- Á estación leonesa de San Isidro
- Data límite de inscrición o 2 de febreiro
Boiro, 15 de xaneiro de 2013. Baixo o lema “Borobó vaise á neve”, a entidade cultural presenta a organización da xa cuarta viaxe á estación invernal de San Isidro, coa finalidade de facilitar que os mozos e mozas, principalmente da comarca, teñan a posibilidade de disfrutar da práctica dos deportes de inverno coma o esquí ou o snowboard.
A saída está prevista o venres día quince de febreiro, sobre as once da noite, diante da Casa da Cultura de Boiro e voltarase ao redor das dez da noite do domingo dezasete. A viaxe, que ten un prezo de cento cinco euros, inclúe o transporte de ida e volta en autobús, o aloxamento na noite do sábado no Albergue Bustiello, a cea do sábado e o almorzo do domingo e o forfait do fin de semana. Non está incluido o aluguer do equipo, xa sexa de esquí ou de snowboard, pero dende a asociación realizan a xestión do arrendamento.
Para inscribirse e facer o pago dase de prazo ata o día dous de febrero e pode
facerse a través do correo electrónico de Borobó (asociacionborobo@gmail.com) ou no teléfono 620970072.
Noutros concellos:
Barbanza: teñen localizado fraga con enormes exemplares de fieito Woodwardia radicans, un tesouro de tempos pasados blogueiros.axena.org/2013/01/15/woo…
— Certo (@Certo) January 15, 2013
"@iagovarela: nova rede social galega, Vituin vituin.com máis do mesmo, querer parecerse a Tuenti e Facebook. FAIL" @cabozo_com
— Certo (@Certo) January 15, 2013
ABUCHEAR EN SEVILLA ES FASCISMO, ABUCHEAR EN BERMEO ES ETA, ABUCHEAR A ZP ERA LIBERTAD DE EXPRESIÓN.
— masaenfurecida (@masaenfurecida) January 14, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Estou interesado, señor Valcárcel, na revista "Chan", que coñezo só de oídas. ¿Podería fornecerme dalgunha información sobre ela? Se lle resulta engorroso ou lle parece inapropiado metela aquí, pode mandarma ao meu enderezo electrónico. Agradézollo.
E por que non haberá un alma caritativa que escanee todas esas revistas e as colgue na rede? Por que non temos unha biblioteca "nacional" ou o que queiran galega que faga este labor? Por exemplo, números atrasados de Chan, de Teima, as vellas de ANT, as publicacións en galego da diáspora, etc, etc.
En Cataluña Google Books e a Generalitat chegaron a un acordo para poñer todos os fondos antigos da Biblioteca Nacional de Catalunya en Internet.
Para Leituga: de CHAN, a revista de Borobó, hai unha referencia naGran Enciclopedia Galega. Publicouse entre 1969 e 1971 e nela publicaron varias xeracións de autores: xentes como Ben-Cho-Shey, Ferrín, Blanco Amor, Carballo Calero, Fdez. Ferreiro, Paz Andrade, Otero, Freixanes, Rábade Paredes e Perfecto Conde. Era ilustrada, con moitas fotos, mesmo a color, e bilingüe, con maioría en castelán. Tiña seccións de humor gráfico de Siro López, Tomé e Lavandeira.