O proceso de como se poden criar nun sitio así explícano detalladamente os rapaces de "Refungando" en http://refungando.blogspot.com/2009/12/polizon-no-camion.html
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O proceso de como se poden criar nun sitio así explícano detalladamente os rapaces de "Refungando" en http://refungando.blogspot.com/2009/12/polizon-no-camion.html
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
"O secretario da Academia, Xosé Luis Axeitos, foi o encargado de darlle a réplica a Rivas no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, por ser un impulsor do seu nomeamento, xunto á poeta Luz Pozo e ao escritor Neira Vilas.
Eloxiou Axeitos que, pese a ser “o escritor galego máis traducido”, nunca descoidou a súa “responsabilidade moral co seu pobo e a súa cultura”. E, na súa opinión, ese compromiso estivo sempre presente na poética persoal de Rivas, que se resume na heterodoxia, na sinxeleza aparente e na sensación de rebeldía, así como na reivindicación da memoria".
(Vía http://asuvasnasolaina.blogspot.com/2009/12/rivas-o-academico-mais-novo.html)
Falamos de Xosé Luís Axeitos hai escasamente un mes, cando lle concederon o "Sireno" de Barbantia. Aquí
Agora estamos coa dúbida sobre se é secretario da RAG ou arquiveiro...
O que está claro é que tanto el como Rivas van moito por Tabernas.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Iria Flavia, 14 de decembro de 2009. O parlamentario socialista
Francisco Cerviño propuxo hoxe á Xunta que negocie coa Fundación
Camiño José Cela a súa transformación nunha fundación pública. Así o
dixo nunha Proposición non de Lei presentada na Cámara autonómica, na
que propón así mesmo declarar Ben de Interese Cultural esta Fundación
con sede nas Casas dos Coengos de Iria Flavia, Ben de Interese
Cultural.
O parlamentario socialista considera que a mellor solución para a
situación de deterioro do legado do Nóbel galego é darlle a esta
entidade o estatus de fundación pública con achegas privadas en lugar
do actual como Fundación privada con axuda pública.
Cerviño reclama tamén que o Executivo autonómico xestione a
autorización para realiza a inspección do estado físico do legado
habilitando en consecuencia unha achega de emerxencia “para evitar o
seu deterioro ata cotas irreversibles”. Advirte que a situación do
legado, segundo as testemuñas recollidas polos medios de comunicación,
é “dramática”, correndo “serios riscos de perderse ou de sufrir graves
quebrantos”.
Lembra que a pesares do incremento os fondos achegados pola Xunta
durante a pasada lexislatura, e en concreto pola Consellería de
Educación, que representan en torno ao 60 ou 70 por cento dos seus
ingresos, o orzamento ven diminuíndo en termos absolutos. Esta
situación “pon en perigo importantes obras de arte” correspondentes ao
legado de Camiño José Cela.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fortaleza do século XIII. Foi derruida polos Irmandiños no 1467. Na actualidade consérvase a torre, que sufriu importantes modificacións e un pazo de estilo renacentista de inspiración italiana que se distribúe no seu interior por medio dun pequeno e sinxelo claustro.
É propiedade privada e, a pesares de ter sido Declarado Monumento Histórico Artístico de Interés Nacional,. a súa visita non está permitida... Patrimonio galego para bodas, sic...
(é o comentario ao pé da foto de Lansbricae... baseado en feitos reais!)
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Un documento subido á Rede por Patrimonio_gz, do que falan hoxe en Cultura Galega: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=15958
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Os Mordecáns actúan o sábado 26 de decembro en Porto do Son, no bar Taita. Entrada de balde. Son de Porto do Son (un dos seus temas é O Son do Son).
O seu MySpace: http://www.myspace.com/mordecans
Como se chama este estilo? Polas letras semella agropop: "A herba da horta", "Sáeme do lombo"... Pero as súas influencias están na rumba catalana, no rock e no flamenco.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Quen son 7LVVAS? Nós aínda non os entrevistamos (traballo pendente) pero deunos a pista sobre eles o noso colaborador Ramón Torrado. Podedes enterarvos en "O Bob Dylan galego"
http://certo.es/index.php?page=o_bob_dylan_galego
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Otros resultados del fin de semana: C.V. Arqo Rianxo - C.D. Conxo 1-3 (23-25/18-25/25-23/23-25); Doble Imagen Oleiros - C.D. Conxo 3-0 (25-19/25-21/25-17); Herrera Voley Turismo Llanes - Arqo Rianxo 0-3 (23-25/19-25/29-31); Club Vigo Voleibol - Universidad de Valladolid 3-1 (21-25/25-22/25-19/25-14); San Sadurniño - Ourense 3-1 (19-25/25-19/25-20/25-21).
Este fin de semana el equipo viaja a Valladolid, al úntimo encuentro previo al descanso por las vacaciones de Navidades. Jugarán el sábado a las 19:30 en el Pabellón Fuente La Mora. Otros partidos del fin de semana serán: Aule - San Sadurniño 19:30 FCAFD; C.V. Arqo Rianxo - Club Vigo Voleibol 19:00 Pabellón Municipal; Zalaeta - Doble Imagen Oleiros 18:00 Pabellón Sagrada Familia.
Desde aquí dar las más sinceras gracias a todo el público; y con el deseo de volver a verlos y ver la grada como en este encuentro, que estamos seguros que podrá dar a nuestros chicos, como dió este fin de semana, el empujón que necesitan para tener la confianza de rematar los puntos y sobre todo los encuentros.
2º DIVISIÓN FEMENINA
C.V. OURENSE - OJEA BOIRO VOLEIBOL 3-2
Parciales: 17-25/15-25/25-16/25-18/5-15
LIGA GALLEGA JUVENIL FEMENINA
XACOBEO 2010 RIBEIRA SACARA - OJEA BOIRO VOLEIBOL 3-0
Parciales 26-24/25-18/25-21
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia