Mostrando entradas con la etiqueta axudas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta axudas. Mostrar todas las entradas

24.9.10

Ribeira: prazo ata o 9 de outubro para solicitar axudas para a promoción do deporte deste ano


Ribeira, 24 de setembro de 2010. O Concello informa de que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP do día 22 de setembro) as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de achegas para a promoción de actividades deportivas correspondente ao exercicio 2010. 

Ditas achegas prevén unha contía orzamentaria de 66.000 euros. A comisión avaliadora estudará a solicitudes presentadas, formulando proposta de concesión de achega despois da consideración das actividades a realizar, de acordo en todo caso cos seguintes criterios:

  • Interese xeral da actividade.
  • Continuidade, estabilidade e solvencia da entidade solicitante.
  • A dificultade para acudir a outros medios de financiamento, así como os medios económicos cos que conte a entidade.
  • Número estimado de persoas que poidan resultar beneficiadas polo programa ou actividade.
  • Emprego da lingua galega.

O último día para solicitar estas axudas será o sábado 9 de outubro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.4.08

Recuperación de elementos etnográficos

Cultura convoca axudas para a recuperación de elementos etnográficos

Hórreos, lavadoiros, muíños, cruceiros ou pombais.
Os propietarios de elementos etnográficos inventariados por Patrimonio
teñen ata o vindeiro quince de xullo para solicitar as axudas que acaba de
presentar Cultura para recuperar bens inmobles de interese etnográfico.
En total son 300.000 euros os que se repartirán nas diferentes axudas,
que cubrirán desde traballos de mantemento ou pintura ata restauracións completas.

Toda a información aquí




En Certo poñemos grans de area
en YouTube e en Flickr, filmando
e fotografando o patrimonio.
Restaurado e sen restaurar.
A beleza da destrucción tamén
nos chama moito

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical