autor, Xavier Alcalá, o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da asociación cultural Barbantia. Tamén se inaugurará no mesmo acto a exposición do artista rianxeiro Che Tembra.
Don Manuel le dijo a Mariano:"Cásese y aprenda a hablar gallego".¿Y Alberto? Es solterón y segundo en le podio de los azotadores del idioma. Saule, Saule, quid me persequeris? O Feijó caeu do cabalo camiño da Presidencia: agora promove o galego para gañar os mercados da Lusofonía. Vin dous treitos do debate Feijó-Jorquera: que lingüicidio cometeron. Apuntei os estragos. Mirade en "facebook.com/xalcalan". Cameron y Rajoy son de derechísimas, convencionales dentro del sistema, pero Cameron habla inglés y besa a su mujer como un varón sin duda. 21-O en Galicia: noticias de Ferrol: En los mítines llenaron Beiras, Jorquera y Cospedal. Pepe Blanco solo tuvo 37 asistentes (hay fotos). Diglossia tremens: "Feijó y Rajoy se pronuncian con jota porque siempre se escribieron así. No hay que pasarse de galleguistas"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 19 de xuño de 2012. Non foi sen tempo. 82 anos despois do seu pasamento (Manuel Antonio morreu en 1930 en Asados, de tuberculose, con tan só 30 anos), a vila de Rianxo, berce deste inconformista e independentista republicano galego, acolle a presentación do primeiro volume da súa obra completa, que edita en conxunto a Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
A presentación terá lugar o venres 29 de xuño ás 20:30 horas, no auditorio de Rianxo. Alí agardan contar con Xosé Luis Axeitos, rianxeiro secretario de Real Academia e editor desta obra; Diego Rodríguez, bibliotecario da Fundación Barrié; Xesús Santos Suárez, escritor e socio de Barbantia; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Será na Aula Multimedia ( baixo da confraría) no Malecón. Ás 20:30 o martes día 29 de maio. Falarán: Xesús Laiño ( presidente de Barbantia) e Francisco Rodríguez, o autor desta obra. Presentará o concelleiro do Bng e presidente de Altofalante Xosé Antón Vázquez Cobas.
Festa da Dorna: un de "Carallos de Rei", premio "Salvador Daquí" e un de "A Nasa", premio "A jata ruín de la praia" post.ly/7RpeJ
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Ribeira: o Día Solar Europeo serviu para divulgar as enerxías minieólica, térmica e fotovoltaica post.ly/7RRYA
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Eurovisión segue a ser un reduto glorioso da URSS y satélites, por iso non o perdo. Só falta a Sarita Montiel de guinda #QueremosComecon
— Paco Rodríguez ☭★ (@pacoupg) May 22, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Será na Aula Multimedia ( baixo da confraría) no Malecón. Ás 20:30 o martes día 29 de maio. Falarán: Xesús Laiño ( presidente de Barbantia) e Francisco Rodríguez, o autor desta obra. Presentará o concelleiro do Bng e presidente de Altofalante Xosé Antón Vázquez Cobas.
Festa da Dorna: un de "Carallos de Rei", premio "Salvador Daquí" e un de "A Nasa", premio "A jata ruín de la praia" post.ly/7RpeJ
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Ribeira: o Día Solar Europeo serviu para divulgar as enerxías minieólica, térmica e fotovoltaica post.ly/7RRYA
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Eurovisión segue a ser un reduto glorioso da URSS y satélites, por iso non o perdo. Só falta a Sarita Montiel de guinda #QueremosComecon
— Paco Rodríguez ☭★ (@pacoupg) May 22, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O libro, que repasa tres séculos de historia marítima das rías de Arousa e Muros-Noia, foi presentado na Pobra polo presidente provincial, Salvador Fernández MoredaA Deputación da Coruña edita o libro "Tiempos de vela", de Ramiro Villoch20/07/2010O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, participaron, na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” da Pobra do Caramiñal, no acto de presentación do libro “Tiempos de vela”, editado pola institución provincial.
O acto contou tamén coa asistencia da deputada provincial Rosana Pérez, do autor da publicación, Ramiro Villoch Herrera, de concelleiros da localidade, e numeroso público, entre os que había representantes do eido social, asociativo e cultural da vila pobrenese.Nas súas máis de 200 páxinas, “Tiempos de vela” repasa tres séculos de historia marítima nas rías de Arousa e Muros-Noia e afonda na historia dos armadores e “fomentadores” cataláns que alí se asentaron, e que deron orixe á unha importante industria pesqueira e de salgadura de peixe que contribuíu decisivamente ao desenvolvemento socio-económico da zona.Fernández Moreda gabou “o excelente traballo de investigación realizado polo autor” durante máis dunha década, que deu como resultado “este magnífico ensaio no que se nos desvelan algunhas claves da estreita vinculación histórica e económica desta comarca co mar, e coa industria da salgadura implantada nestas terras por cataláns emprendedores e visionarios, que permitiu unha mellor conservación do peixe, facilitando o seu transporte e distribución a sitios cada vez máis lonxanos, o que supuxo unha auténtica revolución comercial en todo o litoral galego”.Para o presidente da Deputación da Coruña, o libro “ten un indubidable valor histórico e antropolóxico, pois recupera documentos e testemuñas de gran valor, que corrían o risco de perderse para sempre no esquecemento se Ramiro Villoch non dedicara os seus esforzos a compilalos nesta publicación, froito de máis de dez anos de traballo”, motivo polo que a institución provincial “decidiu poñer en marcha este proxecto editorial para promover un mellor coñecemento da historia da Pobra do Caramiñal e de toda esta comarca, e dun sector que conta, aínda hoxe, cun gran peso específico na economía galega”.Fernández Moreda, que aludiu ás súas orixes mariñeiras como neto de conserveiros, felicitou tamén aos responsables da imprenta provincial “polo gran esmero depositado na edición deste libro”, magnificamente ilustrado con reproducións de antigos documentos das casas armadoras, e con fotografías, realizadas tamén por Ramiro Villoch, das obras que os “retratistas” de barcos da época plasmaron nos seus lenzos, e que supuxeron “o xerme e a inspiración” deste traballo de investigación, segundo apuntou o autor do libro.Precisamente, estas fotografías de Ramiro Villoch expóñense ao público na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler”, do municipio pobrense, que acolleu a presentación da publicación.O autor do libro, Ramiro Villoch, agradeceu o apoio editorial da Deputación da Coruña “e de todos os que colaboraron no libro”, e afirmou que con esta publicación quixo facer “un recoñecemento aos protagonistas desta historia”, en referencia ás xentes do mar.Pola súa banda, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, destacou o bo facer de Ramiro Villoch como médico de cabeceira da localidade durante máis de corenta anos e subliñou algúns dos aspectos históricos tratados no libro e relacionados coa vila como os antigos estaleiros do Areal ou a tradición dos xigantes e cabezudos, que os cataláns trouxeron á Pobra.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia