Mostrando entradas con la etiqueta xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornadas. Mostrar todas las entradas

16.11.12

Ribeira: o luns 19 de novembro, xornada sobre prevención de violencia de xénero no ámbito educativo

  • Será no auditorio, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Media_http1bpblogspot_izscu

A psicóloga blogueira Ianire Estebánez falará de prevención de violencia de xénero

Ribeira, 16 de novembro de 2012.- O Concello está a preparar a través da súa Concellería Delegada de Xuventude e Igualdade unha nutrida programación de actividades destinadas a conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que terá lugar o vindeiro 25 de novembro.

A primeira desas actividades acontecerá este mesmo luns, día 19 de novembro. Trátase dunha xornada titulada “Prevención da violencia de xénero no ámbito educativo” que se desenvolverá no Auditorio de Riveira, con participación de alumnos e alumnas de distintos centros educativos do municipio.

Realities e "Mi novio me controla... lo normal"

A xornada dará comezo ás 16 horas coa ponencia “Os estereotipos na pantalla. A realidade dos realities”, impartida polo xefe do departamento de Imaxe na Escola de Imaxe de A Coruña, Francisco Negreira.

A continuación, ás 18 horas, terá lugar a conferencia “Enredámonos?”, a cargo de Ianire Estébanez, blogueira de http://minoviomecontrola.blogspot.com.es e psicóloga especialista en sensibilización e prevención contra a violencia de xénero.

A acción conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.10.12

Rianxo: este venres 19, xornadas de convivencia entre o club de remo local e Ámbar

Remo_ambar

Rianxo, 17 de outubro de 2012. Este venres, 19 de outubro, terán lugar as primeiras xornadas de convivencia entre o Club de Remo Rianxo e a Asociación AMBAR.

O obxectivo da actividade é que persoas con diversidade funcional teñan acceso ao deporte do remo, coñecendo as interioridades e caracterísiticas desta modalidade deportiva, co fin contribuir á súa integración e mellora da calidade de vida.

Así, directivos, adestradores e deportistas  do Club de Remo Rianxo farán de anfitrións para os membros de AMBAR e mostraranlle as súas instalacións, os materiais e embarcacións que utilizan e terminarán cun Bautismo de Mar en traiñeira que lles permitirá vivir en primeira persoa a sensación de remar nesta embarcación deportiva tradicional.

Tamén, en Rianxo:


A xornada desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 h. no Club de Remo Rianxo e nas augas da ensenada de Rianxo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.5.12

Ribeira: as charlas sobre cans deste venres 25 tratan do adestramento e convivencia coas mascotas na cidade

  • As ponencias terán lugar no centro de San Roque
  • A última andaina destas xornadas "Encanínate" terá lugar este domingo 27 de maio e sairá dende Deán (dende a chamada pista vermella / pista deportiva). Todos os asistentes deberán presentarse ás 9.30 horas no lugar da saída

Media_httpfarm5static_gbhdd

Ribeira, 23 de maio de 2012.- Este venres día 25 de maio, a partir das 20 horas, terá lugar no centro de interpretación do Parque Periurbano de San Roque o ciclo de charlas incluído dentro da programación das xornadas Encanínate: unha iniciativa coorganizada polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett.


Estas xornadas perseguen difundir aspectos sobre o adestramento en positivo e a boa convivencia dentro dos medios urbanos entre as persoas e as mascotas. Serán gratuítas e están abertas a todo o público que desexe acudir.

O programa constará da seguinte estrutura:

 20.00 – 20.40 / "Aprende a educar" Ángel Mollá (Adestrador canino):

1. ¿Por que educar antes de adestrar?

2. A importancia da educación canina.

3. Quero comprender ao meu can.

    - A linguaxe dos cans.

    - Como podo comunicarme con el e que me entenda?
 

 20.45 – 21.30 / "Mitos e realidades sobre as vacinas e desparasitacións" Alejandro LLovo Otero (Veterinario):

Tratarase de desmontar falsas crenzas sobre as vacinas e o  desparasitado dos animáis de compañía.

21.30 – 22.00 /  Mesa redonda: “Convivencia entre humanos e mascotas”

Coa participación de Pedro Fernández, xefe interino da Policía Local de Ribeira;  Jesús Freire, concelleiro delegado de Benestar Comunitario do Concello e  Rosa Guerra, responsable do servizo lacería municipal (moderadora)

Última andaina, este domingo 27

Media_httpfarm4static_nedlh

Zona da Pedra das Cabras, con petróglifos, en Ribeira


Por outra banda, a última andaina das xornadas Encanínate terá lugar este domingo 27 de maio e sairá dende Deán (dende a chamada pista vermella / pista deportiva). Todos os asistentes deberán presentarse ás 9.30 horas no lugar da saída.

Nesta ocasión percorrerase o monte de san Alberto, pasando pola Pedra das Cabras, os Muíños de Auga e outros sitios de interese paisaxístico e ambiental.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.4.12

Ribeira: comezou "Encanínate", con 26 persoas que lle aprenderon aos seus cans técnicas para mellorar o comportamento


Ribeira, 16 de abril de 2012.- A  primeira xornada do programa Encanínate -iniciativa promovida polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett- rexistrou no día de onte unha magnífica participación coa intervención na experiencia dun total de 26 persoas que estiveron acompañadas dos seus respectivos cans.
 

A de onte foi unha xornada de socialización na que, da man dos adestradores profesionais Ángel Mollá e Marco Antonio Pérez, os asistentes aprenderon algunhas técnicas para mellorar o comportamento dos seus animais tanto a nivel individual como cando están en grupo. Así mesmo, a sesión serviu igualmente para efectuar un control veterinario e de microchip.
 

Acto seguido, todos os participantes puideron disfrutar dunha andaina de 45 minutos de duración e dificultade medio-baixa polo entorno do parque periurbano de San Roque. O concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez Queiruga, tomou parte na experiencia. 
A vindeira xornada de socialización terá lugar o vindeiro día 29 de maio a partir das 10 horas e sairá ao igual que a actividade de onte dende a explanada localizada fronte aos xulgados de Riveira. Previamente, ás 9.30 horas, haberá un control veterinario para todos aqueles animais que non o pasaran no primeiro día.

 
Cómpre lembrar que estas xornadas son gratuítas e os interesados en dispor de maior información e descargarse o regulamento poden visitar a páxina web do Concello (www.riveira.com) ou as redes sociais da Asociación Sálvora de facebook e tuenti (riveiratrekaventura). As inscricións hai que facelas na Oficina Municipal de Deportes situada no polideportivo de A Fieiteira (tamén por enderezo electrónico a riveira@deportes.com).



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.4.12

Rianxo: "Zona da Zanfona 2012" vaise celebrar entre o venres 20 e o domingo 22 de abril

Media_httpfarm4static_ihhsb

Zanfoneiro tocando na Feira de Artesanía de Ribeira

Rianxo, 13 de abril de 2012. Do venres 20 ao domingo 22 de abril terá lugar en Rianxo o 8 Encontro Internacional: Zona da Zanfona organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, en colaboración co Concello de Rianxo.

Zona da Zanfona 2012 é o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, onde cada ano, aCentral Folque achega os mellores intérpretes e compositores para amosar a súa arte e impartir cursos prácticos para os especialistas deste instrumento milenario que está a rexurdir cunha forza consolidada nos últimos 10 anos e dos que este encontro é a cita máis importante do ano nesta periferia de Europa. Os mestres convidados deste ano son os franceses Gilles Chabenat e Patrick Bouffar.


Un deles é Gilles Chabenat...

Zanfona_rianxo

O programa que se vai desenvolver é o seguinte:

  • VENRES 20 DE ABRIL

- 19.00 h Praza Rafael Dieste "Zanfonas á rúa"

- 21.00 h Auditorio de Rianxo "Concerto Tour à tour" de Gilles Chabenat & Patrick Bouffard

  • SÁBADO 21 E DOMINGO 22 DE ABRIL

- Curso de zanfona con Chabenat e Bouffard

Para máis información poden consultar o seguinte enlace

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.1.11

Rianxo: a segunda xornada do programa "Ceo das Letras" na Cidade da Cultura está adicado a Manuel Antonio

(Rianxo, 1900–1930). Ventos rebeldes, luces estantías, afogados inmortais, amigos fraternos, gaivotas anónimas, horizontes esculcados na procura da liberdade, a súa vila natal, veleiros empopados, son, na obra de Manuel Antonio, fareiro da nosa realidade, o sol que sempre volve á nosa terra.

12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.

13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.

Hai que reservar praza, na páxina indicada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical