Mostrando entradas con la etiqueta pp. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pp. Mostrar todas las entradas

11.10.10

Porto do Son: o PP insta á aprobación do Plan Especial do Castro de Baroña para protexelo

TOMÉ INSTA O GOBERNO DO PSOE E BNG A APROBACIÓN DO PLAN ESPECIAL DO CASTRO DE BAROÑA.

* UN INFORME DOS EXPERTOS ALERTAN DA GRAVE SITUACIÓN NO QUE SE ATOPA O VESTIXIO CELTA.

*O PLAN REDACTADO DURANTE O GOBERNO POPULAR, CONQUERIU TÓDALAS AUTORIZACIÓNS NECESARIAS.

*ESTA FIGURA URBANÍSTICA É NECESARIA E IMPRESCINDIBLE PARA REDACTAR O FUTURO PLAN DIRECTOR.

Porto do Son, 11de Outubro de 2010

O Portavoz sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, insta o goberno bipartito do PSOE e BNG a que o Plan Especial do Castro de Baroña, sexa levado ó vindeiro Pleno Ordinario para a súa aprobación.

Hai que lembrar que a Redacción de dito Plan Especial foi cofinanciado polo Goberno Popular Sonense xunto á Consellería de Cultura tendo un coste de trinta mil euros.

Dada a voz de alarma que distintos expertos na materia están a amosar por mor do rápido e progresivo deterioro que está a sufrir o vestixio, fai que o tempo sexa un instrumento prioritario en canto ás primeiras actuacións de emerxencia a levar a cabo.

Esta iniciativa foi levada a Pleno para a súa aprobación no derradeiro Pleno Ordinario do mes de Outubro 09 presidido por Manuel Tomé , no que foi rexeitado polos Grupos que agora forman parte do Goberno Municipal xustificando que non se chegara a acordos cos afectados no ámbito da actuación.


Distintas agresións sufridas polo vestixio durante os dóus últimos anos, ben sexa, a construcción de milladoiros dentro do castro, as acampadas ilegais, visitas descontroladas, vasoira que deixan os visitantes dentro da mesma, etc…fan que xa non se poida esperar máis en escomenzar a actuar no ben para intentar na medida do posible minimizar os impactos e afeccións.

A aprobación de dito Plan Especial, que en esencia significa unha ordenación urbanística do ámbito, non supón en ningún caso ningunha expropiación ou similares dentro da delimitación.

Esta aprobación é o paso previo necesario para empezar a redactar o Plan Director do Castro, que vai supor ás delimitacións e usos o igual que as actuacións en distintas fases a levar a cabo para protexer o ben.

Dende o Partido Popular Sonense visto que este Goberno do PSOE e BNG segue deixando durmir no caixón da Alcaldía dito Plan, vémonos, ante a falla de sensibilidade que amosa este goberno bipartito polo patrimonio etnográfico municipal, a instar a que se leve a Pleno dita iniciativa ou no seu defecto o PP vai presentar unha Moción con carácter de urxencia para que a “desfeita do patrimonio etnográfico municipal” non siga a pasos axigantados deteriorándose o maior vestixio e icono turístico do noso Concello.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.9.10

Porto do Son: o PP fai varias propostas para a fachada marítima, como un carril bici



PROPOSTA DE SUXERENCIAS DO PP SON SOBRE PROXECTO REFORMA FACHADA MARÍTIMA

Vista a Reunión de Constitución da Comisión de Traballo sobor do Proxecto de Reforma da Fachada Marítima no Casco da Vila, o pasado Mércores 15 de Setembro de 2010 na Sede de Portos de Galicia.

En dita Reunión de Traballo, acordouse por parte dos presentes, enviar as súas diferentes Propostas a valorar e considerar por parte do Ente Autonómico co gallo de integralas, na medida das súas posibilidades en dito proxecto.

Ante dito acordo, o Partido Popular de Porto do Son e mediante o seu Portavoz Municipal D. Manuel Tomé Piñeiro, vistas as súas demandas, acorda transmitir as seguintes Suxerencias para a súa valoración e consideración oportuna a integrar en dito Proxecto:

1-Consideramos como Premisa Fundamental que Tódalas Entidades, en base as súas propias e lexítimas demandas, se integren da forma que mellor consensúen, partindo do Principio de ecuanimidade por parte de tódalas partes afectadas.

2-Técnicamente, consideramos que este Proxecto debe establecer unha homoxenidade e continuidade no encontro das distintas rúas que confluen a dita fachada portuaria. Por elo, consideramos que o tipo de material granítico que representa o pavimento das beirarrúas sexa igual o que provoca os cruces de encontro coas rúas que finalizan na mesma.
Debemos indicar que toda as beirarrúas da primeira linea, deben ser contínuas en toda a lonxitude existente, é decir,que o encontro beirarrúa-rúa debe ter unha mínima rampla que faga a accesibilidade dos vehículos sin por elo perder a bifuncionalidade da beirarrúa. Tamén decir que, na medida do posible, a alineación de delimiticación de xurisdicción que foi cedida a Portos de Galicia, debe aproveitarse na súa integridade, quero esto decir, que a extensión do pavimento de pedras albardera chegue ós laterais da fachada naqueles lugares que non teñan unha alineación lineal sino que se adentre para atrás de dita linea.

3-Unha das obras estrela que debería na medida posible de facerse realidade, sempre con visos de futuro, sería a Creación dun Aparcadoiro Soterrado en toda a extensión existente dentro da delimitación do bordillo da explanada portuaria, cumpliría así unha doble funcionalidade:

a)+ Servizo o Casco da Vila

b)+Servizo a tódalas Entidades Usuarias do ámbito da Zona Portuaria do Casco sonense.

Consideramos que é perfectamente factible e viable, sempre pensando no Proxecto de creación dentro do Casco da Vila dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI), onde unha das súas grandes estratexias consistirá na Peatonalización e Limitación de aparcamentos dentro das rúas do Casco da Vila, partindo da singularidade das rúas que como pobo mariñeiro tradicional presenta sen unhas alineacións e ordenacións acorde o que hoxe se considera normal.

4-Estudo da proposta para minimizar a entrada de area na zona verde existente dentro do porto. Hai que lembrar que a formación recente dunha praia dentro do Casco da Vila, pola modificación artifical das correntes marinas, está a provocar, coma ben se manifestou na reunión, unha preocupación cada vez máis crecente polo fenómeno de sedimentación de area que empeza a provocar os primeiros problemas na dársena o igual que o continuo coste de retirar do petril a acumulación de area que os ventos predominantes transportan.
Plantexamos en dito petril unha actuación para a súa consideración da Instalación de paneis de metacrilato dunha altura entre 2-2.5m atornillados a todo o largo do petril o fronte de area como medida preventiva ou no seu caso estudar unha actuación de Creación dunha doble Duna Artifical a cabalo entre o Parque e a Praia da Vila (xusto a zona pavimentada) e a fixación e consolidación de ditas dunas mediante especies propias e endémicas dos sistemas dunares.

5-Na entrada o muelle portuario polo lado do parque, onde actualmente está o petril grande que chega case a caseta do surtidor de combustible, Estudar o Acceso o mesmo retirando un par de aparcamentos de dita batería e facendo unha prolongación da acera de gris mondariz que se executou na segunda fase de reforma do porto.
A idea é que este muelle que leva á rampla de varada, se plantexe a todo o largo do petril un Aparcadoiro en espiña inclinada (45º) e habilitando unha pequena rotonda o final do petril para que xiren os vehículos que acceden tanto á Praia da Vila coma a Zona de Varada das embarcacións.
Dicir que en este lugar, plantexar o Peche perimetral que delimite toda a zona de varada e reparación de embarcacións sería o máis prudente en canto a riscos para os viandantes e usuarios da zona da Praia e o seu entorno.

Consideramos dende o PPdG Sonense, que a limitación a vehículos dende a zona de varada hacia o muelle de contención de area coma o petril de contención de area,debería estar automáticamente prohibida, exceptuando os servizos de emerxencia ou similares para dito areal.

6-Igualmente foi exposto nesa reunión, a Creación dunha Infraestructura que dé cobertura ás necesidades de Waters, Cambiadores,así coma unha Cafetería que en conxunto den servizo tanto a Praia coma o Parque Infantil así coma a Zona de reparación de varada das embarcacións.

7-Finalmente, unha proposta que o Portavoz Popularanunciou en dita reunión, era a Creación a todo o longo da Fachada Marítima dun Carril-Bici que chegaría ata o límite xurisdiccional da competencia de Portos e que entroncaría co Paseo Marítimo na zona da Sagrada co gallo de facer unha continuidade en todo o perímetro da costa do Casco da Vila.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.9.10

Porto do Son: o PP critica que non se fagan as obras requeridas en Queiro, Nebra



OS VECIÑOS DE QUEIRO “ESTÁN FARTOS” DAS PROMESAS INCUMPLIDAS DO GOBERNO BIPARTITO SONENSE.

*A ACTUACIÓN DE ARRANXO DO VIAL DE ACCESO A ALDEA FOI PROXECTADA E ORZAMENTADA POLO GOBERNO DE MANUEL TOMÉ.

* A PONTE DE QUEIRO NECESITA UNHA URXENTE ACTUACIÓN PARA EVITAR UNHA DESGRAZA.


Porto do Son, 23 de setembro de 2010


Os veciños da aldea sonense de Queiro atópanse desesperados ante os continuos incumprimentos que o Goberno bipartito do PSOE e BNG lles levan prometendo dende a súa entrada no goberno municipal.
Dicir que dita aldea atópase na parroquia de Nebra, nas faldas do monte Iroite e que actualmente preto dunha dúcia de veciños compoñen de forma permanente dito núcleo de poboación.

As queixas revindicativas véñense sucedendo dende fai anos, sin que ata a data de hoxe non conseguiran arranxar os problemas de acceso que teñen a dita aldea.

Hai que lembrar que dende que se construiu dito vial, unicamente o goberno popular de Manuel Tomé, fixo unha pequena actuación con carácter provisional de bacheado e deixando redactado e ornamentado para unha actuación integral de asfaltado xunto a unha actuación de carácter prioritario para arranxar a estructura da Ponte de Queiro, integrada en dito vial de acceso.

Está claro que este goberno non demostra a máis mínima preocupación en que se atopan os viales de acceso a distintos núcleos, prometendo actuacións pero que esperando as primeiras choivas do outono, non se ven perspectivas de actuar, oque pode provocar que finalmente queden intransitables a calquer vehículo convencional e chegado o caso, quedar totalmente desfeita e ter que facer unha nova actuación con uns investimentos moi superiores ós previstos.

Dende o PPdG imos seguir insistindo en reclamar dunha vez por todas que as verbas tan fácilmente explicativas de compromisos por parte do goberno do Sr. Pastor Rodríguez adquiridos, sexan realidades e non política electoralista, á que nos teñen con suma facilidade acostumados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.7.10

Porto do Son: o Partido Popular avanza o plan para actuar no castro de Baroña e critica que o goberno lle bote a culpa polos verquidos


TOMÉ ANUNCIA O INMINENTE COMENZO DAS OBRAS DE ACTUACIÓN NO CASTRO DE BAROÑA.

*A ACTUACIÓN FOI UNHA DEMANDA DO GOVERNO DO PP SONENSE Á SECRETARIA XERAL DE TURISMO.

* LIMPEZA , LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO E ESTUDO DE DIAGNOSIS DO ESTADO DO XACEMENTO SON AS ACTUACIÓNS A REALIZAR.


Porto do Son, 21de Xullo de 2010

O Portavoz sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, anunciou o inminente comenzo dun Proxecto de actuación con carácter preventivo no xacemento celta do Castro de Baroña.

Dita actuación enmárcase dentro do compromiso que no seu día a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, deu o anterior rexedor municipal Manuel Tomé, co gallo da visita realizada no pasado Agosto de 2009 a dito vestixio arqueolóxico.
Hai que lembrar que dende o ano 1996 non se realizou ningún tipo de actuación dentro do ámbito indicado, máxime cando o verán pasado xurdiu a problemática duns desaprensivos que construiron “milladoiros” dentro da mesma.

A proliferación deste tipo de expoliación fixo que as autoridades populares sonenses naquel intre, xestionasen ante as administracións competentes a búsqueda de algún tipo de solución a mesma.

Este Proxecto de Levantamento topográfico, documentación e estudio do estado actual do Castro de Baroña, é integramente financiado pola Secretaría Xral. para o Turismo, e conta cun orzamento de 12000€ na que o seu prazo de execución, desenvolverase durante 5 días.

Estas actuacións serán dirixidas e coordinadas por un Arqueólogo responsable da redacción do mesmo.

Debemos lembrar que o elevado número de visitantes que soporta o istmo, fai que se teña que estudar as medidas a tomar xa que a erosión e a carga que soporta o vestixio, fan que estea sufrindo un deterioro avanzado e que por elo necesita con carácter urxente a valoración do grao de deterioro en que se atopa. http://farm5.static.flickr.com/4101/4779621708_84825cc55c.jpg

As actuacións anteriormente enunciadas, teñen un carácter prioritario e preventivo co gallo de empezar a desenvolver ás obras necesarias para que o maior icono e símbolo turístico do noso Concello, teña a máis axeitada conservación.

Dende o PPdG de Porto do Son, queremos agradecer de forma persoal a Dna Carmen Pardo por facer realidade os compromisos acadados co Concello de Porto do Son e redunden no beneficio da sociedade en xeral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.1.09

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical