Mostrando entradas con la etiqueta Valle-Inclán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valle-Inclán. Mostrar todas las entradas

4.9.08

Vilanova de Arousa e Pobra, con Valle, da man

O TEU PUNTO DE ENCONTRO

Eran horas. Non foi sen tempo. No canto de facer todo o posible porque ambas vilas sexan referente para mergullarse na vida e obra de Valle, ata agora adicáronse a pelexar como cativos. Chegarían xa á madurez os nosos políticos? E os nosos cidadáns? Agardamos que si.

Noraboa por esta foto, que tanto se fixo esperar.

5.5.08

Supoñemos que os fanáticos de Lost coñecerán esta web

VideoDirecto | MP4 videos and movies for iPhone, iPod or PSP

Por se non se enteraron aínda, no Ateneo Valle-Inclán houbo a primeira maratón do Barbanza -non sabemos aínda se de Galicia- sobre a serie Lost...

Información e fotos en http://barplaza.com
Blogged with the Flock Browser

29.4.08

Segunda parte de Jabon Blue

Inserido Video


Os ex Herdeiros da Crus. Bonito reatopamento. No Ateneo Valle Inclán de Ribeira. Imos ver o blog, por curiosidade: http://ateneovalleinclan.blogspot.com



Blogged with the Flock Browser

27.3.08

O vello Valle e os seus novos parroquianos

La Noche de Max Estrella, procesión laica madrileña. | soitu.es

Quen llo diría. Quen nolo diría aínda agora...
Blogged with the Flock Browser

6.3.08

¿Alumno de Valle?

Desde el esperpento

Turismo y Economía desde la perspectiva del Esperpento
Desdelesperpento


Non entendemos ben a qué esperpento se refire este blogueiro. Pode ser interesante. Por se non lembran o que é o esperpento:

esperpento.

(De or. inc.).

1. m. Hecho grotesco o desatinado.

2. m. Género literario creado por Ramón del Valle-Inclán, escritor español de la generación del 98, en el que se deforma la realidad, recargando sus rasgos grotescos, sometiendo a una elaboración muy personal el lenguaje coloquial y desgarrado.

3. m. coloq. Persona o cosa notable por su fealdad, desaliño o mala traza.

Blogged with Flock

28.2.08

Valle: 5.000 páxinas máis



A Cátedra Valle-Inclán da USC terá acceso ao legado dos manuscritos do escritor galego

• Actualizada o Xoves, 28 de febreiro de 2008 ás 13:24

A Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago terá acceso aos manuscritos, ata agora descoñecidos, do escritor galego para o seu estudo e publicación. Trátase dun fondo documental de máis de 5.000 páxinas, moitas inéditas, que a partir de agora poderá ser revisada polos investigadores da Cátedra compostelá.

Esta cesión formalizouse recentemente cun acordo entre os responsables da Universidade e os herdeiros do escritor, a familia Valle-Inclán/Alsina, que permitirá que os investigadores da institución académica accedan aos amplos fondos documentais orixinais, un legado que foi reunido, ampliado e conservado por Carlos del Valle-Inclán Blanco, fillo do escritor.

Os detalles desta cesión foron explicados este xoves nunha roda de prensa que presidiu o reitor da USC, Senén Barro,e  na que tamén participaron o neto do escritor, Javier del Valle-Inclán Alsina; o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; e a directora da Cátedra Valle-Inclán da USC, Margarita Santos Zas, para quen “ter entre as mans estes milleiros de páxinas é un auténtico tesouro”.

A Cátedra Valle-Inclán
A Cátedra Valle-Inclán da USC creouse en 2002 como marco de integración e apoio da tarefa de investigación, actividades e proxectos que desenvolve o Grupo de investigación Valle-Inclán da USC dende 1994. Entre as súas actividades ao longo de todos este anos destaca un seminario permanente impartido por especialistas na obra do escritor galego.

A Cátedra dispón ademais dunha Biblioteca cunha colección con selo propio dirixida pola profesora Santos Zas e que pretende servir de canle á difusión universitaria da investigación e contribuír ao mellor coñecemento da obra do autor galego.

Polo de agora, a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán ten publicado Mi bisabuelo, unha edición facsimilar do manuscrito autógrafo do escritor; El centro del círculo: La Lámpara Maravillosa, de Valle Inclán, de Virginia Milner; e Valle-Inclán, candidato republicano, de Amparo de Juan e Javier Serrano.

Proximamente publicarán a obra Archivo familiar de Valle-Inclán, unha descrición do fondo documental do autor; Letras de estima. Catálogo de obras dedicadas de la biblioteca de Valle-Inclán, de Javier del Valle-Inclán; e Todo Valle-Inclán en Roma (1933-1936), do Grupo de investigación Valle-Inclán da USC.


USC - Universidade de Santiago de Compostela

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical