Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas

20.11.12

Ribeira: o alcalde pide á embaixada de Estados Unidos que non peche a axencia consular na Coruña

  • É a única oficina consular de EE.UU. no norte de España. Se pecha, habería que ir a Madrid
  • Hai unha comunidade de ribeirenses residentes en Estadous Unidos moi importante, a cal se vería prexudicada por este peche
  • Polo visto, a decisión do peche estaría baseada nun informe con moitas deficiencias

Juana_de_vega
A oficina de USA está na rúa Juana de Vega, nº 8

Ribeira, 20 de novembro de 2012. O alcalde de Ribeira vén de solicitar ao Goberno dos Estados Unidos que reconsidere a decisión de pechar a Oficina Consular en A Coruña da nación norteamericana, a única situada no norte de España. O rexedor fixo esta petición mediante unha carta dirixida ao embaixador en España de EE.UU., despois de ter celebrado a semana pasada unha reunión cunha representación da comunidade norteamericana residente en Galicia, que o puxo en coñecemento deste problema.

Erros de vulto no informe norteamericano

Segundo tivo ocasión de escoitar o rexedor municipal, a decisión de pechar a oficina consular coruñesa despois de 32 anos de funcionamento baséase nun informe que ten importantes erros. Así, este documento manifesta que o Consulado atende a unha comunidade de 400 persoas, cando en realidade son 4.500 os cidadáns norteamericanos residentes en España.

Por outra parte, o informe afirma que son poucos os turistas americanos que viaxan a Galicia, obviando que esta Comunidade Autónoma serve de escala ás máis importantes liñas transatlánticas, que son utilizadas por un gran número de norteamericanos (9.570 no que vai de ano 2012), e esquecendo tamén que o Camiño de Santiago é a maior ruta de peregrinación de occidente e que EEUU é a día de hoxe o quinto país estranxeiro en número de peregrinos.

New York e New Jersey están cheas de ribeirenses

Á hora de sumarse a esta petición, Manuel Ruiz Rivas tivo moi en consideración a existencia dunha nutrida comunidade de cidadáns de Ribeira emigrados aos Estados Unidos que hoxe contan coa dobre nacionalidade e que, por tanto, se verían seriamente prexudicados de materializarse o peche. O alcalde deixou constancia no seu escrito ao embaixador de que a presenza de riveirenses é especialmente significativa nos estados de New York e New Jersey: territorio este último ao que pertence a cidade de Newark, coa que a cidade barbanzana está irmanada dende o ano 1994.

Neste sentido, en Galicia dáse a circunstancia de que moitos emigrantes con dobre nacionalidade retornaron a esta terra despois de xubilarse, ata o punto de que a Comunidade ten a día de hoxe a maior concentración de pensionistas da Seguridade Social Americana de España, cun total de 2.368 individuos.

Froito de todo isto, o peche da Axencia Consular conlevaría serios prexuízos tanto para a comunidade estadounidense en Galicia como para a comunidade galega en EE.UU., xa que a oficina máis próxima sería a localizada en Madrid, a máis de 600 quilómetros de distancia.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.7.10

Emigración: entrevistamos a Julio César González Pagés, autor de "Gallegas en Cuba"

No se la pierdan. Se emocionarán. Soliciten el libro: sepan lo que pasaron nuestras abuelas en la emigración cubana.
Entrevista en http://certo.es/index.php?page=julio_cesar_gonzalez_pages

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

15.4.08

Fillos de Galicia :: Web para o encontro dos fillos da emigración galega

Fillos de Galicia :: Web para o encontro dos fillos da emigración galega

Facía tempo que non falabamos de emigración. Hoxe tivemos contacto con Venezuela, e por iso relembramos a mellor páxina para os emigrantes galegos feita por particulares.
Blogged with the Flock Browser

14.2.08

Que estamos a vender na Feira da Habana

Nomes: Para alén de produtos culturais, Galicia leva á Habana creadores e editores a esgalla que se encargarán de dinamizar, día a día e en sesións de mañá e de tarde un programa que se prolonga durante doce días. A nómina de participantes podería interpretarse, en certo xeito, coma un top da cultura galega. Se sermos exhaustivos, atopamos na lista nomes coma Manuel Rivas, Suso de Toro, Teresa Moure, Xosé María Alvarez Cáccamo, Miguelanxo Prado, Fran Jaraba, Helena Villar, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xavier Docampo, Rodríguez Baixeras, Fernán Vello, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Uxía, Marful, Narf, Dios Ke Te Crew, a Real Filharmonía de Galicia, Abe Rábade, Anxo Angueira, Guadi Galego, Ramón Pinheiro, Pisando Ovos, Galitoon, o Mago Anyo, Quico Cadabal, Mario Iglesias, Margarita Ledo, Alberte Pagán, Cora Peña, Antonio García Teijeiro, Antón Castro, Antón Lopo, Chus Pato, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Santy Gutiérrez, Elías Torres, Jacobo Fernández, Xosé Luís Méndez Ferrín, Óscar Villán, Antía Otero, Roberto Salgueiro, Camilo Franco, Marta da Costa, Antón Riveiro Coello, Fran Alonso, Aurora Marco, Pilar García Negro, Manel Cráneo, Xosé Lois García, Manuel Ferreiro, Xosé Carlos Caneiro, Mini e Mero, Xosé Antón Neira Cruz… Sen mentar representantes institucionais, técnicos ou xestores. Os que queiran ter datos máis completos, consulten o programa.
| CG || -Analizamos en dez puntos que é o que estamos a vender na Feira da Habana


Para os que non saiban como vai isto: cunha ferramenta do Flock (o navegador social) collemos textos que nos interesan para este blog e poñémolos tal cal, cunha ligazón ao final para que se poida ler o artigo enteiro. Logo facemos esto: comentarios na entrada principal. Vostedes poden comentar nos "díxome díxome", só lles pedimos sentidiño.

Cadaval é con v ou con b? Sendo de Ribeira, un nunca sabe se é de Carreira ou de Riveira.
Aurora Marco vai con Toxosoutos, como xa anunciamos no xornal. Iria Lago quedou de pasarnos pequenas crónicas, pero non debe ter conexión á Rede ou Havana é con v. E agora sería a oportunidade de facer un bo relato de ficción sobre o que pasaría se todos estes intelectuais (culturetas dixeron os malévolos de Chuza!) ficasen a vivir aló e non voltasen. Que perdería a cultura galega? ou só perdería a industria cultural galega?

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical