Horacio foi o poeta romano aquel que deixou escrito nas súas Odas o de "Carpe diem quam minimun credula postero", ou sexa, aproveita o día, non confíes no mañá. Goza da vida. Aquilo era polo século I antes de Cristo. Uns amigos de Jose, aquí nesta vella esquina que tamén formou parte do Imperio Romano, voltan a lembralo. Nós non entramos nin saímos, Jose. Fai o que che pete!
Si, señores, como llo contamos. Este músico tan xenial no seu -para o que lle guste- pero tan parvo na predición do futuro (acaba de dicir que internet está caduca e que non vale para a música) púxolle "20ten" ao seu próximo disco. Vinte10 é o nome da televisión cultural do Instituto de Porto do Son, un xogo de verbas que pensaron ben antes que este excéntrico cantante. Miren http://certo.posterous.com/?sort=&search=vinte10
"A culpa é bossa"... E iso que dixemos que en Certo non íamos falar do Mundial. Mais esta foto que tiñamos había que empregala! Visto en Tavira (Algarve portugués)
En só 48 horas. Primeiro poñen o resultado e logo como se fixo... É impresionante que cun cacharriño tan pequeno se poida acadar este nivel. A editora quéixase de que lle doen os dedos, nembargantes. Normal!
Subímolo ao Flickr vía Universidade de Sevilla, que contan cunha exposición de mapas de toda España anteriores a 1801. En http://expobus.us.es Preman na foto e logo na lupa ata coller o tamaño máis grande e poderán velo claramente.
Impresa en Santiago por Sebastián Montero y Frayz. O anónimo que a mandou imprimir era un cura de Rianjo (patria del religioso artífice). Rianjo segue a ser o nome polo que Rianxo é coñecido, por exemplo, en Google Maps. Tamén moita xente que veranea en "Sangenjo" coñece "Rianjo". Atopamos este documento vía Europeana (http://europeana.eu), unha iniciativa que aínda está moi faltiña de marabillas literarias e artísticas galegas.
Zan Hoffmann -usuario zanstones de Youtube- compuxo este tema en defensa do idioma e fixo o vídeo -tan mareante como a canción- na Serra da Capelada, ao pé do santuario de San Andrés de Teixido. "Inspired by modern and historic Galego language prosecution I was inspired to write this Galego language anthem", argumenta. Lyrics: Galego translation by Ana Belén Barrera: Vive o galego! Esta é a historia dun home que é po, cuxo nome, se o dis, deixa mal sabor de boca. Un día embebedouse co poder e, drogado pola desconfianza, tratou de borrar das bocas da súa xente as verbas coas que falaban dos seus mundos e das súas vidas Dixo: para avanzar cara o futuro, a vosa lingua ten que morrer E este home esmagou o que non puido destruír Pero as verbas dun pobo resisten unha vida de odio e rancor Agora el é po, e a lingua está viva Franco está morto mais vive a Galiza Franco non puido co galego, aínda que o intentou. Este conto non rematou no setenta e cinco Ao inferno co estado!!! Fala galego para que sobreviva" Quen é Zan Hoffman? O seu MySpace: http://www.myspace.com/zanhoffmanlive E a súa estadía por estas terras en http://zhspain.blogspot.com (vía Vieiros)
Jardines del ayuntamiento de Boiro antes de su desaparición Este edificio y jardines fueron sustituidos por un "precioso" parking subterráneo y una "preciosa" plaza, sosa y anodina por la que se puede pasear sin tropezarte con nada. Algunos a esto lo llaman progreso.
Chuck Greenwood inventou este vehículo que emprega un sistema de transmisión que transforma a enerxía do movemento oscilatorio en rotacional, co que se propulsa o coche. Véndeo por Internet. Humildemente lle aconsellamos unha capota para que alguén o merque por estes lares.
Mais como segundo vehículo e para fardar por aí no verán, vémoslle moitas, pero que moitas opcións. Prezo? Din que entre 4.000 e 12.000 euros. Segundo os extras. Pero non sabemos se o paraugas é un complemento ou vén de serie. Para que o queres se non o podes empregar?
Si, como a ven. Feita con tiras de bacon. Está a ser un fenómeno no Flickr o seu autor, un tal Kelley. Uns chámano "xenio", outros alcúmano con nomes ben menos xeitosos. Poden ver a construción desta "artistada" no flickr de Kelley:
Habían inventar algo así para os paraugas. Pero o invento tiña que permitir seleccionar o número de paraugazos (golpes dados cun paraugas) na testa que lle ías dar ao que cho roubou. Mágoa que sexa analóxico o paraugas. E por moitos anos!