Mostrando entradas con la etiqueta Lousame. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lousame. Mostrar todas las entradas

2.1.13

Lousame: someten a información pública a renovación da planta de xestión de residuos

  • Hai 30 días para presentar alegacións e suxestións dende que se colgue para exposición pública, tanto en Internet como no Concello de Lousame e na Xunta
  • A autorización outorgouse por un prazo de vixencia de cinco anos, polo que se están realizando os trámites correspondentes para a súa renovación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Media_httpfarm6static_crrcr

O proceso desta concesión vaise publicar no Diario Oficial de Galicia nos próximos días


Lousame, 2 de xaneiro de 2013.- Segundo informou onte a Xunta, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas somete a información pública o proxecto de renovación ambiental integrada do Complexo Medioambiental de Tratamento de Residuos Sólidos e Asimilables a Urbanos da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, situada no concello de Lousame, que xa conta con autorización ambiental dende setembro de 2008, sendo o titular da mesma a súa empresa concesionaria, Fomento de Construcciones y Contratas. Esta resolución e sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días.

A autorización outorgouse por un prazo de vixencia de cinco anos, polo que estanse realizando os trámites correspondentes para a súa renovación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

O sometemento da documentación a información pública é un dos trámites contemplados para as renovacións no Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación. Por elo, esta permanecerá exposta ao público, por un período de 30 días hábiles.

Alegacións e suxestións
Durante este prazo calquera interesado poderá consultala e, no seu caso, formular as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. A documentación estará exposta nas seguintes dependencias: Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería, e no Concello de Lousame.


Ao remate do prazo de información pública, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estudará as alegacións, suxestións ou observacións presentadas, téndoas en conta na resolución do expediente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.10.12

Outes: a banda de Lousame actúa o domingo 4 de novembro en homenaxe a Añón e Manuel Blanco Dosil

Media_httpfarm9static_kiuse

Outes estase volcando este ano na celebración do bicentenario de Añón

Outes, 29 de outubro de 2012. Continúa co plan de preparación para o Certame Galego de Bandas de Música a Banda Municipal de Música de Lousame. O vindeiro domingo, 4 de novembro, dará un concerto na Casa da Cultura da Serra de Outes ás 7 da tarde.

O concerto servirá para recoñecer a figura de Manuel Blanco Dosil, director da Banda de Outes e compositor da obra libre coa que a Banda de Lousame participará no Certame Galego. A obra que se estrenará neste concerto leva por título “Escenas do Atlántico” e está adicada á costa galega e a tódolos que perderon a vida nela. O ano pasado a Banda de Lousame xa concursou cunha obra de Manuel Blanco titulada “O demo de Carboeiro” e acadou con ela un gran éxito xa que levou o premio á mellor interpretación dunha obra galega.

No concerto deste domingo tamén se fará unha homenaxe á  figura de Francisco Añón no ano do bicentenario do seu nacemento. Do poeta outense interpretaranse dúas pezas “A Galicia” e “A enfermedá d’Añón” con música de Prudencio Romo e que foran popularizadas polo grupo “Los Tamara”. Na versión para banda a Banda de Lousame acompañarase da Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de José Manuel Barreiro Pérez “Secho” e Fernando Docampo. Con estas pezas a Banda de Lousame quere sumarse ó recoñecemento da obra de Añón nun ano que foi moi intenso no Concello de Outes en actos culturais.

A Banda de Lousame espera repetir ou mellorar o resultado do ano pasado onde ademáis do anterior premio acadaron o segundo premio na sección terceira. A participación da Banda de Lousame será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.10.12

Lousame: a Banda de Música participa por segundo ano consecutivo o VI Certame de Bandas

  • Entre o 16 e o 18 de novembro en Santiago
  • Antes ten que ensaiar moito, e dará tres concertos previos. O primeiro deles é este sábado 20 no auditorio de Valga
  • O ano pasado conseguiu dous premios


Un dos temas interpretados pola Banda de Lousame no certame anterior

Lousame, 17 de outubro de 2012. A Banda Municipal de Música de Lousame actúa por segundo ano consecutivo no Certame Galego de Bandas de Música. Este evento, organizado conxuntamente pola Federación Galega de Bandas de Música e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, chega este ano á súa sexta edición e terá lugar os días 16, 17 e 18 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A Banda de Lousame participa na Sección Terceira xunto coas bandas de Ribadavia, Arteixo, Chapela e Cabral. A súa actuación será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde.

Para preparar o repertorio co que se presenta a Banda de Lousame realizará  tres concertos previos, o primeiro dos cales ten lugar este sábado día 20 no Auditorio de Valga ás 9 da noite. A Banda de Lousame espera repetir o éxito da anterior edición onde acadaron dous premios: o segundo premio na Sección Terceira e o premio á mellor interpretación dunha obra galega coa obra “O demo de Carboeiro” de Manuel Blanco Dosil. Este compositor do concello de Outes volve colaborar este ano coa Banda de Lousame compoñendo para interpretar neste certame a obra “Escenas do Atlántico”.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.9.12

Lousame: o alcalde fai precampaña o mesmo día no que se coñece que abandona o posto

  • Do mesmo xeito que calou sobre a posible fusión con Noia, cando xa tiña todo falado con Núñez Feijóo, agochou o seu abandono da alcaldía ata o último momento 

  • Lousame pasará, probablemente, a ter alcaldesa sobrevida, María Teresa Villaverde, como pasara en Madrid con Ana Botella e Gallardón
  • Hoxe estivo acompañando á secretaria xeral para o Turismo nas obras de rehabilitación do edificio destinado a café-bar restaurante no complexo das Minas de San Finx



[[posterous-content:pid___1]]

Lousame, 14 de setembro de 2012.- Santiago Freire deixa a alcaldía de Lousame para ir de oitavo na lista do PP da Coruña nas vindeiras eleccións autonómicas do 21 de outubro. Tamén tivo que deixar o seu posto como deputado provincial e corre o ruxe-ruxe de que o vai substituír o alcalde de Outes, tamén do PP, Carlos Crespo. Santiago Freire iría na mesma lista que as conselleiras Beatriz Mato e Rosa Quintana (1 e 2 pola Coruña), e con Pedro Puy, Miguel Tellado, Paula Prado, Pedro Arias e a súperdelegada Belén do Campo. Tamén se filtraron os nomes de María Faraldo e Álvaro Pérez nesta lista que o PPdeG presumía de facer unha tarde pero que está a causar bastantes crebadeiros de cabeza xa que a maioría de conselleiros do goberno Feijóo ou están queimados ou apenas son coñecidos. 

A noticia sóubose hoxe, unha táctica habitual deste alcalde, que no seu día, ante a publicación da posible fusión con Noia que fixo este xornal, negouno no Facebook do Concello, coa tamaña hipocrisía de dicirlle aos veciños que eles ían ser os primeiros en sabelo, cando xa tiña todo falado con Núñez Feijóo, co que se reunira, a tres bandas, xunto co alcalde de Noia. Por suposto, ao chegar a convocatoria de eleccións, queda todo o da anexión no aire, porque lle viu as orellas ao lobo ante a oposición veciñal e sabe que se vai por ese camiño perde todo o rédito electoral, que sempre foi moito, no seu concello. Non se coñece, polo menos oficialmente, quen quedará á fronte de Lousame, pero suponse que María Teresa Villaverde Pais.

Facendo precampaña nun complexo que chucha recursos públicos sen unha utilidade clara

Como se tal cousa, Santiago Freire estivo hoxe coa secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo,  visitando as obras que financia a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Turismo para a rehabilitación dun dos edificios do complexo das minas de San Finx co obxectivo de convertelo nun servizo de café-bar restaurante dentro do conxunto de edificios que conforman as antigas instalacións desta explotación mineira.

 

As minas de San Finx son un complexo que leva anos rehabilitándose, chuchando recursos públicos como un burato negro e, cuns accesos moi deficientes no medio de ningunha parte, co que é moi cuestionable que se convirta nun recurso turístico de primeiro orde, que é o que se pretende. De seguir así, San Finx pode acabar converténdose na Cidade da Cultura de Lousame: un saco sen fondo pagado cos cartos de todos nun concello no que non hai cartos nin para asfaltar o máis básico.

Débeda dos catro últimos anos en Lousame: case se duplicou en 2011
2008: 473,000 Euros 127.77 por habitante
2009: 533,000 Euros 143.98 por habitante
2010: 471,000 Euros 127.23 por habitante
2011: 831,000 Euros 227.24 por habitante
POBOACIÓN 2011: 3,657

[[posterous-content:pid___0]]

Os traballos para converter este edificio en restaurante comezaron o pasado mes de xullo e está previsto que rematen no vindeiro mes de novembro. O investimento total da obras é de 197.962 euros. Con esta rehabilitación actuarase nun antigo edificio de pedra que ocupa unha parcela de 24,65 metros de largo por 7,35 metros de ancho para instalar servizos de cociñas, sala de instalacións, un espazo de reserva, un distribuidor, zonas de servizos, zona de barra, un comedor e dous aseos.


A edificación obxecto de rehabilitación neste proxecto destaca sobre as demais polo seu alto valor arquitectónico, construtivo e ambiental. Trátase dunha edificación de dúas plantas e un anexo de planta baixa que no pasado albergou entre outros usos o de cuartel da Garda Civil e vivendas. O edificio atópase nunha posición dominante e de peche sobre un conxunto de edificacións, así como punto final do acceso rodado ao conxunto.


A xeometría da planta é rectangular, e construtivamente posúe muros de fábrica de mampostería duns 65 centímetros de espesor e cuberta a dúas augas. O edificio non posúe forxados interiores nin carpinterías e antes de iniciarse as obras atopábase totalmente baleiro.


Patrimonio material e inmaterial

As minas de estaño-wolfran de San Finx teñen un importante valor patrimonial desde o punto de vista cultural e histórico, un patrimonio tanto inmaterial como material, asegura a Xunta na súa nota de prensa, e disque "desde o punto de vista do patrimonio industrial mineiro, as minas de San Finx constan na actualidade dun conxunto de valores, equipamentos e instalacións. Un conxunto de elementos que son o resultado da realización de actividades e a creación de infraestruturas e equipamentos que foron transformándose, cambiándose, adaptándose ata configurar o estado actual da mina. Están inventariados 35 elementos construtivos de diferentes anos".

Relacionada:


Fusión de Concellos: Noia e Lousame, en proceso de diálogo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.9.12

Lousame: as Festas do San Roquiño, do 30 de setembro ao 5 de outubro

Festas_san_roquino_lousame
https://twitter.com/Certo/status/245560664809164800

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

31.5.12

Lousame: este sábado 2 de xuño, IV Festa do Carneiro en Tállara

Media_httpfarm7static_symah


Lousame, 31 de maio de 2012. A asociación cultural San Roquiño de Tállara, en colaboración co Concello de Lousame, organiza a IV Festa do Carneiro que ten lugar este sábado, 2 de xuño, en Tállara. Os que asistan poderán degustar carneiro ao espeto e ao forno, xunto con viño e pan a prezos económicos. Dende a unha da tarde terá lugar o reparto das racións de carneiro cociñado. A orquestra deste ano é Pentagrama, que ameniza a sesión vermú e a verbena que terá lugar pola noitiña, despois das nove, hora á que comezará a degustación última. 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.5.12

Lousame: a Semana da Xuventude programa actividades entre o 23 e o 27 de maio

  • Dúas charlas, un combate de airsoft nas inmediacións das minas de San Finx e unha multiactividade con quads, bicis e xantar

Cartel_semana_2012
Multiactividade

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.11.10

Lousame: o comité da planta de Servia anuncia a presentación dunha denuncia polo penal contra o alcalde de Ames por vulnerar o dereito á folga

O Comité de Empresa da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame, vén de anunciar a presentación, pola vía penal, dunha denuncia contra o alcalde de Ames, o socialista Carlos Fernández, por vulnerar o dereito á folga. Fernández contratou os servizos de Tragsa para recoller o lixo que se comezaba a acumular nas rúas da vila, argüíndo que a folga convocada polos traballadores/as da planta era ilegal. Afirmación que desmentiu a propia Dirección Xeral de Relacións Laborais, quen aseguraba nun escrito remitido á Mancomunidade, con data de 16 de novembro, que cumpría “con todos os requisitos estabelecidos polo Real decreto-lei 17/1977”.

O Comité de Empresa convocaba folga indefinida de recollida de lixo nos concellos de Ames e Carnota, desde o pasado día 8 de novembro, logo de que no primeiro o propio alcalde provocara o aprazamento do pleno no que se votaría unha moción que supuña a asunción do pagamento das débedas acumuladas coa planta e, no segundo, se votase en contra da moción proposta polo Comité.

Esta moción supoñía comprometerse co modelo de xestión de residuos sólidos urbanos de Servia; o apoio ás iniciativas e plans aprobados no seo da Mancomunidade encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída con FCC; que os orzamentos de cada Concello para o ano 2011 preveran o pagamento mensual do canon do lixo (co obxecto de non xerar unha nova débeda) e que se demandara da Xunta de Galiza a súa implicación para resolver favorablemente o conflito existente coa recicladora ECOEMBES.

Para os traballadores era imprescindíbel que se asumiran estes puntos para garantir a viabilidade da planta -nomeadamente o pagamento dunha débeda que se achegaba a 2.700.000 € e da que eran responsábeis, na súa maioría, os concellos de Ames, Carnota e Noia- e con iso, o mantemento dos postos de traballo.

Folga ilegal

Tras do inicio efectivo da folga, a partir do día 12 de novembro, o alcalde de Ames afirmou, en diversos medios de comunicación, que a folga convocada era “ilegal” e “política”. O propio Valedor do Pobo abriu unha investigación, de oficio, por non garantirse un servizo público e polos supostos problemas de salubridade derivados.

Respecto das afirmacións do alcalde de Ames, a propia Dirección Xeral de Relacións Laborais desmentía nun escrito remitido á Mancomunidade o día 16 de novembro as acusacións de “ilegalidade”, e afirmaba que a comunicación de folga “cumpre cos requisitos estabelecidos” no referente ao prazo de preaviso, que para os casos que afecten aos servizos públicos débese facer “con alomenos 10 días naturais” de antelación, xa que fora comunicada o 27 de outubro; aos motivos nos que se fundamentaba; data de inicio e composición do comité de folga.

Para o alcalde de Ames esa infundada acusación de ilegalidade viña de que na convocatoria de folga prevíase o inicio o día 8 e, porén, non se fixo efectiva até cinco días despois. A isto Relacións Laborais respostaba que “a convocatoria remitida nos termos nos que se substancia, reúne os requisitos legais polo que non debe considerarse como unha nova folga a falta de servizo levada a cabo o día 13, xa que se trata dunha folga indefinida”.

Respecto da actuación do Valedor do Pobo, lembran que casualmente o alcalde de Ames, Carlos Fernández, gabouse no pleno celebrado o xoves día 18, da súa amizade persoal con el, e que amparándose nas súas actuacións, contratou a Tragsa para recoller o lixo vulnerando o dereito fundamental á folga.

Neste sentido, Paulo Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos, asegura que curiosamente non se ten constancia da intervención do Valedor do Pobo en ningún outro conflito laboral e que nin sequera actuou na folga de recollida de lixo de Compostela, que durou moito máis tempo.

Rubido asegura, ademais, que caso de existir algún problema de salubridade sería a consellaría de Sanidade quen tería que adoptar medidas e non o Valedor e que, en todo caso, ese problema non existía porque estaban pactados uns servizos mínimos que prevían a recollida do lixo cada tres días. De feito, o luns 15 fíxose unha primeira recollida e estaba prevista outra para o propio xoves día 18.

Recollida “ilegal”

Porén, e malia estar convocado o pleno no que finalmente o concello de Ames, co seu alcalde incluído, aprobaron a moción proposta polo Comité e un pago extraordinario de medio millón de euros para afrontar a débeda acumulada polo municipio, e de estar previsto que esa noite os servizos mínimos recollerían novamente o lixo, o alcalde, facendo alarde dunha actitude que o secretario nacional de CIG-Servizos cualifica de “prepotente” e “chulesca”, ordenou a recollida “ilegal” contratando a outra empresa.

O propio alcalde, estivo á fronte do operativo de recollida de Tragsa, que provocou importantes problemas de tráfico nas rúas máis céntricas dos núcleos de Ames e controlou o proceso para asegurarse, antes do pleno, de que todo o lixo estaba recollido. Unha actuación que Rubido cualifica de “populismo barato” e que provocou que os camións cheos de lixo pasaran a noite na rotonda de Rois, sen poder acceder á planta de Lousame, porque non fixeran recollida selectiva, malia Fernández afirmar o contrario. “Finalmente tiveron que derivar o lixo a Sogama”.

Obviamente, tras da asunción por parte do concello de Ames dos compromisos económicos coa planta, o Comité de Empresa puxo fin á folga. O mesmo que ocorreu en Carnota, onde ese mesmo día e por requirimento da Xunta de Galiza, o concello foi obrigado a asumir os pagamentos nos prazos previstos pola Mancomunidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.7.10

Cinema: Noia, Boiro, Lousame e A Pobra, incluídos no programa "Noite de cine" da Deputación

A Deputación da Coruña patrocina, un ano máis, o ciclo “Noite de Cine”, que levará a numerosos concellos da provincia un total de 290 proxeccións cinematográficas ao aire libre durante os meses de xullo, agosto e setembro. Cada concello participante contará con entre 3 e 7 proxeccións en función do número de habitantes.

Entre os dez filmes seleccionados para esta vixésima edición do ciclo atópanse algunhas da producións máis taquilleiras e premiadas dos últimos meses como “Crepúsculo”, “El niño con el pijama de rayas” (gañadora do Goya á mellor película europea), “Los girasoles ciegos” (Goya ao mellor guión adaptado), “Viaje al centro de la tierra”, “La ola”, “Mi monstruo y yo”, ou “007: Quantum of Solace”. Non faltan as películas de debuxos animados para os máis pequenos, como “El lince perdido”, gañadora do Goya á mellor película de animación, ou a segunda parte de “Pérez, o ratiño dos teus soños”, así como a comedia para público adolescente “Disaster Movie”. A selección das películas realizouse en función do perfil do público asistente ás proxeccións, conformado basicamente por familias.

Esta XX edición do programa Noite de Cine pretende tamén sumarse á conmemoración do ano 2010 como “Ano do libro e a Lectura de Galicia”, polo que boa parte dos filmes seleccionados son adaptacións cinematográficas de novelas de éxito de autores como Julio Verne, John Boyne, Ian Fleming, William Ron Jones, ou Alberto Méndez, entre outros.

Ademais, nun labor de promoción do cine galego que se repite por terceiro ano consecutivo, ao longo do verán “Noite de Cine” repartirá gratuitamente entre os espectadores 5.800 DVD orixinais de películas galegas, entre elas o clásico “Sempre Xonxa”, e organizará un concurso no que se sorteará un TV LCD de 16 polgadas e un reprodutor DVD, tan só por responder a unhas simples preguntas sobre cine e literatura.

O investimento da Deputación da Coruña para financiar este programa é de 127.437 euros.

Para máis información: www.dicoruna.es ou www.noitedecine.com.

PROGRAMACIÓN DO MES DE XULLO

DATA
CONCELLO
PROXECCIÓN
2
ROIS

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

5
CULLEREDO
MI MONSTRUO Y YO
6
CULLEREDO
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
7
CULLEREDO
CREPÚSCULO
8
LOUSAME
EL LINCE PERDIDO
9
O PINO
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
9
ARES
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
9
CABANA DE BERGANTIÑOS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
13
AS PONTES

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

13
ORDES
MI MONSTRUO Y YO
14
CARBALLO
CREPÚSCULO
14
AS PONTES
CREPÚSCULO
14
VALDOVIÑO
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
14
BRIÓN
MI MONSTRUO Y YO
14
FENE

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

15
AS PONTES
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
15
OLEIROS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
15
LOUSAME
DISASTER MOVIE
16
BERGONDO

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

16
BRIÓN
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
16
BOIMORTO
007:QUANTUM OF SOLACE
17
O PINO
CREPÚSCULO
18
CABANAS
EL LINCE PERDIDO
19
ORDES

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

19
MUGARDOS
EL LINCE PERDIDO
20
MUGARDOS
DISASTER MOVIE
20
NOIA
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
20
AS PONTES
007:QUANTUM OF SOLACE
20
CAMBRE
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
21
BRIÓN
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
21
CARBALLO
DISASTER MOVIE
21
AS PONTES
MI MONSTRUO Y YO
21
CAMBRE
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
21
BOIRO

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

22
BRIÓN
CREPÚSCULO
22
POBRA DO CARAMIÑAL
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
22
MUGARDOS
MI MONSTRUO Y YO
22
LOUSAME
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
22
MUXÍA
EL LINCE PERDIDO
23
BOIMORTO
CREPÚSCULO
23
ARES
CREPÚSCULO
23
OLEIROS
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
23
SADA
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
24
OLEIROS
CREPÚSCULO
26
ORDES
007: QUANTUM OF SOLACE
26
POBRA DO CARAMIÑAL
MI MONSTRUO Y YO
26
MAZARICOS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
27
SADA
007:QUANTUM OF SOLACE
27
NOIA
CREPÚSCULO
27
MAZARICOS
MI MONSTRUO Y YO
27
LOUSAME

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

28
BETANZOS
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
28
CARBALLO
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
28
FENE
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
28
MUGARDOS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
28
MAZARICOS
DISASTER MOVIE
29
ARES
EL LINCE PERDIDO
29
MIÑO
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
29
MAZARICOS
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
29
MUXÍA
CREPÚSCULO
29
OLEIROS
007:QUANTUM OF SOLACE
30
BERGONDO
CREPÚSCULO
30
BOIMORTO

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

30
OLEIROS
EL LINCE PERDIDO
30
BOIRO
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
31
ARTEIXO
MI MONSTRUO Y YO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.2.09

San Xusto, xusto en Lousame!

Inserido Video

21.9.08

Hai esto en Boiro?

O TEU PUNTO DE ENCONTRO

pois claro, esto, e o outro, e o de máis alá. Non imos fomentar o localismo na presunta beleza, rapazas guapas hainas en toda Barbanza. E feas tamén... menos en Noia e Lousame!

15.8.08

Incendio en Lousame

Inserido Video


A primeiros de agosto, supoñemos...

Un oficio de risco, abofé

1.5.08

Bo día para ver fervenzas

Inserido Video


Se non chove moito, claro. Tampouco queremos colapsar urxencias con neumonías...

Blogged with the Flock Browser

30.4.08

Campións

Vía http://www.concellodelousame.com
Blogged with the Flock Browser

26.3.08

Lesende Campións

Cadetes do Lesende, campións

Data de publicación:26/03/2008 19:37:0
0Departamento:Deportes

O pasado domingo, 2 de marzo, o equipo de fútbol de categoría cadete da Escola Municipal de Fútbol proclamouse matemáticamente campión de liga da 2ª Autonómica Cadete Grupo 7, xa que venceu no Campo Municipal de Cabanetán (Lesende) ao C.D.Boiro por 8 – 0. A falta de 1 xornada para o remate da competición o equipo do concello de Lousame ten unha vantaxe de 4 puntos sobre o 2º clasificado (Atlético Oleiros). Ademáis do campionato o equipo consigue o ascenso de categoría á 1ª Autonómica, para a vindeira tempada 08/09. O equipo está formado polos seguintes xogadores: * Porteiros: Ramón Piso e Alejandro Pouso * Defensas: Brais Blanco, Carlos Romero, Brais Martínez, Alexandre López, Julio Sueiro. * Centrocampistas: Oliver Fernández, Rubén Trillo, Borja Somoza, Jesús Martínez, Sergio Gallardo (capitán) * Dianteiros: Jorge Froján e Adrián Sueiro. * Delegado: Miguel Martínez * Adestrador: Néstor Romero
As novas do Concello

Noraboa...


Blogged with the Flock Browser

6.3.08

Minas de San Finx e The Police

Blogged with Flock

15.2.08

Flor do Xapón, tamén en Lousame

As novas do Concello

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical