Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas

7.1.13

Castelao: o alcalde de Rianxo estivo na homenaxe floral no seu sartego en Santiago

  • O conselleiro de Cultura voltou apelar, como hai uns días o presidente da Xunta na casa museo de Rosalía, á unidade dos partidos fronte á crise
Castelao_homenaxe_2013
É a segunda vez en dez días que a Xunta utiliza dous símbolos da cultura do país para pedir unidade aos partidos da oposición ante a grave crise que está a atravesar. Hai uns días foi Feijóo, quen elexiu a casa-museo de Rosalía de Castro como escenario da súa mensaxe de fin de ano. Este luns foi o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, quen ante o Panteón dos Galegos Ilustres, en Compostela, volveu pedirlle aos galegos e os partidos políticos que "se unan" ante os momentos difíciles que atravesa Galicia.

"O momento é moi difícil e aproveito este lugar emblemático para chamar á unidade de todos os galegos", dixo durante a celebración do 63 cabodano do falecemento dun dos históricos líderes do galeguismo.  "É o momento de dar resposta e de construír entre todos esa Galicia que todos queremos, pero desde a unión de todos os galegos e de todos os partidos políticos", engadiu.

O galego que fixo Galicia "desde fóra"

"Aquí descansa unha parte deses galegos que fixeron desde Galicia e, tamén desde fóra de Galicia, porque lles tocou vivir outros anos moi difíciles, esa Galicia que hoxe temos", suliñou Vázquez sen referirse ao feito de que Castelao tivo que vivir fóra do país exiliado logo do triunfo dun golpe fascista en España.

Antes de participar na homenaxe a Castelao, o titular da consellería enxalzou "unha das figuras máis senlleiras" de Galicia. "Colaborou e fixo que a Galicia que todos queremos e soñamos sexa hoxe en parte realidade", salientou.

Representantes políticos e culturais

Vázquez participou na homenaxe xunto ao expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, representantes do Consello da Cultura Galega e da Real Academia e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, entre outras personalidades. Axudado polo vicepresidente da Fundación Castelao, o conselleiro colocou unha coroa de flores xunto o cadaleito do escritor.

Nova do xornal Galicia Confidencial, co que colabora Certo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.1.13

Rianxo: este sábado, 5 de xaneiro, homenaxe a Castelao polo Bng

[[posterous-content:pid___0]]https://twitter.com/Certo/status/286418173354442752




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.6.12

Noia: Avilés e María Mariño estiveron presentes na lectura de textos do 50 aniversario das Letras Galegas en Coruña

  • O alcalde, Rafael García Guerrero, representou á vila, que é das poucas do seu tamaño en Galicia que ten a honra de ter a dous homenaxeados nesta efeméride que cada ano repasa a un persoeiro das nosas Letras

Media_httpfarm8static_vyifk

  • No acto estaba previsto que falase o presidente da Xunta, pero non dixo nada, suponse que porque había manifestantes nun lado da praza de María Pita, protestando polos recortes en Educación e Sanidade. O conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, estaba noutro acto, o dos premios da Crítica
  • Entre os actos simbólicos tamén estivo presente a vila de Rianxo, que deu a Castelao, Dieste e Manuel Antonio. Uns nenos trouxeron auga do mar recollida no paseo da Ribeira, cerca de onde naceron os tres

Noia, 16 de xuño de 2012. Hoxe, sábado 16 de xuño, ás 18 horas, na Praza de María Pita da Coruña, celebrarouse un acto en conmemoración do cincuentenario do Día das Letras Galegas. Contouse coas intervencións de Carlos Negreira Souto, alcalde da Coruña, que falou en galego tamén, inda que non é o acostumado neste persoeiro; con Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega e, non falou, inda que estaba previsto, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia. Suponse que porque había uns poucos manifestantes protestando polos continuos recortes deste goberno e, sobre todo, do central, ambos do Partido Popular.




Media_httpfarm9static_pujwu


No transcurso do acto, a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitouse na voz dos representantes dos concellos que os acolleron. Asemade, houbo un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega.

 

Máis info en http://www.realacademiagalega.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

31.5.12

Rianxo: VII Encontro coa Arte "Lembrando a Castelao", do 1 ao 3 de xuño entre Brión e Rianxo

Media_httpfarm9static_wsnko

Rianxo, 31 de maio de 2012. Esta fin de semana, venres 1, sábado 2 e domingo 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: " Lembrando a Castelao", unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. A xornada do sábado 2 terá lugar en Rianxo, vila natal do homenaxeado.

Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme envergadura cultural e humana. A actividade máis destacada das xornadas van ser os obradoiros de pintura do natural, momento no que os artistas trasladan os seus talleres a distintos lugares e entornos naturais do concello. Como novidade, e en colaboración co Concello de Rianxo, este ano o encontro celebra unha das súas xornadas na vila natal de Castelao, onde, ademais dos mencionados talleres, celebrarase un acto e unha ofrenda floral na lembranza do ilustre rianxeiro.

Pode que tamén lle interese:

Rianxo: do 1 ao 3 de xuño, seminario sobre campos de concentración nesta bisbarra

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.7.10

Rianxo: o Consello da Cultura Galega presenta o I Roteiro sobre Castelao

O Barbanza foi a terra natal de polifacético artista e político Daniel A. Rodríguez Castelao. A través da nosa aplicación Roteiros da Cultura Galega, queremos propoñervos unha viaxe ata o norte da Ría de Arousa para coñecer a formación vital de Castelao.

Rianxo, berce do escritor, preserva os lugares que manteñen viva a memoria biográfica do escritor. Paseando polas súas rúas, poderemos mergullarnos no universo familiar, pero tamén cultural e simbólico que enche as obras de ficción do escritor e político. O noso itinerario permite comprender as referencias gráficas, visuais, humanas e mesmo lingüísticas que enchen libros como Cousas ou Retrincos, a través dos concellos arousáns de Rianxo, Boiro e a Pobra do Caramiñal. Temos lugares da memoria do autor, pero tamén pazos, romarías, cruceiros, escolas, castros, embarcadoiros...

O xoves que vén publicaremos o segundo roteiro que dedicaremos a Castelao: Castelao en Pontevedra.

Pódese ver en http://www.culturagalega.org/roteiros/paxinadetalle.php?id=8&cod_rtro=18#

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.4.09

Estes de Rianxo, sempre dando que falar!




Eu? Galeguista de sempre! (en SEioquenosfigestes)


Críticas a Ramón Piñeiro de Castelao, aquí

10.1.09

22.11.08

Castelao, ese xenio rianxeiro


O Museo de Pontevedra deposita na Rede, ao alcance de todo o orbe, a súa colección gráfica de Castelao. Pulse nas imaxes e accederá a el. Hai auténticas marabillas debuxadas por el. Os amantes dos cruceiros estamos de noraboa...



28.9.08

Castelao, en Sargadelos


Castelao Sargadelos3 por ti.


Ten cara de nostalxia o autor de "Sempre en Galiza".

Sargadelos é unha parroquia de Cervo, Lugo. Alí Raymundo Ibáñez, marqués de Sargadelos, fundou unha das primeiras factorías galegas. Asasinárono por afrancesado (esa foi a excusa). Morreu descuartizado: as Luces non chegaran aínda a Galicia. Aínda hoxe andamos entre lusco e fusco...

27.3.08

10.3.08

Tal día como hoxe, 10 de marzo


1944, publícase en Bos Aires Sempre en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.

Hoxe tamén é o Día da Clase Obreira Galega.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical