Mostrando entradas con la etiqueta bandas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bandas. Mostrar todas las entradas

19.11.12

Rianxo: a banda de música acadou o terceiro premio na súa categoría dentro do VI Certame Galego de Bandas de Música

  • A Escola de Música, á que está adscrita a Banda, organiza unha clase maxistral con Pablo Castaño este domingo 25 de novembro, adicada ás Big Bands

Media_httpfgbmpnettyp_xzmqp

Os de Ponte Ledesma celebrando o seu trunfo

Rianxo, 19 de novembro de 2012. O pasado sábado pola noite celebrouse a segunda xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A Unión Musical Ponte Ledesma resultou gañadora despois de que o xurado lle concedera 352 puntos, cun premio de 2000 €. En segundo lugar quedou a Banda de Música Xuvenil de Xinzo con 306 puntos e un premio de 1400€, e no terceiro posto, con 288 puntos, a Banda da Escola de Música de Rianxo, cun premio de 600€.


Nesa xornada participaron 5 bandas pertencentes á terceira sección, aquelas que teñen entre 50 e 70 membros. Ademais das xa mencionadas, as outras agrupacións participantes foron a a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a Banda de Música Cultural de Teo, que acadou o premio a mellor interpretación dunha obra libre de temática galega. Cada unha delas interpretou un pasodobre, unha obra de elección libre e unha obra obrigada, Camiños da Fin da Terra de Antón Alcalde Rodríguez.


O xurado encargado de elixir os premiados nesta primeira xornada estivo composto por José Iglesias Ramilo, José Luis Represas, Marta Silva Pérez, Xosé Carlos Seráns Olveira e Pilar Jurado.

Lousame: veuse sen premio

Media_httpfarm9static_kmain

Non houbo premio desta volta para a banda de música de Lousame, que preparara este certame con grande ilusión, logo dos excelentes resultados do pasado ano, en que trouxo dous premios para a casa.




Grande repercusión nas redes sociais
As redes sociais tamén foron protagonistas deste certame. A través do Facebook e do Twitter os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares (máis de 5000 o sábado e que subiron ata 7000 esta fin de semana pasada) puideron seguir minuto a minuto o devir do certame.

Fonte e fotos: FGBM

CLASE MAXISTRAL O DOMINGO 25 DE NOVEMBRO

Media_httpfarm9static_fshou



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.11.12

Rianxo: a Banda de Música participa este sábado no VI Certame Galego de Bandas en Santiago

  • Haberá un autobús desde Rianxo para quen queira ir apoiar á formación musical rianxeira

Rianxo_banda

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.10.12

Outes: a banda de Lousame actúa o domingo 4 de novembro en homenaxe a Añón e Manuel Blanco Dosil

Media_httpfarm9static_kiuse

Outes estase volcando este ano na celebración do bicentenario de Añón

Outes, 29 de outubro de 2012. Continúa co plan de preparación para o Certame Galego de Bandas de Música a Banda Municipal de Música de Lousame. O vindeiro domingo, 4 de novembro, dará un concerto na Casa da Cultura da Serra de Outes ás 7 da tarde.

O concerto servirá para recoñecer a figura de Manuel Blanco Dosil, director da Banda de Outes e compositor da obra libre coa que a Banda de Lousame participará no Certame Galego. A obra que se estrenará neste concerto leva por título “Escenas do Atlántico” e está adicada á costa galega e a tódolos que perderon a vida nela. O ano pasado a Banda de Lousame xa concursou cunha obra de Manuel Blanco titulada “O demo de Carboeiro” e acadou con ela un gran éxito xa que levou o premio á mellor interpretación dunha obra galega.

No concerto deste domingo tamén se fará unha homenaxe á  figura de Francisco Añón no ano do bicentenario do seu nacemento. Do poeta outense interpretaranse dúas pezas “A Galicia” e “A enfermedá d’Añón” con música de Prudencio Romo e que foran popularizadas polo grupo “Los Tamara”. Na versión para banda a Banda de Lousame acompañarase da Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de José Manuel Barreiro Pérez “Secho” e Fernando Docampo. Con estas pezas a Banda de Lousame quere sumarse ó recoñecemento da obra de Añón nun ano que foi moi intenso no Concello de Outes en actos culturais.

A Banda de Lousame espera repetir ou mellorar o resultado do ano pasado onde ademáis do anterior premio acadaron o segundo premio na sección terceira. A participación da Banda de Lousame será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.10.12

Lousame: a Banda de Música participa por segundo ano consecutivo o VI Certame de Bandas

  • Entre o 16 e o 18 de novembro en Santiago
  • Antes ten que ensaiar moito, e dará tres concertos previos. O primeiro deles é este sábado 20 no auditorio de Valga
  • O ano pasado conseguiu dous premios


Un dos temas interpretados pola Banda de Lousame no certame anterior

Lousame, 17 de outubro de 2012. A Banda Municipal de Música de Lousame actúa por segundo ano consecutivo no Certame Galego de Bandas de Música. Este evento, organizado conxuntamente pola Federación Galega de Bandas de Música e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, chega este ano á súa sexta edición e terá lugar os días 16, 17 e 18 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A Banda de Lousame participa na Sección Terceira xunto coas bandas de Ribadavia, Arteixo, Chapela e Cabral. A súa actuación será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde.

Para preparar o repertorio co que se presenta a Banda de Lousame realizará  tres concertos previos, o primeiro dos cales ten lugar este sábado día 20 no Auditorio de Valga ás 9 da noite. A Banda de Lousame espera repetir o éxito da anterior edición onde acadaron dous premios: o segundo premio na Sección Terceira e o premio á mellor interpretación dunha obra galega coa obra “O demo de Carboeiro” de Manuel Blanco Dosil. Este compositor do concello de Outes volve colaborar este ano coa Banda de Lousame compoñendo para interpretar neste certame a obra “Escenas do Atlántico”.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical