8.4.13

Lingua galega: Bng e Compromiso por Galicia saen na defensa de Farinós, denunciado polo asesor xurídico do Concello

  • O nacionalista Xosé Ramón Farinós López criticara que o traballador municipal obrigara aos veciños que atende a que se expresaran en castelán, argüindo que non entende o galego
  • O Bng considera estes feitos un "ataque e desprezo á lingua e cultura propias de Galicia nunha campaña orquestrada polo españolismo máis reaccionario"
  • Compromiso por Galicia considera que o asesor xurídico "non está en situación de demandar a ninguén porque a súa situación no Concello é ilegal, xa que dende o mes de xuño de 2012 cobra 2571 euros sen ter un contrato asinado"


Muros, 8 de abril de 2013. A Asemblea Comarcal de Muros-Noia, na xunta celebrada o pasado venres, logo de proceder á renovación do Consello Comarcal, acordou a aprobación dunha resolución de apoio ao militante de Muros, Xosé Ramón Farinós López, denunciado polo asesor xurídico do Concello, ao ter criticado o primeiro o feito de que o traballador municipal obrigue aos veciños que atende a que se expresen en castelán, xa que di no entender “el gallego”.

Para o BNG, a actitude deste traballador municipal vén afondar na campaña orquestrada nos últimos anos polo españolismo máis reaccionario embarcado nunha especie de “nova reconquista”, que busca en última instancia a eliminación da lingua e cultura propias do noso país, en beneficio do español.
Instamos á Alcaldesa de Muros, ao cumprimento da ordenanza municipal do uso do galego, hoxe en vigor, e lémbrelle aos traballadores locais a necesidade do seu cumprimento, tanto na atención aos veciños,  como na elaboración de todo tipo de expedientes municipais.

Compromiso Por Galicia

Media_httpfarm9static_ehqgk

María Xosé Afonso

Compromiso Por Galicia mostra o seu  apoio a Xosé Ramón Farinós. María Xose Alfonso crítica a acción xudicial levada a cabo polo Asesor Xurídico do Concello de Muros a Xosé Ramón Farinós, convencida que esta persoa "non esta en situación de demandar a ninguén e que o veciño de Muros só se limitou a opinar sobre unha actuación cando menos criticable". Alfonso considera que non se encontra en situación de demandar a ninguén pois a súa propia situación no Concello "é ilegal, posto que leva dende o mes de xuño do ano 2012 cobrando 2571,25€ sen contar nen tan sequera cun contrato asinado". María Xosé defendeu que Xosé Ramón Farinós só se limititou a expresar a súa
opinión ante un claro incumprimento por parte do Asesor Xurídico do  Regulamento do uso da lingua galega no Concello de Muros, ao obrigar, de xeito dictatorial, a veciños de Muros a que falaran en castelán. Dende Compromiso Por Galicia, instan a Caridad González "a que faga valer o
regulamento e, polo tanto, tome as medidas oportunas con este señor, que lonxe de resolver os problemas dos muradáns se esta convertendo nun problema para eles".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical