Mostrando entradas con la etiqueta memoria histórica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta memoria histórica. Mostrar todas las entradas

12.11.12

Noia: este venres, 16 de novembro, charla do guerrilleiro antifranquista "El Quico"

Noia, 12 de novembro de 2012. Dentro das actividades culturais deste outono, o Concello programa para este venres, 16 de novembro, unha charla titulada "Pola nosa memoria", que impartirá o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez López, alcumado "El Quico", o cal estivo na fronte de Galiza e León entre 1937 e 1952.

A interesante disertación e coloquio terá lugar na casa da cultura "Avilés de Taramancos" de Noia ás oito e media da tarde.

Quen é "El Quico"?

Non hai que confundilo con outro guerrilleiro tamén así alcumado, xa falecido, de orixe catalá, Francesc Sabaté, do que se pode ver unha curta en http://vimeo.com/20991255

https://lh3.googleusercontent.com/-zuoQg98M-1s/TYmz197uSjI/AAAAAAAAAVk/csP91U...

Francisco Martínez López escribiu o libro "Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido", onde conta a súa historia e intenta recuperar a memoria histórica duns feitos que permaneceron agochados ata que morreu o dictador na cama e que logo apenas se divulgaron porque a teoría "non hai que abrir feridas nin foxas" dos herdeiros dos fascistas prevaleceu ata a Lei de Memoria de Histórica, que agora volven tumbar por omisión. O libro presentouse o ano pasado en Galicia, na libraría Couceiro de Santiago.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.10.12

Memoria histórica: a Comisión pola Recuperación da Memoria de Barbanza xa ten xunta directiva

  • Xan Ermida é o presidente e hai un responsable en cada localidade de Barbanza, a excepción de Ribeira, que ten tres
  • Alcaldes e ex-alcaldes da zona, entre os responsables locais

Media_httpfarm7static_pbhvl

Monumento pola Memoria da rotonda de Cimadevila en Boiro

Ribeira, 4 de outubro de 2012. Con data 3 de outubro a Comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza fixo a presentación pública da súa directiva, eleita na asemblea de constitución o pasado luns 10 de setembro.

Nesta asemblea engadiuse máis representación á Xunta Xestora que coordinaba a Asociación, o que significa o incremento de localidades nas cales a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza está presente.

A composición da Xunta Directiva é a seguinte:

Presidente: XAN ERMIDA.
Secretario: ADRIÁN ROMAY.
Tesoureiro: XOSE ALBERTE LORENZO.
Responsables en Ribeira: ENCARNA PEGO, PILAR PEREIRO e XOSÉ ÁLVAREZ CASTELO.
Responsable en Pobra: XOÁN MUÑIZ.
Responsable en Boiro: XOSÉ DEIRA.
Responsable en Rianxo: ADOLFO MUIÑOS.
Responsable en Porto do Son: XOAN PASTOR RODRIGUEZ.
Responsable en Noia: XOSE ANTONIO PÉREZ.
Responsable en Lousame: XULIO PARADELA.
Responsable en Muros e Serra de Outes: XAN MARIÑO.

Por outra banda, na Reunión da Xunta Directiva que tivo lugar onte, mércores 3 de outubro, acordáronse formar diversos grupos de traballo, fixando un amplo calendario de actividades e actos. Un deles vaise realizar a nivel comarcal na semana do 19 ao 25 de novembro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.6.12

Rianxo: xogar ás torturas, ou as pegadas mentais que deixou a crueldade franquista

  • Conclúe o III Seminario sobre a Memoria celebrado entre Melide e Rianxo do 1 ao 3 de xuño
  • A represión franquista foi tan desapiadada nalgúns momentos, que incluso unha das asistentes ao Seminario, nena da posguerra, confesou ter xogado ás torturas en moitas ocasións


Media_httpfarm8static_ekgsa

Parte dos asistentes no cemiterio de Iria, onde foron enterrados algúns presos republicanos do campo de concentración de Padrón

-       O Seminario estivo organizado polos DEPARTAMENTOS DE CIENCIAS SOCIAIS DO IES “FÉLIX MURIEL”, de Rianxo, e do IES MELIDE, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA.

-       A actividade central do Seminario consistiu no percorrido por algúns dos espazos ocupados polos campos de concentración franquistas, que foron numerosos nas Terras do Sar, de Muros-Noia e na Península do Barbanza.

-       Francisco Martínez, Quico, guerrilleiro que formou parte da partida do mítico Girón, acompañou outros coñecidos especialistas na Memoria nun percorrido que durou dous días e medio.

Media_httpfarm9static_bkyqf

Detalle da estadía dos integrantes do Seminario nas minas de San Finx, en Lousame. 

Melide-Rianxo, 7 de xuño de 2012. O máis de medio cento de persoas asistentes ao Seminario, despois de realizado o traballo de campo programado, de visionar dous documentais sobre o tema e de participar en dúas conferencias cos campos de concentración como motivo central, elaboraron o documento de conclusións que se reflicte a continuación. Máis información na páxina oficial de Nova Escola Galega (http://www.nova-escola-galega.org).

1.     Valórase a actividade como un interesante exercicio de análise e comprensión dun feito histórico moitas veces descoñecido e, outras, declaradamente ignorado. Non se trata xa só de que fose analizado o fenómeno dos campos de concentración, senón que foi realizado un interesante exercicio humano de comprensión dunha realidade na que, en efecto, o verdadeiro protagonismo recae nas persoas.

2.     Constátase a necesidade de que as institucións públicas recoñezan plenamente os feitos relacionados coa represión franquista, pois só desde o recoñecemento oficial é posible lograr a plena igualdade de todos os cidadáns. É evidente que, na actualidade tal recoñecemento non está, nin moito menos, conseguido.

Media_httpfarm8static_aunjb

Os participantes en Muros, onde visitaron os lugares onde estiveron instalados dous campos de concentración

3.     A pesar de estar o Seminario principalmente centrado na guerrilla e nos campos de concentración na área xeográfica visitada, enténdese que o fenómeno da resistencia antifranquista debería contemplar tamén a resistencia pasiva ao réxime, que foi enormemente vigorosa e demorada no tempo. Particularmente, améntase o caso da loita contra os encoros (o de Castrelo de Miño, especialmente) ou contra a política forestal franquista.

4.     Constátase que a memoria escondida só sae á luz a base de estímulos que a desaletarguen. Estes estímulos só poden chegar, especialmente, a través da creación de espazos de reflexión e análise desa realidade que está agachada. No transcurso do Seminario, por exemplo, unha persoa cuxa familia ten sufrido unha inhumana represión durante anos, confesou que un dos seus xogos de nena consistía en xogar ás torturas, nin máis nin menos. Como se sabe, o xogo adoita reflectir en cada época a realidade do momento.

5.     Unha vez contrastadas as virtualidades didácticas que o fenómeno da resistencia ao franquismo e, particularmente, os campos de concentración ofrecen para o traballo de aula, constátase o escaso protagonismo que os deseños curriculares actuais lle reservan a esta cuestión. Enténdese que os programas deberían ser revisados neste sentido.

6.     Semella evidente que o franquismo acabou con 150 anos de formación de cadros dirixentes (políticos, sindicais, económicos, educativos…). Este feito resulta aínda na actualidade unha eiva para o desenvolvemento da nosa sociedade e cómpre telo en conta de cara á toma de decisións especialmente no ámbito educativo.

7.     Singularmente, constátase que a política franquista, especialmente a educativa, fixo desaparecer a riqueza da linguaxe necesaria para desenvolver o espírito crítico, e esta realidade faise evidente se se observa a escasa consciencia amosada polas novas xeracións sobre o momento económico e social que se vive na actualidade. Durante a transición, e ata os nosos días, deuse tamén un certo proceso de autocensura que levou a agochar contidos desta complexidade, que esixen tamén un coñecemento do que o profesorado en moitas ocasións non dispón. Este coñecemento só nos últimos tempos, e derivado dos resultados de certas investigacións e publicacións, empeza a saír á luz. Intentar superar esta situación é, sen dúbida, un dos retos máis importantes que debe considerar o sistema educativo.

Media_httpfarm8static_krebo

En Rianxo, parte dos asistentes a carón do monumento que recorda os presos do campo de concentración da vila.

8.     Desde a óptica estritamente educativa, igualmente, debúxase como unha liña de traballo interesante aquela que tratase de analizar a represión no ámbito educativo. Igualmente, semella atinado afondar na posibilidade de  dar a coñecer experiencias didácticas levadas a cabo nas aulas para a recuperación da memoria histórica local. Desde esta perspectiva, incorporar a información directa recollida das familias do propio alumnado (testemuñas directas, fotografías, textos…) antóllase como unha estratexia didáctica con moitas posibilidades.

9.     As asociacións e colectivos que se interesan pola recuperación da memoria histórica teñen centrada a súa atención especialmente en retos de ámbito xurídico (recoñecemento das vítimas, levantamentos de fosas comúns…). Derivar as súas liñas de acción tamén cara ao ámbito educativo sería fundamental, precisamente porque acabaría creándose un fío para que as novas xeracións tivesen acceso ao coñecemento duns feitos moitas veces agachados pola historiografía oficial.

10. Ponse en evidencia tamén, o interese que a recuperación da memoria histórica esperta fóra do Estado. No Seminario estiveron presentes, por exemplo, unha investigadora francesa e outra californiana.

11. O deseño do Seminario, combinando o traballo de campo coa análise de documentos audiovisuais e, finalmente, co saber teórico de especialistas nesta época histórica, valórase como moi intelixente, porque xustamente pretendeu integrar diferentes fontes de información e investigación sobre o tema.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.5.12

Memoria histórica: Rianxo e Melide acollen o III Seminario sobre a Memoria, con visitas aos campos de concentración de Barbanza

  • Terá lugar entre Melide e Rianxo o 1, 2 e 3 de xuño
  • Visitaranse os lugares nos que estiveron os campos de concentración franquistas de Padrón, Muros, Lousame e Rianxo
  • Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros, dos da partida do mítico Girón, será invitado de excepción neste seminario
  • O Seminario está organizado polos DEPARTAMENTOS DE CIENCIAS SOCIAIS DO IES “FÉLIX MURIEL”, de Rianxo, e do IES MELIDE, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA, que recén acadou o premio "Pedrón de Ouro" polo seu labor a prol deste país


Media_httpfarm3static_cgeim

Imaxe que ilustra a colaboración de Xurxo Ayán titulada "El novio de la muerte" (sobre Millán Astray, fundador da Lexión). Nela óllase a garda do campo de concentración de Rianxo, na torre de Tanxil (Arquivo familiar de M. Lustres). Alí estivo Millán Astray tamén. Pódese ler a colaboración aquí


Rianxo, 21 de maio de 2012. Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos, estará presente activamente no III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN, que se celebrará entre Melide e Rianxo os próximos 1, 2 e 3 de xuño de 2012.

Quico participou activamente nas actividades guerrilleiras, dacabalo entre Galicia e León, desde os 17 anos, e conserva na actualidade unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo unha testemuña de primeira man, absolutamente fundamental para o coñecemento e a análise do papel da guerrilla na loita contra a ditadura.

Quico, que actualmente reside en Alacant e acaba de publicar a obra "Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido", aceptou a invitación formulada pola organización para participar activamente no desenvolvemento do Seminario, tanto na súa parte teórica como –o cal non é menos significativo– no percorrido polos espazos ocupados polos campos de concentración en Padrón, Lousame, Muros e o Barbanza.

Ii_seminario_memoria_melide
Imaxe do seminario de 2011, en Melide

No desenvolvemento desta actividade de formación, con certificación oficial e organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais do IES “Félix Muriel” de Rianxo e do IES Melide, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, visitaranse diferentes lugares nos que foron internados prisioneiros antifranquistas na zona, así como as minas de San Finx, en Lousame, significativas pola súa resistencia fronte ao golpe de estado de 1936.

Ademais de Francisco Martínez, intervirán no Seminario o especialista na resistencia antifranquista Xaquín Yebra, e os estudosos dos períodos da II Republica e o franquismo –con varias obras publicadas sobre o tema e unha máis no prelo– no Barbanza, Xesús Costa e Xesús Santos.

Na páxina oficial de Nova Escola Galega pode consultarse o programa en detalle da actividade, e tamén pode localizarse a ficha de inscrición.

As prazas son limitadas e asignadas por estrita orde de inscrición.

Toda a información en http://www.nova-escola-galega.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.6.10

Memoria histórica: "Nomes e Voces", o proxecto máis completo sobre a represión franquista en Galicia

1º Informe de vítimas da represión en Galicia (1936-1937)

Velaquí o noso primeiro informe de resultados da investigación sobre as persoas represaliadas no período da Guerra Civil, con cifras, gráficos e mapas.

Busquen apelidos característicos destas bisbarras, como Lijó (Ribeira), Romero (A Pobra, Noia, Boiro) ou Torrado (Boiro, Vilagarcía). Non sabemos se lles pasará a vostedes, pero ver debaixo deles a verba "paseo" ou "execución" fai que se nos encolla a alma.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: non se perdan o proxecto "Unha imaxe, unha historia", do instituto local


..

(preme para ampliar)

As mellores creacións deste proxecto interdepartamental, froito dun longo traballo previo por parte do alumnado de pescuda, lectura de imaxes, construción textual, etc., poden verse xa na exposición que ofrecemos a toda a comunidade, situada no patio cuberto do aulario I.

Cada imaxe ten aquí a súa propia historia, real ou imaxinaria, que se irían co vendaval do tempo se non as atraparamos cos nosos  aparellos: a lingua de noso, as memorias dos maiores, a nosa creatividade, as ganas de contar e dicir... e as novas tecnoloxías.

Para ler as historias na rede (e comentalas), abonda con acceder ao noso blogue. Na nosa conta de Flickr temos o conxunto das imaxes, algunhas xeolocalizadas.

http://atabarradixital.blogaliza.org/2010/06/10/producions-do-proxecto-unha-i...

Para ir abrindo boca, recomendámoslles a historia dunha foto na ferretería de Tucho, do 15 de marzo de 1934, escrita por Alicia Quintáns. En http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/15-de-marzo-do-1934-a-pobra-do-...
Tamén é moi fermosa a historia duns namorados que comían sandía de Escurís no San Ramón de Bealo, escrita por Elisa. Os protagonistas andan agora cerca dos 90 anos, e na foto debían ter vinte e poucos. Miren http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/era-en-san-ramon
Mais son apreciacións nosas. Seguro que vostedes atopan outras do seu gusto. Parabéns a alumnos e mestres por esta fermosa iniciativa.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical