Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas

24.11.12

Boiro: rematan a limpeza do río Agramuíña no treito de Escarabote e A Madanela

  • As actuación levadas a cabo consistiron na retirada do material vexetal morto e restos inorgánicos, no desbroce da vexetación arbustiva e clareo da vexetación de ribeira, entre outros
  • Estas obras, que custaron 6.600 euros, entran no programa de mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa e as súas zonas de acceso e protección

Media_httpfarm9static_rgirq

Boiro, 24 de novembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar os traballos de mantemento e conservación no río Agramuiña ao seu paso polas parroquias de Escarabote e Madanela, no Concello de Boiro. Grazas a esta actuación adecuáronse e melloráronse máis de 600 metros deste río.

Os traballos levados a cabo consistiron na retirada do material vexetal morto e restos inorgánicos, no desbroce da vexetación arbustiva e o clareo da vexetación de ribeira augas arriba da Madanela, no afluente que se une ao Agramuíña pola marxe esquerda neste mesmo lugar, no treito de vivendas e tramo encauzado xunto ao paseo marítimo.

Estas obras están enmarcadas no programa de mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa e as súas zonas de acceso e protección. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, achegou un importe económico de máis de 6.600 euros para a execución deste proxecto de mellora. 




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.10.12

Natureza: a Sociedade Galega de Historia Natural alerta de tres novas especies invasoras

  • Denuncia o desleixo da Xunta de Galicia neste asunto

Media_httpwwwsghnorgs_byuse

Urocerus albicornis

Barbanza, 30 de outubro de 2012. Segundo denuncia hoxe no seu web a Sociedade Galega de Historia Natural, "a ONU, a través do informe da Secretaría do Convenio sobre a Diversidade Biolócica, Perspectiva Mundial sobre la Diversidad Biológica 3 (Montreal, 2010), considera que unha das cinco presións que afectan directamente á perda de biodiversidade son as especies invasoras. Segundo o estudo desenvolvido por DAISIE, en Europa rexistráronse 11.595 especies foráneas, das que máis de 1.000 están presentes en España. A consecuencia máis inmediata é a recollida no citado informe da ONU, así como en múltiples publicacións:

    Perda de biodiversidade e simplificación das cadeas tróficas, competencia por recursos de hábitat e tróficos, danos á saúde humana (Informe da Unión Europea do 2008 Comunicación da Comisión ó Consello, ó Parlamento Europeo, ó Comité Económico e Social Europeo é o Comité das Rexións).
    Perdas económicas. Na Unión Europea, os gastos anuais asociados ó control das especies invasoras e ó dano que ocasionan ascenden actualmente a 12.000 millóns de euros (In UE. 2010. Especies exóticas invasoras).

    Nos últimos dez anos, a situación das Especies Invasoras en Galicia, tanto a nivel de especies animais coma vexetais agravouse radicalmente, moi en especial no referente a especies vexetais, tales como Cortaderia selloana, expansión de Acacia spp., irregularización das prantacións de Eucalyptus spp., etc., aínda que as animais non son menores e de consecuencias tamén graves, tanto para a saúde coma para a economía: nemátodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), chinche do piñeiro (Leptoglossus occidentalis), avispón (Vespa velutina) e un longo etcétera.

SGHN coincide co sinalado en diversos estudos sobre o carácter prioritario da prevención, ó ser unha das vías máis económicas e efectivas. A vixiancia e rápida detección son fundamentais para reducir o problema. Igualmente a sensibilización cidadá, formación para axentes da administración, educadores ambientais, etc, son imprescindibles para informar dos impactos que producen as especies invasoras. A parte de investigación é un pilar inexcusable para optimizar os recursos e determinar os mellores enfoques posibles a este problema.

Tres novas especies que ameazan o medio ambiente galego


Nesta situación, nos últimos meses apareceron tres novas especies en Galicia (unha aínda non detectada pero presumiblemente presente):

    Vespa velutina, sobre a que a SGHN alertou á Xunta de Galicia en febreiro sobre un previsible paso a Galicia (o cal confirmouse estes días, a pesares das medidas levadas a cabo). Esta avespa xa fora detectada en 2004 en Francia e procede de Indochina.
    Urocerus albicornis, detectada no verán por un equipo de entomólogos da SGHN que alertou do perigo potencial á Xunta de Galicia, da cal aínda non se recibiu resposta. No País Vasco hai cinco anos que a coñecen. Métese no medio da cortiza de coníferas e axuda a pudrilas.

Media_httpuploadwikim_bveyh

Avispiña do castiñeiro, na Wikipedia


    Dryocosmus kuriphilus. Tamén coñecida como avespa do castiñeiro. A Xunta de Galicia abriu estes días unha campaña de información sobre a posible presencia doutro invasor que ataca ós castiñeiros, rebaixando a súa produción e en caso extremos matando á árbore.

Por todo isto, SGHN vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente que resposte aos escritos de SGHN alertando da presencia de Urocerus albicornis e do posible paso de Vespa velutina aportando información das medidas adoptadas pola Consellería para o seu control e/ou erradicación".

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.10.12

Noia: relacionan a desastrosa campaña marisqueira coas obras da variante na Ría

  • O alcalde sinala que hai máxima preocupación por este asunto e que está en contacto coas consellerías de Medio Ambiente e de Pesca, así como con Intecmar
  • Nun mitin onte en Portosín, a candidata socialista ao Parlamento Marisol Soneira criticou que a Xunta inda non indemnizara ás 1.400 familias afectadas polas obras da variante na Ría de Noia
http://farm5.staticflickr.com/4046/4350967439_6b8ac95d37_z.jpg?zz=1Vista satélite da variante de Noia. O viaduto que cruza a Ría está apousentado en bancos de marisco riquísimos ata agora          Noia, 18 de outubro de 2012.- A candidata socialista ao Parlamento de Galicia, Marisol Soneira, lamentou onte pola tarde no decurso dun acto electoral en Portosín o feito de que a Xunta aínda non teña indemnizado ás 1.400 familias da zona afectadas polas obras na ría de Noia. Segundo Soneira, a produción pesqueira e marisqueira, especialmente a do berberecho, tense resentido enormemente esta temporada por múltiples factores ligados á “incompetencia” da Xunta en materia de política pesqueira."Hai contratado seguro para estes danos?", pregunta o PsoePara Soneira, as obras da variante de Noia na ría teñen afectado á “produtividade” nos bancos de berberechos da zona e cualificou de “desfeita” que unha parte da ría de Noia se teña declarado zona C. Marisol Soneira pide que a Consellería de Pesca faga públicos as análises de calidade de auga que posúe a Consellería desde o inicio das obras da variante, así mesmo pide que o servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio ambiente dea explicacións das afeccións que está a sufrir a zona de Rede Natura onde se atopan os bancos marisqueiros polas obras ou se existe influencia das gaiolas de salmón. Tamén pide explicacións ao conselleiro de Medio Ambiente por se ten contratado un seguro por posibles danos durantes as obras da variante de Noia.Declaracións do alcalde de Noia: "A preocupación é máxima"https://twitter.com/rafaelguerrero/status/257895429335810048https://twitter.com/rafaelguerrero/status/257934134339596288Tuits do 15 de outubro do alcalde noiés cando comezou a campaña marisqueira en NoiaO alcalde de Noia, o socialista Rafael García Guerrero, afirma que "a diminución de berberecho nos bancos marisqueiros é un desastre para economía local e a nosa preocupación é máxima". O rexedor, que sempre se opuxo ao viaduto sobre a Ría, ao igual que o goberno bipartito anterior na Xunta de Galicia, por temor a posibles efectos sobre a maior fonte de riqueza da economía de Noia, declarou que "cando a Xunta nos comunicou o cambio de clasificación de zona B a C mantivemos inmediatamente contactos coas consellerías de Medio Ambiente -que está facendo a variante de Noia- e coa Conselleira de Pesca e tamén con representantes do Intecmar". Rafael García Guerrero sinala que "a nosa economía depende do marisco e cos recortes da Xunta a todos os niveis faltaban medios para controlar o furtivismo, pero a principal preocupación agora é o empeoramento na calidade da auga e o cambiada que está a praia".Inicio desastroso e apupos ao presidente da confraríaNamentres o ano pasado pasaran polas lonxas do Freixo e Testal nada menos que 51 toneladas de marisco no inicio de campaña, desta volta apenas chegaron ás 30, ou sexa, máis de 20.000 quilos menos de bivalvos. Esta mesma semana, o presidente da confraría noiesa, Santiago Cruz, explicaba na Radio Galega que as mariscadoras a pé conseguiran xuntar os seus cupos pero os mariscadores en embarcación estaban moi lonxe de conseguilos. Este directivo da confraría bótalle a culpa ás condicións meteorolóxicas. Segundo nos contaron veciños que presenciaron o incidente, Santiago Cruz foi apupado por parte dos mariscadores neste inicio de campaña marisqueira, con berros de "arruinastes a praia coa ponte do PP". http://farm5.staticflickr.com/4015/4351716234_b64f1f424c_z.jpg?zz=1Recreación virtual de como quedará a ponte sobre a Ría de Noia ao remataren as obras467.000 euros nun convenio en outubro do ano pasadoO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o patrón maior da  Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, Santiago Cruz  Martínez, asinaron o 26 de outubro de 2011 en San Caetano (sede da Xunta de Galicia en Santiago) un acordo polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio  e Infraestruturas establece unha cantidade de 467.200 euros para  compensar a afección temporal aos recursos marisqueiros mentres duren as  obras da a variante de Noia. As obras consisten na execución dunha ponte sobre a ría que enlazará a VAP Brión-Noia coa estrada AC-550 en  Taramancos.

O acordo establecía "compensacións económicas debido á ocupación temporal da zona coa plataforma de traballo, ademais dunha posible afectación na produción marisqueira. A vixencia do mesmo é de tres anos". As afectacións derivadas das obras foron determinadas na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) elaborado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, onde se especifica que se nos estudos da dinámica litoral da ría de Muros e Noia afectados pola construción do viaduto se derivasen afeccións a hábitats produtivos, elaborarase unha memoria de medidas compensatorias. A Xunta non informou aínda de cando se fará esta memoria inda que, como estamos en campaña electoral, todo serán promesas estes días.

O barato pode saír moi carohttp://farm7.staticflickr.com/6080/6130791937_e45e62b17c_z.jpgVisita de Agustín Fernández ás obras da variante en setembro de 2011Segundo publicamos en xullo de 2011 en Certo, a actual Xunta fachendeou de que a variante noiesa que Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, proxectou e adxudicou á empresa na que antes traballara, Puentes y Calzadas, era moito máis barata que a que proxectara o Bipartito polo interior:"Cabe lembrar tamén que a variante de  Noia polo interior que tiña previsto facer o bipartito, e que non foi capaz de iniciar, tiña un custe de 80 millóns de euros, polo que a actuación que vai a levar a cabo o actual Goberno implica un aforro de 47 millóns de euros para as arcas autonómicas con respecto ao que  pretendía facer o bipartito. Pese á demagoxia e os atrancos do principal partido da oposición, a Xunta vai facer unha auténtica variante de Noia: máis vertebradora, cun trazado máis curto, con menor impacto ambiental e, ademais, en menos tempo e por menos da metade de prezo do que pretendía facer o anterior goberno", dicía literalmente aquela nota da Xunta de Feijóo.Outro caso en Galicia de berberecho desaparecido: Fozhttp://farm7.staticflickr.com/6165/6153283262_21e36cb5d3_z.jpgCuriosamente, unha das localidades costeiras de Galicia que tiña unha gran produción de berberecho como Noia hai medio século, Foz, na Mariña de Lugo, comezou a perder todos os seus bancos marisqueiros ao facérense obras nos peiraos propios e cercanos, por cambiaren as correntes e acumularse áridos onde antes non o facían. Agora, en Foz, do berberecho só queda a lenda e unha das poucas Festas do Berberecho galegas que, paradoxalmente, trae todo o seu produto gastronómico de Noia e Rianxo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.9.12

Dodro: rematada a limpeza dos regos de Manselle e Imo que verten no Ulla

  • Logo de moitos anos, segundo o equipo de goberno do PP, pódese case chegar ao río Ulla a través destas sendas fluviais

Manselle_e_imo

 

Dodro, 20 de setembro de 2012. No día de onte, segundo informa o Concello de Dodro, finalizouse a limpeza dos regos de Manselle e Imo que desembocan no río Ulla. "Por primeira vez en moitos anos pódese ver o cauce destes regatos, que prácticamente estaban desaparecidos a causa da acumulación de terra e a falta de limpeza. Paseando polo rego de Manselle chégase ata escasos metros do río Ulla, cousa que ata onte era unha misión case que imposible. No rego de Imo, houbo de facerse de novo o rego, xa que aínda que estaba planificado e recollido nos planos de parcelaria, nunca chegou a facerse", explica Marisol Boga, tenente de alcalde dodrense.

"Coa limpeza destes dous regatos cúmprese o compromiso do Concello de Dodro de finalizar a obra iniciada o ano pasado, pouco despóis de asumir o goberno o Partido Popular. En total foron máis de 1.200 metros de cauce o que foi limpado, para o que se contou ca colaboración da Demarcación de Costas que financiou a obra, o servizo provincial de Medio Ambiente da Xunta de Galicia así como de Augas de Galicia, que en todo momento facilitaron a realización das labores necesarias", engade.

Coa recuperación dos cauces destes dous regatos, iniciase unha fase de recuperación das Brañas de Laíño para disfrute de todos aqueles que gostan da natureza, e por outra banda, evítase a creación de lameiras que cada ano se iban incrementando, facendo prácticamente imposible o acceso peonil.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.9.12

Ribeira: soltan 122 perdices para repoboar o coto da sociedade "Caza e Pesca Barbanza"

 http://farm9.staticflickr.com/8176/7982425611_e186e0170f_z.jpg 

Ribeira, 13 de setembro de 2012.- O Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas efectuou esta mañá unha solta de 122 perdices no municipio de Ribeira.

Media_httpfarm9static_mfuii

Media_httpfarm9static_rgcof

Esta acción foi levada a cabo co obxectivo de sementar e repoboar o coto da Sociedade Caza e Pesca Barbanza. Actuouse en diferentes puntos. Entre eles, os lugares de Muíño da Correa, Balteiro, Frións, Laxes ou Castelos.

A solta contou coa colaboración do Concello de Ribeira e tamén participou un axente do Parque Natural.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.7.12

Porto do Son: este xoves 19, xornada de voluntariado ambiental na praia de Areas Longas e nas lagoas

Media_httpfarm6static_pvgcg

Flor da Pampa ou "plumeiros" en Porto do Son. Está considerada especie invasora e o Concello promoveunas como ornamentais

Porto do Son, 17 de xullo de 2012. ADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.

 As acción propostas na iniciativa “Conservando as nosas dunas” promoven accións  voluntarias que teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar  a problemática de espcies invasoras e promover iniciativas de custodia litoral. Outros dos obxectivos é facilitar ferramentas de conservación para acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

A primeira iniciativa dentro do proxecto Conservando as nosas dunas desenvolveuse na Praia da Corna no Concello da Pobra do Caramiñal, onde se deron cita 25 voluntarios e voluntarias o día 5 de xullo.

O xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia das Areas Longas no concello de Porto do Son, co cal ADEGA vén de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello.

Esta praia posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos humidais). Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras.

O programa será similar ao do día 5 de xullo na Praia da Corna:

9.00h          Saída dende Santiago de Compostela             

10.00          Chegada á praia de Areas Longas (Porto do Son)

10.15          Presentación da actividade

10.40          Roteiro pola Praia e as lagoas

12.00          Comezo dos traballos de eliminación e limpeza

14.30          Xantar

16.00          Continuación dos traballos

18.30          Remate dos traballos, toma de datos e foto de grupo

19.00          Regreso

Esta é unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte (dende Compostela) e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:

Lucía Parente

Email: lucia@adega.info

Tlf: 981 57 00 99

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.5.12

Rianxo: primeiro concello da bisbarra en posicionarse contra as fumigacións do gorgullo do eucalipto

  • Estaba previsto fumigar máis de 3.000 hectáreas en Rianxo cunha sustancia que deixará de ser legal este ano, ao prohibila expresamente a Unión Europea

A Plataforma contra as Fumigacións presentou o 21 de maio de 2012 86.426 sinaturas contra os tratamentos aéreos con Flufenoxuron en Galicia. A campaña fíxose a través de change.org (http://www.change.org/petitions/salvemos-las-abejas-de-galicia-queremosabellas)

Rianxo, 22 de maio de 2012. O Concello de Rianxo solicitou mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Montes da Xunta de Galicia que se prohíban as fumigacións que teñan previstas no municipio nas extensións de eucaliptais. Quérese evitar así calquer produto químico que conteña a sustancia activa flufenoxurón, non aprobada e prohibida a día de hoxe pola Unión Europea e a piques de erradicarse definitivamente, tal como se instou no Reglamento de execución da UE 942/2011.

Tal e como consta na Comisión da Unión Europea esta sustancia “demostra efectos inadmisíbeis para o comportamento acuático… persistente, bioacumulábel e tóxico…” e insta a que deixen de comercializarse os biocidas que a conteñan. A piques de desaparecer do mercado os produtos que leven este compoñente e rematar a finais de ano a moratoria última que deu a comisión europea para eliminalo "sorprende o empeño da Xunta en seguilo a aplicar en Galicia e particularmente en 3.362 hectáreas de Rianxo cando todos os estados da Unión son avisados de que esta sustancia non se aproba e se fai un chamamento tallante a erradicalo antes de finais de ano", sinalan dende o Concello.

Información áos comuneiros de montes

O Concello de Rianxo dirixirase ás comunidades de montes do concello para informarlles desta situación e que sexan coñecedores dos efectos sinalados no produto, tendo en conta ademais que moitos dos acuíferos que dan servizo ás traídas veciñais poden ser afectados e con efectos non comprobados sobre a saúde das persoas. O que si está comprobado é que acaba coas abellas, tan importantes para a agricultura e para o proceso da vida na terra tal e como a coñecemos agora.

Tamén, en Rianxo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.9.10

Medio Ambiente: Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia, por Verdegaia

Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia PDF Imprimir Correo-e

 A produción, a transformación e o consumo de enerxía son a princct_meirama.jpgipal causa de deterioración ambiental, tanto en Galicia como a nivel mundial. Convidámoste a ler as respostas actualizadas a algunhas cuestións básicas para entendermos mellor a realidade enerxética da nosa terra: cais son as fontes enerxéticas empregadas en Galicia?, somos un país excedentario en enerxía?, a electricidade xerada nos parques eólicos substitúe á electricidade sucia?, que custos dentro e alén das nosas fronteiras implica o modelo enerxético galego?, que propón Verdegaia para avanzarmos cara a un modelo enerxético sustentable?,...

1. Cales son as fontes enerxéticas empregadas en Galicia?

A enerxía primaria son os recursos enerxéticos empregados para un uso final  ou para a súa transformación noutra forma de enerxía (por exemplo, carbón ou vento para xerar electricidade). Segundo o Balanzo enerxético para o ano 2008 do Instituto Enerxético de Galicia -o último dispoñible- só o 13,2 % da enerxía primaria total é de orixe renovable (hidráulica, eólica, solar, biomasa e outros residuos de biomasa). Xa que logo, a maior parte da enerxía primaria procede de combustibles fósiles. O petróleo constitúe a principal fonte de enerxía,  fornecendo o 57,6% da enerxía primaria total. A achega do gas natural medrou moito nos últimos anos até chegar en 2008 a supor o 14,3% e superar así lixeiramente en importancia ao carbón, que agora é a terceira fonte, proporcionando o 14,1% da enerxía primaria.

O artigo enteiro en http://www.verdegaia.org/content/view/176/122/
Convén lelo para desmontar tópicos que temos arraigados na cachola (como que somos excedentarios en determinadas enerxías).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.6.10

Medio Ambiente: a desfeita de BP no Golfo de México cobre centos de golfiños e baleas de petróleo

O activista John Wathen colouse coa súa avioneta e gravou este vídeo. E pídenos a todos os internautas que o difundamos, xa que o goberno americano está impedindo que se coñeza o auténtico alcance deste desastre.
http://bpoilslick.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.6.10

Ribeira: está na lista vermella de WWF España por non ter controis sobre produtos forestais

via wwf.es

Ribeira, 16 de xuño de 2010. Dentro do seu observatorio "Cidades polas fragas", a organización ecoloxista WWF, na súa sección de España, meteu á cidade de Ribeira xunto a outras 17 localidades galegas na súa lista vermella, ao considerar que non teñen os controis suficientes sobre o tipo de madeira que consumen. Segundo esta asociación ambientalista, son merecentes de estar neste listado as cidades con máis de 20.000 habitantes que aínda non desenvolveron instrumentos para evitar a entrada de produtos forestais de orixe insostíbel ou que non facilitaron información ao respecto a WWF.

O Observatorio Cidades polos Bosques, de WWF España, valorou as medidas que toman os gobernos das cidades de España con máis de 20.000 habitantes para evitar a compra de produtos forestais de orixe ilegal e dar prioridade a aqueles que proceden da xestión ambiental e socialmente responsable dos bosques.

WWF España incluíu a 18 cidades galegas na súa lista vermella: Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lalín, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Narón, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Esta organización non incluíu ningunha localidade galega na lista verde de cidades que contan cun programa de compra responsable de produtos forestais que controla a orixe sostíble de produtos e dá prioridade a aqueles certificados por un sistema certo como o FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Administración Forestal). Máis información en http://www.wwf.es/que_hacemos/bosques/nuestras_soluciones/gestion_forestal/

Só A Coruña e Oleiros están na lista ámbar de cidades que incorporan nas súas compras algún instrumento de control sobre a orixe da madeira, pero que resulta insuficiente.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

2.10.09

Rianxo: Verquido das fecais ao río Té nas Miráns, Araño

O BNG de Rianxo solicita a inmediata actuación municipal no Campo da Ponte, nas Miráns-Araño

O río Té está recibindo directamente o verquido de fecais desde a rede de sumidoiros polo probábel mal funcionamento dun bombeo nesta área recreativa do Araño

O BNG de Rianxo, a través da súa voceira Adelina Ces, demanda a urxente actuación no Campo da Ponte, na área recreativa das Miráns, onde a rede de sumidoiros está a verquer directamente fecais ao río Té, diante do que parece con toda probabilidade un mal funcionamento do bombeo que debería estar canalizando á rede xeral e non directamente ao río.

É un episodio máis do que se repite constantemente e temos denunciado desde o BNG de Rianxo: o constante mal funcionamento dos bombeos, a falta dun sistema de avisos automático á concesionaria e a posta en marcha dun protocolo para actuar con inmediatez. É preciso se faga unha revisión xeral de todos os bombeos pois unha vez é no Araño, outra en Asados, ningunha parroquia nin a ría se libran destas deficiencias dos sumidoiros de Rianxo.

O sistema común dos bombeos de ter aliviadoiros canalizados aos regatos para que en caso de problemas verta sen tratamento en ningún caso pode ser excusa para que coa menor tardanza o Concello actúe sobre as eivas dos bombeos e non agardar unha denuncia veciñal. Débese implantar un sistema automático de aviso á central de Rianxo. Non é a primeira vez que este bombeo do Campo da Ponte da problemas e mesmo os veciños teñen denunciado ao SEPRONA este problema.

O BNG cre necesario diante da reiteración dos atascos unha renovación e posta ao día do equipamento de boa parte dos bombeos, que en vez de renovarse se cambia de sitio. Tamén que se estude impoñer sancións á concesionaria se non cumpre coas obrigas do seu contrato e solucione este e os verquidos do porto denunciados tamén recentemente.

Mais non remata aquí a esixencia do BNG que comprobou tamén o estado de abandono da área recreativa con maleza, con estragos no mobiliario urbano, con plásticos no río (ademais da celulosa procedente dos sumidoiros) e coa falta de recollida de lixo na zona. De aí que se demande tamén unha limpeza exhaustiva e adecentamento desta paraxe.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

6.5.09

Bos consellos para coidar animais enfermos


Os rapaces de Axena ofrecen información e consellos para coidar animais feridos ou enfermos que atopemos. Ata gaivotas! Aquí

18.9.08

Non lle toques os xenitais a Gaspar



Non o decimos nós. Está escrito no tríptico que o Cemma vai repartir por toda a costa galega para que a xente que se atopa co arroaz turista non tolee e o moleste. Se premes na imaxe, terás o tríptico na túa pantalla (dúas páxinas en pdf)

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical