- Eusebio cumpriría 50 anos este ano, xa que naceu en 1962
- O premio que leva o seu nome chega desta volta á súa XXV edición
Eusebio, á esquerda, coa avoa Amancia e seu irmán pequeno, Manuel
Dodro, 16 de novembro de 2012. Mañá sábado, 17 de novembro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxea ao poeta de Dodro -quen este ano faría os 50 anos- ás 12:30h na súa casa natal na parroquia de Laíño, lugar de Tarrío, 26, do Concello de Dodro, co seguinte programa:
• Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
• Intervención dun membro da familia Lorenzo Baleirón
• Descubrimento dunha placa conmemorativa
• Lectura poética de poemas de Eusebio Baleirón a cargo de Carlos Negro • Remata o acto cunha interpretación musical
O acto contará coa presenza dos alcaldes de Dodro e Padrón.
Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos grandes poetas da segunda metade do século XX. En palabras de Román Raña no ano 1985: "Pertence á estirpe poética dos 80, percorre coa súa lira terreal os denodados camiños do verbo". "O impeto naceu das entrañas acuciantes dun tempo enneboado. Na poesía de Eusebio achamos a esteira de Borges e a floración de Cunqueiro. Había tempo que o escritor bonaerense non deixara unha pegada tan patente nos versos dun poeta galego: del vén a memoria e os espellos, un inmpudor metafísico que pretende despir a esencialidade das cousas e as normas do cosmos; do escritor de Mondoñedo surxe a eclosión lírica, a demorada reconstrución de espacios estelares e de sombras interiores onde o amor palpita paralelamente á desazón, onde hai papoulas e a espiña intanxíbel que inexorabelmente lacera o poeta."
Pode que tamén lle interese:

Relacionado:
Artigo do escritor Ramón Torrado:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia