Mostrando entradas con la etiqueta fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotografía. Mostrar todas las entradas

3.10.12

Ribeira: este venres 5, inauguración de mostra fotográfica "Memorias de China"

  • O ribeirense Alfonso Novo amosará as súas 32 instantáneas no auditorio ata o 16 de novembro. A mostra será inaugurada este venres ás nove da noite
  • Tamén este venres 5, e o sábado 6, estará a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia

Media_httpfarm6static_lghes

Flickr de  Stuck in CustomsTrey Ratcliff

 

Ribeira, 3 de outubro de 2012.- O Auditorio Municipal será escenario este venres día 5 de outubro, ás 21 horas, da inauguración da exposición Memorias de China, do fotógrafo riveirense Alfonso Novo, unha mostra promovida polo Concello a través da súa Área de Cultura que permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de novembro.

Apasionado desde mozo pola fotografía –herdanza do seu pai-, fai poucos anos que se dedica á fotografía como a súa carreira profesional, dedicándose tanto a fotografía artística coma eventos sociais.

As 32 instantáneas en branco e negro que se poden ver na exposición pretenden ser un percorrido pola memoria do autor, resultado da convivencia diaria coa sociedade chinesa, país ao que se desprazou por motivos de traballo no 2007 e no que permaneceu un ano. A cidade de Taiyuan (Shanxi); viaxou polas provincias de Mongolia interior, Hebei, Beijing, Shandong, Sanxi, Shaanxi, Henan, Hubei, Guangdong, Hong Kong... nas que o noso fotógrafo se curtiu en vivencias con familias e cidadáns chineses. A estadía en zonas descoñecidas para os occidentais, pouco turísticas, reflíctese en fotografías como a “Pagoda de Madeira” de Yingxian.

A etapa chinesa do autor das fotos marcou para sempre a Alfonso Novo, algunha destas pegadas están reflectidas nas imaxes captadas polo ollo e o obxectivo da súa cámara nas súas viaxes por China e encontros coas súas xentes de toda condición.

A exposición divídese en dúas áreas, por unha banda as imaxes referidas a  elementos ou edificacións antigas (tellados, mosteiros, portas, murallas), e, por outra  unha sección social, onde se poden ver distintos "roubados" de persoas realizando tarefas cotiás como traballar, ler, comer ou durmió, sección coa que o autor pretende achegar un pouco máis ao espectador á China real.

Tamén, este venres, en Ribeira: DOAZÓN DE SANGUE

Este vindeiro venres, 5 de outubro das 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas así coma o sábado, 6 de outubro das 10:00 ás 14:30 horas desplazarase a Riveira, na Rúa Romero Ortiz, xunto o xeriátrico, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia. Todas aquelas persoas maiores de edade que o desexen poden pasar pola unidade móbil e  facer así unha labor altruísta e solidaria importante para milleiros de persoas que necesitan sangue. "O SANGUE É VIDA. COMPÁRTEA".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.10.12

Rianxo: "Descalciña pola area" gaña o certame de fotos da campaña "Móllate polo galego"

  • O segundo premio corresponde a unha imaxe con dous nenos do colexio Brea Segade que se enfundaron nunha camisola de "Móllate polo galego"
  • O terceiro premio vai para a imaxe dos azulexos nos que se le "Villa de Rianjo. Partido de Padrón. Provincia de La Coruña" cunha camisola de "Móllate polo galego" como contraste nunha percha
  • Os autores das imaxes terán que escribir a redaccion@certo.es para identificarse e seguir as instrucións para reclamar o premio

 

Rianxo, 1 de outubro de 2012. A deliberación non foi doada. Entre as 87 imaxes que participaban o reparto do xurado, integrado por tres membros dos medios de "Vitaminas para o galego", hai auténticas xoias, ben polo motivo escollido, ben polo esforzo creativo que supuxeron. Pero houbo que decantarse e así queda a resolución final:

PRIMEIRO PREMIO

Media_httpfarm9static_kiivh

Descalciña pola area. O xurado escolleu esta foto polo gran simbolismo que contén. O título da foto é unha frase de todo un himno de celebración, "A Rianxeira", e tamén quere amosar o compromiso da vila de Rianxo pola lingua galega, que aínda hoxe anda "descalciña pola area", polo que hai que mimala e coidala.

O autor ou autora desta imaxe ten dereito a unha noite de aloxamento para dúas persoas na data a escoller deste mes de outubro na casa de turismo rural e agricultura ecolóxica A Pousadoira (http://www.pousadoira.com)

Media_httpfarm9static_ockbb

Entrada de A Pousadoira, en Callobre, Miño. Lugar ideal para coñecer as impresionantes Fragas do Eume

SEGUNDO PREMIO

Media_httpfarm9static_qectm

No Brea Segade mollámonos polo galego. O xurado escolle esta foto pola creatividade e simpatía amosadas, así como polo esforzo demostrado ao rodear o lema central da campaña "Móllate polo galego" de material didáctico na lingua de Rosalía.

Os autores ou autoras desta imaxe teñen dereito a unha tablet doada pola academia de informática Castelao (http://www.infocastelao.es)

Media_httpfarm9static_ijlyg

Informática Castelao (rúa Roxelius 7, baixo, en Rianxo) é tenda de informática e centro de formación

TERCEIRO PREMIO

Media_httpfarm9static_dcrdq

Azulexos na entrada de Rianxo. O xurado escolle esta imaxe pola evidente denuncia que se fai dunha situación que non se deu corrixido en décadas, a pesares da Lei de Toponimia ou mesmo da de Memoria Histórica.

A autora ou autor desta imaxe ten dereito a unha cea para dúas persoas no restaurante O Furancho de Rianxo, situado Tras da Igrexa.

Media_httpfarm9static_lawps

O restaurante O Furancho está detrás da Igrexa en Rianxo


Os medios de Vitaminas para o galego agradecen, unha vez máis, o patrocinio do Concello de Rianxo para esta campaña, así como a colaboración de A Pousadoira, Informática Castelao e O Furancho. Tamén queremos salientar a alta participación de concursantes, aos que felicitamos polo seu inxenio e pola promoción tan destacada da vila de Rianxo e das súas belezas.

Que é Vitaminas para o Galego?

Vitaminas para o Galego, impulsada dende un inicio por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, conta xa con 25 medios asociados, pois as devanditas cabeceiras se lles uniron con posterioridade Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; o xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira, o xornal Compás da Costa; o programa radiofónico Plástico Elástico e os mensuais Gaceta de Fene e Cerne, xornal da terra de Melide.

O obxectivo global da campaña, comezada a principios de ano, é “sensibilizar sobre a necesidade de que haxa medios de comunicación en galego para garantir a transmisión interxeracional”, ademais da “procura de recursos económicos para axudar á supervivencia dos medios”.

Toda a información en Vitaminasparaogalego.gl

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.8.12

Noia: a historia en imaxes dos saharauis Jadidja e Salama, xa no claustro do concello ata fin de mes

Cartel_sahara

Noia, 6 de agosto de 2012. O Concello de Noia amosa xa no claustro do Concello a historia en imaxes de Salama e Jadidja, un neno e unha nena saharauís que forman parte do programa de Vacacións en Paz que trae cada verán a Sanxenxo e outras vilas -entre elas Noia- a rapazas e rapaces que viven e medran nos campos de refuxiados de Alxeria. A mostra fotográfica e o documental, elaborados por Agareso, reflicten a súa experiencia estival en Galicia e a súa vida cotiá no deserto.

A exposición titúlase ‘De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz’, e é  da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Para vela, a  entrada é de balde e poderase visitar ata finais de mes en horario de 09.30 a 14:00 horas, dias laborables e os sábados de 10:30 a 13:00 horas.

O fotógrafo Pelu Vidal, xunto coas xornalistas Natalia Puga e Lara Varela, e o cámara Suso Lago, baixo a coordinación de Laura López, realizaron este proxecto de sensibilización no ano 2008. Ademais das fotografías, gravouse o documental ‘Galicia-Sáhara: Vacacións en Paz’, que tamén se proxectará durante a exposición en Noia.

A exposición foi financiada polo concello de Sanxenxo coa intención de promover o programa de vacacións solidarias e sensibilizar a poboación galega sobre a importancia deste tipo de iniciativas, coas que todos gañamos: as rapazas e rapaces e mais as familias de acollida.

No verán de 2008, o equipo de reporteiros de Agareso seguiu a estancia dun neno e unha nena saharauís en Sanxenxo, xunto coa súa familia galega, e acompañounos no seu regreso á casa despois de pasar dous meses na nosa terra. O programa Vacacións en Paz, operativo desde hai 18 anos, permite dar unha tregua aos máis pequenos durante os meses de verán, cando as temperaturas no deserto roldan os 50 graos.

España é o destino preferente de miles de cativas e cativos que reciben así a aperta dun país onde as vacinas, os medicamentos, a tecnoloxía, o lecer, os alimentos e a auga forman parte da vida cotiá, pero que na súa realidade ao outro lado de fronteira escasean. Ás atención médicas que reciben, súmase o sentimento das familias de acollida, que acaban integrando a estes nenos e nenas como un máis da súa casa. Este proceso non só é beneficioso para os saharauís, senón que os nosos propios rapaces e rapazas aprenden con estes programas que hai outras formas de vivir e outras culturas diferentes, pero que a realidade que importa, a que está por riba de todas é que somos todos iguais.

A selección de imaxes desta exposición pretende reflectir a experiencia de Salama e Jadidja. A través da serenidade de Salama e a espontaneidade de Jadidja, as e os reporteiros transmítenlle á sociedade o día a día da poboación saharauí e amosan que as diferenzas entre un neno ou unha nena de Galicia e outro do Sáhara son máis ben superficiais, e que tanto alí como aquí o cariño da súas familias e a capacidade para aprender e divertirse son común a todos. Agareso tentou trasladar tamén a Galicia a tenrura das xentes do Sáhara e a súa paixón por conversar, que fan desta rexión desértica o país das palabras.

http://www.agareso.org



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.6.12

Noia: o claustro do Concello acubilla unha mostra fotográfica sobre a restauración do balandro Joaquín Vieta

  • O barco estase a empregar para facer turismo mariñeiro e pódese alugar entre xuño e outubro

Media_httpfarm8static_dfxyd

Noia, 5 de xuño de 2012. Xa se pode contemplar no claustro do Concello de Noia unha mostra composta por corenta imaxes na que se observa o proceso de restauración do vello balandro Joaquín Vieta, construído en 1916 e restaurado hai apenas uns anos pola asociación do mesmo nome que a embarcación.Os interesados poden achegarse a ver as fotos, realizadas por Xan Creo e Lino Pazos, ata o sábado 30 de xuño. A intención desta exposición é poñer de relevo a necesidade de recuperar o patrimonio marítimo, sobre todo nun lugar con tanta tradición mariñeira e porteña como Noia.


O balandro Joaquín Vieta está a empregarse agora mesmo como embarcación de recreo para facer turismo mariñeiro e pode alugarse. Toda a información nesta ligazón.

Media_httpfarm9static_qraas

Media_httpfarm9static_arbuq


 

Buceando pola rede atopamos esta letra adicada a este histórico barco:

O Vieta? Aquí está.
(Pandeirada).
_____________________
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí está.
O Vieta, O Vieta aquí está.
…………….
Subamos a bordo,
embarquemos todo,
arriemos amarras,
imos a zarpar.

Icemos os foques,
halemos as vergas,
cacemos escotas,
imos velear.
……………
Anda Xan ,ponte ao timón,
veña, dalle todo a estribor,
agora un pouquiño a babor…
O Bieta xa está a foular.
O Bieta xa está a foular…
……………
Empanada de millo,
un chopo de viño,
un pouco chourizo,
imos merendar.

Cun pouco de caña,
fagamos queimada.
Arriba esas cuncas,
imos a brindar.
………………
Xa o ventiño está a soprar,
as velas están a portar,
o balandro está a escorar…
O Vieta navega a rabiar.
O Vieta navega a rabiar.
……………………
A fil de roda,
a orellas de burro,
imos de aleta
e tamén do través.

A toda empopada
damos virada,
bebemos un grolo
e a cantar outra vez.
……………….
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí vai.
O Vieta, O Vieta aquí vai.
____________
Harry White ( A drunken sailor).





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o claustro do Concello acubilla unha mostra fotográfica sobre a restauración do balandro Joaquín Vieta

  • O barco estase a empregar para facer turismo mariñeiro e pódese alugar entre xuño e outubro

Noia, 5 de xuño de 2012. Xa se pode contemplar no claustro do Concello de Noia unha mostra composta por corenta imaxes na que se observa o proceso de restauración do vello balandro Joaquín Vieta, construído en 1916 e restaurado hai apenas uns anos pola asociación do mesmo nome que a embarcación.Os interesados poden achegarse a ver as fotos, realizadas por Xan Creo e Lino Pazos, ata o sábado 30 de xuño. A intención desta exposición é poñer de relevo a necesidade de recuperar o patrimonio marítimo, sobre todo nun lugar con tanta tradición mariñeira e porteña como Noia.


O balandro Joaquín Vieta está a empregarse agora mesmo como embarcación de recreo para facer turismo mariñeiro e pode alugarse. Toda a información nesta ligazón.




 

Buceando pola rede atopamos esta letra adicada a este histórico barco:

O Vieta? Aquí está.
(Pandeirada).
_____________________
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí está.
O Vieta, O Vieta aquí está.
…………….
Subamos a bordo,
embarquemos todo,
arriemos amarras,
imos a zarpar.

Icemos os foques,
halemos as vergas,
cacemos escotas,
imos velear.
……………
Anda Xan ,ponte ao timón,
veña, dalle todo a estribor,
agora un pouquiño a babor…
O Bieta xa está a foular.
O Bieta xa está a foular…
……………
Empanada de millo,
un chopo de viño,
un pouco chourizo,
imos merendar.

Cun pouco de caña,
fagamos queimada.
Arriba esas cuncas,
imos a brindar.
………………
Xa o ventiño está a soprar,
as velas están a portar,
o balandro está a escorar…
O Vieta navega a rabiar.
O Vieta navega a rabiar.
……………………
A fil de roda,
a orellas de burro,
imos de aleta
e tamén do través.

A toda empopada
damos virada,
bebemos un grolo
e a cantar outra vez.
……………….
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí vai.
O Vieta, O Vieta aquí vai.
____________
Harry White ( A drunken sailor).





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

15.8.10

Fotografía: Horacio no século XXI

Horacio foi o poeta romano aquel que deixou escrito nas súas Odas o de "Carpe diem quam minimun credula postero", ou sexa, aproveita o día, non confíes no mañá. Goza da vida. Aquilo era polo século I antes de Cristo. Uns amigos de Jose, aquí nesta vella esquina que tamén formou parte do Imperio Romano, voltan a lembralo.
Nós non entramos nin saímos, Jose. Fai o que che pete!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.7.10

Internet: el Museo del Grabado de Ribeira se sumó a la iniciativa "Wiki Loves Art"

Se encuentra en la localidad de Artes, municipio gallego de Riveira, en la provincia de La Coruña, y desde 2001, fecha de su inauguración, exhibe obras de arte gráfico fechadas en época tan temprana como el siglo XV hasta producciones actuales.

Constituye la primera Institución en el Estado español con estas características y entre sus fondos se encuentran colecciones de los más destacados maestros del grabado antiguo y contemporáneo hasta sumar las 25.000 estampas catalogadas a día de hoy.

Página web: http://www.fundartes.com/

Contacto: fundartes@terra.es

LISTA DE OBRAS

En el Museo del Grabado a la Estampa Digital se pueden fotografiar todos los grabados excepto los de la colección de grabado contemporáneo.

¿Tienes cámara de fotos? ¿Te interesa fotografiar fondos de algún museo en particular? El proyecto Wiki loves art abre museos del 1 al 31 de agosto para que fotografíes los fondos que ellos te indiquen. Luego tan sólo tienes que compartir esas fotos en Flickr con licencia Creative Commons (la que usamos en Certo) para que todo el mundo las pueda usar -indicando tu autoría-. Es una iniciativa que partió de un museo americano y se está extendiendo como la pólvora, para difundir el patrimonio de museos de todo el planeta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.6.10

Fotografía: Galicia, como a ves? Concurso fotográfico de Turgalicia

Veña, foteiros das bisbarras de Noia e Barbanza! A ver se colgamos unha das fotos de gran formato nunha lona en Santiago durante xullo e agosto para que coñezan os nosos recunchos todos os que por alí pasen!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

7.12.09

Fotografía: impactante toma de outono

Que si, que damos por boa nesta ocasión o de que unha imaxe vale máis que mil verbas!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

1.12.09

Fotografía: atopamos a Alfredo Urdaci no Flickr

Nun grupo no que nós tamén estamos (Relogios). Casualidades da vida...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

7.8.09

6.8.09

Edificio demolido

Facebook | Fotos de Jorge Guitian Gourmetdeprovincias - ALBUM FAMILIAR

Menos mal que nos quedan as fotos! E a boa disposición de xente que as comparte aquí, claro. De novo, grazas!

5.8.09

Black and White

Black and White

8.6.09

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical