Para o Seminario Galego de Educación para a Paz e para a Fundación Cultura de Paz, que preside D. Federico Mayor Zaragoza, "é unha enorme satisfacción que, neste ano no que se cumpre o XXV Aniversario do Seminario, se materialice un obxectivo moi buscado, a creación de estruturas de participación específica en materia de paz e a consolidación de medidas concretas de apoio á cultura de paz de carácter anual, con orzamentos precisos, aprobados en sede parlamentaria", explican os promotores.
Esta iniciativa únese á recente creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela, a organización e celebración do Foro 2010, xunto coa ´posta en marcha do Lar da Paz de Herbón en Padrón, outros tres proxectos estrela deseñados no Plan Estratéxico do Seminario Galego de Educación para a Paz como mellor conmemoración do seu XXV Aniversario.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia