Mostrando entradas con la etiqueta instituto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta instituto. Mostrar todas las entradas

12.12.12

A Pobra do Caramiñal: alumnado de 4º de ESO do instituto elaborou un rueiro literario do municipio en Internet

Media_httpfarm3static_ajtrs

Inda que para o Concello semella existir só Valle-Inclán, na Pobra hai rúas adicadas a numerosos escritores e autoras. A adicada ao poeta Manuel María é a primeira no mapa feito

A Pobra do Caramiñal, 12 de decembro de 2012. Namentres no día de hoxe centos de institutos de Galicia homenaxearon con recitados en común e actividades nas praias o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", na Pobra parte do alumnado de 4º de ESO adicouse a indagar nas rúas do seu municipio aquelas que levan nomes de autoras e escritores cos que confeccionaron un mapa virtual.

"Rúas con literatura" é o título dunha secuencia de traballo desenvolvida en 4º da ESO durante as últimas semanas, inspirada en parte no proxecto Callejeros literarios. Trátase, segundo explican na web "Remexer na Lingua", "de coñecer e facer máis visíbeis os/as escritores/as que lle dan nome a rúas da nosa vila compoñendo un mapa ilustrado na web".

Este magnífico exercicio práctico consta de sete actividades:

Deste xeito, as alumnas e alumnos deste curso puideron coñecer de primeira man as rúas adicadas a escritores da súa vila, estudar a súa vida e obra, traballar en equipo para levar adiante o mapa -co conseguinte uso das novas tecnoloxías na escola- e darlle forma a un traballo que agora pode ver todo o mundo na Rede e partillar nas redes sociais.

Velaquí o mapa en Tripline



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.6.10

A Pobra: non se perdan o proxecto "Unha imaxe, unha historia", do instituto local


..

(preme para ampliar)

As mellores creacións deste proxecto interdepartamental, froito dun longo traballo previo por parte do alumnado de pescuda, lectura de imaxes, construción textual, etc., poden verse xa na exposición que ofrecemos a toda a comunidade, situada no patio cuberto do aulario I.

Cada imaxe ten aquí a súa propia historia, real ou imaxinaria, que se irían co vendaval do tempo se non as atraparamos cos nosos  aparellos: a lingua de noso, as memorias dos maiores, a nosa creatividade, as ganas de contar e dicir... e as novas tecnoloxías.

Para ler as historias na rede (e comentalas), abonda con acceder ao noso blogue. Na nosa conta de Flickr temos o conxunto das imaxes, algunhas xeolocalizadas.

http://atabarradixital.blogaliza.org/2010/06/10/producions-do-proxecto-unha-i...

Para ir abrindo boca, recomendámoslles a historia dunha foto na ferretería de Tucho, do 15 de marzo de 1934, escrita por Alicia Quintáns. En http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/15-de-marzo-do-1934-a-pobra-do-...
Tamén é moi fermosa a historia duns namorados que comían sandía de Escurís no San Ramón de Bealo, escrita por Elisa. Os protagonistas andan agora cerca dos 90 anos, e na foto debían ter vinte e poucos. Miren http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/era-en-san-ramon
Mais son apreciacións nosas. Seguro que vostedes atopan outras do seu gusto. Parabéns a alumnos e mestres por esta fermosa iniciativa.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical