23.6.11
Rianxo: Carlos Campaña gaña o concurso de deseño do cartel do FAP e os grupos Intercoles e Os Minhotos serán "Teloneiros"
Rianxo, 23 de xuño de 2011. Xa se coñecen os gañadores do concurso de deseño do cartel do Festival Antros Pinos (en normativo Entre os Piñeiros) e do certame "Teloneiros".
Gañador: Carlos Campaña (Taragoña)
Un total de dez grupos galegos presentáronse ao certame. Despois de valorar estilo, posta en escena e calidade musical, escolleron como gañadores aos grupos Intercoles e Os Minhotos! Ambos os dous tocarán na tarde do sábado 30 de xullo, durante o Festival Antrospinos, nun escenario especial xunto con outros grupos galegos, que adiantarán en breve.
http://www.myspace.com/osminhotos
http://www.facebook.com/#!/os.minhotos
Para ir facendo boca, adiantan que nesta cuarta edición do Festival Antrospinos estarán os arxentinos Che Sudaka, os cataláns Muyayo Rif, os galegos Ruxe Ruxe, os lisboetas Gilbert's Feed Band ou os andaluces Canijos sin fronteras, entre outros. En breve anunciarán o cartel pechado con todas as actuacións das que se poderá gozar no Antrospinos 2011 e mais as actividades que se levarán a cabo en Taragoña durante os dous días de festival.
E este venres 24:
Certame de deseño de cartel: para o Festival Antrospinos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: actividades deportivas para o verán e campamento urbano
INICIO PRAZO DE INSCRICIÓN
- 27 de xuño
INICIO ACTIVIDADES
- 6 de xullo
CALENDARIO
- do 6 de xullo ó 31 de agosto
- No Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña.
- Para o CAMPAMENTO URBANO E DEPORTIVO, exclusivamente no Servizo de Deportes.
- Para as actividades de piscina, na Piscina Municipal.
DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA:
- Tríptico Informativo ACTIVIDADES VERÁN [PDF]
- Tríptico CAMPAMENTO URBANO E DEPORTIVO [PDF]
- Horarios actividades e campamento [PDF]
- Nota informativa CAMPAMENTO URBANO E DEPORTIVO
FICHAS DE INSCRICIÓN:
Se non podes achegarte polas oficinas podes chamar ou mandar un correo electrónico e tramitarán a instancia.
- Ficha inscrición Rianxo [PDF]
- Ficha inscrición Asados [PDF]
- Ficha Inscrición Taragoña [PDF]
- Ficha inscrición CAMPAMENTO URBANO E DEPORTIVO [PDF]
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: o Concello di que a posta a punto da praia do Areal vai retrasada pero estará amañada a primeiros de xullo
A Pobra, 23 de xuño de 2011. Segundo explica o Concello en nota de prensa, "como todos os anos na praia do Areal na Pobra do Caramiñal, a comezos do verán faise o movemento de area, debido a que no inverno cos temporais as mareas depositan a area na rampa do pantalán. Este ano vai cun pouco de retraso debido ás obras que se están levando a cabo no Areal, provocadas polos temporais que fixeron que se esbarrigara o muro de contención da praia". A obra é da empresa Tragsa, a mesma que fará o movemento de area. As obras son de Costas, do Estado, polo tanto ó concello non se lle cargan os gastos.
A primeiros de xullo este areal contará con tódolos servizos, como duchas, recollida de lixo, limpeza manual e tamén con maquinaria.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: asistentes ao centro de Día visitan este venres 24 o parque de San Roque
Unha vez alí, terán a oportunidade de ver as dúas salas de exposicións que acolle o Centro de Interpretación Arqueolóxica situada no parque. Unha é “A pegada e o reflexo”, que se centra no Megalitismo, Idade de Bronce e Idade de Ferro. A outra é “A través do Tempo”, unha evolución cronolóxica dos recursos patrimoniais do Concello de Ribeira.
A visita incluirá tamén un percorrido polo Parque de San Roque, onde poderán ver in situ as reproducións e réplicas (dolmen, anta, petróglifos...) que se atopan no seu interior.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: novos horarios das oficinas de información turística
- A do Malecón abre ininterrompidamente dende as 9 da mañá ata as 9 da noite, de martes a domingo
- A de Xarás, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, todos os días agás os martes
- O Centro de Interpretación de San Roque, de martes a sábado, de 9 a 13 e de 14 a 19 horas.
Orellán Fernández destacou que con motivo do período de verán, o Concello contratou a tres persoas que, xunto coa propia técnica municipal de Turismo, se encargan de ofrecer atención e solucionar as posibles dúbidas dos visitantes que recalan en Riveira. Como novidade, subliñou que este ano amplíase o horario de atención ao público con respecto a anualidades anteriores, de tal maneira que a oficina do Malecón permanecerá aberta ao público ininterrompidamente dende as 9 da mañá ata as 9 da noite, de martes a domingo; en tanto que a de Xarás o fará de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, todos os días agás os martes.
Polo que respecta ao Centro de Interpretación de San Roque, este próximo sábado iniciará o seu horario de verán, funcionando de martes a sábado, de 9 a 13 e de 14 a 19 horas.
Agardan superar as estatísticas do ano pasado
Con esta ampliación de horario, as expectativas do departamento municipal de Turismo apuntan a mellorar as estatísticas do pasado verán, no que se atenderon as consultas dun total de 11.709 persoas, distribuídas do seguinte xeito: 3.348 en San Roque, 5.500 no Malecón e 2.861 en Xarás.
En canto ao material que se pode atopar nas oficinas, caben destacar por exemplo a guía turística do Concello, recentemente actualizada; ou o dossier “Catro horas coa Cultura e o Turismo de Ribeira”, que recolle catro posibles itinerarios dedicados á arqueoloxía, museos, patrimonio natural e patrimonio etnográfico. Sobre este asunto Anxo Orellán avanzou que o Concello está traballando nunha quinta ruta dedicada ás praias.
Tamén se pode atopar información turística editada por institucións ás que Ribeira pertence como a Mancomunidade Arousa Norte ou o Eixo Atlántico.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: segundo posto para Manuel Abuín na máxima categoría do III Torneio Aberto Sénior e Sub20 de Guimarães
Rianxo, 23 de xuño de 2011. O rianxeiro Manuel Antonio Abuín, do club Distribunosa-Rianxo de Xadrez, quedou segundo, só superado polo ruso Khodorov Anatoli no III Torneio Aberto Sénior e sub20 da Escola João de Meira en Guimarães.
O torneo internacional tivo lugar o pasado domingo, 19 de xuño, e alí foron os principais xadrecistas do Distribunosa-Xadrez Rianxo, a Guimarães, que vai ser capital cultural europea en 2012. A competición foi a oito rondas de 20 minutos/finish. Obtivo un meritorio segundo posto no ránking categoria sénior Manuel A. Abuín Boullón, só superado polo ruso Khodorov Anatoli do club local portugués. Obtivo tamén trofeo como segundo clasificado en categoria Sub 10 Jorge Méndez, do Distribunosa-Xadrez Rianxo.
En categoría feminina as dúas axedrecistas do Distribunosa-Xadrez Rianxo obtiveron o segundo posto en categoría sénior (María Romero) e o terceiro en Sub20 (Sara Sampaño).
Outros destacados axedrecistas do Distribunosa-Xadrez Rianxo quedaron como segue:
5º Posición
Sergio Arevalillo
9º Posición
Antonio Suzavila
11º Posición
Alberto Hevia
14 Posición
Daniel Dourado
23º Posición
Néstor Martínez
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia