Mostrando entradas con la etiqueta Barbantia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barbantia. Mostrar todas las entradas

18.11.12

Cultura: xa se coñecen os premios Barbantia 2012

Media_httpfarm5static_hvpdh

Xosé Ramón Barreiro

Media_httpfarm9static_glsjt

Á esquerda, Xoán Mariño Reino

Media_httpfarm8static_dsetz

Toma nocturna da sede da Sociedade Liceo Noia

Barbanza, 18 de novembro de 2012. O colectivo cultural Barbantia deu a coñecer onte o paradeiro dos Sereos deste ano.

  1. Traxectoria Cultural no Barbanza: Xoán Mariño Reino, presidente da asociación cultural "Terra de Outes". É escritor, natural de Outes, onde fai este ano de comisario do Ano Añón, polo bicentenario do poeta.
  2. Iniciativa Cultural no Barbanza: Sociedade Liceo de Noia. Polas súas numerosas iniciativas a prol da cultura, nun ente que conta con moitos socios, promove numerosas exposicións na súa sede e mesmo este ano contribúe coas súas instalacións a que se faga a Mostra de Curtas.
  3. Barbantia da Cultura Galega: Xosé Ramón Barreiro, catedrático e historiador natural de Ribeira, académico que chegou a presidir a Real Academia Galega.

Media_httpfarm8static_gvvsw

O Sereo de Barbantia feito por Sargadelos

A entrega da sexta edición destes premios terá lugar en Lousame o 15 de decembro, logo da cal a entidade celebra a súa tradicional comida de Nadal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.10.12

Boiro: o venres 26 de outubro preséntase "Verde Oliva", do escritor Xavier Alcalá

Boiro, 18 de outubro de 2012. A Asociación Cultural Barbantia organiza na Galería Sargadelos de Boiro a presentación da obra "Verde oliva", de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos –Rúa Principal, nº 65–. Estarán presentes, amais do autor, Xavier Alcalá, o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da asociación cultural Barbantia. Tamén se inaugurará no mesmo acto a exposición do artista rianxeiro Che Tembra.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o venres 26 de outubro preséntase "Verde Oliva", do escritor Xavier Alcalá

Verde_oliva

Boiro, 18 de outubro de 2012. A Asociación Cultural Barbantia organiza na Galería Sargadelos de Boiro a presentación da obra "Verde oliva", de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos –Rúa Principal, nº 65–. Estarán presentes, amais do autor, Xavier Alcalá, o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da asociación cultural Barbantia. Tamén se inaugurará no mesmo acto a exposición do artista rianxeiro Che Tembra.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.9.12

Noia: o venres 28 de setembro preséntase "Trampa de luz", o último libro de Agustín Agra

Trampa_de_luz

 

Noia, 13 de setembro de 2012. A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Xerais, e o Concello de Noia convidan aos que estean interesados á saída do número 77 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra Trampa de luz, de Agustín Agra, nun acto que terá lugar o venres 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos –Rúa Luís Cadarso, s/n–, e no que estarán presentes, xunto ao autor, Milagros Torrado, Secretaria de Barbantia; Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; e Rafael García Guerrero, alcalde de Noia.

Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.2.08

Este venres 22 en Boiro



Vestíbulo da devastación, poemario de Rosa Enríquez

20 de Febreiro, 2008

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Espiral Maior, o Proxecto LeñaVerde e mais o Concello de Boiro presentan o poemario Vestíbulo da devastación, obra da poeta e socia de Barbantia Rosa Enríquez. O acto terá lugar este venres día 22, ás 20:30 horas, no local da mocidade, sito no Centro Social de Boiro, e contará coa presenza da autora; de Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior; e mais de Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.

Así mesmo, contaremos coa actuación, ao celo, de Carme Tubío, namentres Damián Eiras realiza unha intervención plástica.


Iso pon a web de Barbantia. Non dan moito tempo a preparar as axendas, pero faremos o que podamos. Collerémolo Metro, ou non...

Haberá que preguntarlle a Fernán-Vello que tal pola Habana...


Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical