Mostrando entradas con la etiqueta violencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia. Mostrar todas las entradas

23.11.12

Ribeira: Altofalante cubrirá estatuas este domingo, 25N, para facer un chamamento contra a violencia de xénero


Ribeira, 23 de novembro de 2012. A asociación Altofalante desenvolverá este domingo 25 de novembro unha actividade para visibilizar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A actividade pretende concienciar e sensibilizar á xente deste grave problema que nos afecta a todos e todas nós.

A actividade desenvolverase por diversas partes do centro do municipio e vai consistir en que Ribeira amenza o 25 de novembro con diversas estatuas e monumentos que hai no centro da cidade cubertos cuns plásticos negros e co manifesto preto delas para que a xente que se achegue a elas poidan ver o motivo de que estean cubertas.

Velaquí o manifesto que se vai colocar:

Media_httpfarm9static_cbvvp







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Altofalante cubrirá estatuas este domingo, 25N, para facer un chamamento contra a violencia de xénero


Ribeira, 23 de novembro de 2012. A asociación Altofalante desenvolverá este domingo 25 de novembro unha actividade para visibilizar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A actividade pretende concienciar e sensibilizar á xente deste grave problema que nos afecta a todos e todas nós.

A actividade desenvolverase por diversas partes do centro do municipio e vai consistir en que Ribeira amenza o 25 de novembro con diversas estatuas e monumentos que hai no centro da cidade cubertos cuns plásticos negros e co manifesto preto delas para que a xente que se achegue a elas poidan ver o motivo de que estean cubertas.

Velaquí o manifesto que se vai colocar:

Media_httpfarm9static_oppbg







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.11.12

Ribeira: programación polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

  • Presentaron un documento no que se recolle o itinerario de coordinación interinstitucional en materia de violencia de xénero que costou dous anos de traballo
  • Hai un ciclo de cine enfocado a maiores e charlas no auditorio sobre o tema

Media_httpfarm9static_igbgd

Aroa Fernández e Dores Crujeiras

Ribeira, 20 de novembro de 2012.- A Concellería de Igualdade do Concello de Ribeira, que dirixe Aroa Fernández Cadórniga, aproveitou a presentación dos actos organizados en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro, para facer a presentación pública do “Itinerario de coordinación interinstitucional en materia de violencia de xénero”: un documento que pretende que todas as institucións do contorno vinculadas con esta problemática se rexan por unhas pautas de actuacións predefinidas e coordinadas. Este texto veu a luz despois do traballo desenvolvido nos anos 2011 e 2012 por medio de reunións periódicas entre os profesionais competentes, pertencentes a ámbitos como o xudicial, sanitario, o xurídico, o policial ou o de servizos sociais.

O documento recolle, segundo afondou a directora do CIM Dolores Crujeiras, abundante información sobre os recursos existentes cando se produce unha posible situación de violencia de xénero e establece as pautas de seguimento e avaliación da eficacia rexistrada no tratamento dos casos. Aínda está pendente unha xornada de presentación deste documento aos profesionais implicados en xeral e outra dirixida aos sanitarios.

Ámbito educativo

En canto aos actos conmemorativos, a programación arrancou no día de onte, segundo manifestou Aroa Fernández, cunha xornada sobre prevención desenvolvida no Auditorio. Participaron alumnos de 4º de ESO dos distintos centros educativos do municipio. Entre os temas abordados, figuraban os estereotipos na pantalla e os realities, por parte de Francisco Negreira, xefe do Departamento de Imaxe da Escola de Imaxe e Son en A Coruña; e as relacións afectivas a través das novas tecnoloxías: unha charla que correu a cargo da psicóloga especialista en sensibilización e prevención creativa contra a violencia de xénero, Yanire Estébanez.

Tamén cos centros escolares, estase a desenvolver un Programa dirixido á xuventude que busca favorecer a coeducación tanto no ámbito educativo como no da familia e a sociedade. Os resultados queren servir para deseñar un paquete de accións en prevención e intervención en igualdade.

Maiores

No marco dos actos programados, mañá dará comezo, coa participación do Fondo Galego de Cooperación, un ciclo de cine enfocado aos maiores de Ribeira. Co nome de “As desigualdades de xénero”, esta acción terá lugar na Aula Multimedia situada na avenida do Malecón e á mesma asistirán en cada sesión media centenar de maiores que están a asistir aos obradoiros impulsados desde Servizos Sociais.
A acción dará comezo mañá coa proxección do filme “Princesas”, de Fernando León de Aranoa. O día 30 novembro emitirase  “O sorriso da Mona Lisa” (de Mike Newell); o día 5 de decembro “Iron Jawed Angels” (de Katja von Garnier) e, finalmente, o 14 de decembro, “Auga” (de Deepa Mehta).

Todas as sesións darán comezo ás 10 da mañá.

Noutros concellos:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.11.12

Ribeira: o luns 19 de novembro, xornada sobre prevención de violencia de xénero no ámbito educativo

  • Será no auditorio, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Media_http1bpblogspot_izscu

A psicóloga blogueira Ianire Estebánez falará de prevención de violencia de xénero

Ribeira, 16 de novembro de 2012.- O Concello está a preparar a través da súa Concellería Delegada de Xuventude e Igualdade unha nutrida programación de actividades destinadas a conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que terá lugar o vindeiro 25 de novembro.

A primeira desas actividades acontecerá este mesmo luns, día 19 de novembro. Trátase dunha xornada titulada “Prevención da violencia de xénero no ámbito educativo” que se desenvolverá no Auditorio de Riveira, con participación de alumnos e alumnas de distintos centros educativos do municipio.

Realities e "Mi novio me controla... lo normal"

A xornada dará comezo ás 16 horas coa ponencia “Os estereotipos na pantalla. A realidade dos realities”, impartida polo xefe do departamento de Imaxe na Escola de Imaxe de A Coruña, Francisco Negreira.

A continuación, ás 18 horas, terá lugar a conferencia “Enredámonos?”, a cargo de Ianire Estébanez, blogueira de http://minoviomecontrola.blogspot.com.es e psicóloga especialista en sensibilización e prevención contra a violencia de xénero.

A acción conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.11.12

Dodro: actividades da Semana contra a Violencia de Xénero, do 19 ao 25 de novembro

  • Este venres 16 de novembro dentro do Ciclo de Cine infantil e educación en valores "A ILLA DE NIM" na Casa da Cultura ás 17:00 horas.

Dodro_violencia

Dodro, 13 de novembro de 2012. O Concello de Dodro organiza actividades para a semana "Contra a violencia de xénero" con contacontos para nenos/as, charla-coloquio dos estereotipos da violencia de xénero, video foro coa proxección da película "Billy Elliot e teatro o venres día 23 e o domingo día 25, para pechar a semana coa concentración e lectura de manifesto en contra da violencia de xénero dos concellos de Padrón, Rois e Dodro na Praza de Macías O Namorado de Padrón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical