Mostrando entradas con la etiqueta homenaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta homenaxe. Mostrar todas las entradas

14.1.13

Porto do Son: Ramón Sampedro, o maior activista galego pro-eutanasia, voltou ser homenaxeado

Vídeos e tweets de Paco do Martelo







Foi o 12 de xaneiro de 1998 cando Ramón Sampedro, mariñeiro de Xuño tetrapléxico, farto da xustiza lenta e dos políticos inmisericordes deste país, decidiu deixar este mundo. Como reza o noso refraneiro, "entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro", e en calquera das súas homenaxes, sempre arredor da data do seu pasamento, o frío e a chuvia están presentes. Iso non arreda aos seus amigos, familia e admiradores, que xa levan con este 14 homenaxes. Notouse que non había eleccións á vista, pois a presenza de autoridades foi case nula: só se presentou o ex alcalde socialista Pastor Rodríguez, aínda edil na corporación sonense.

Os que nunca fallan e promoven con máis forza este homenaxe son os de Dereito a Morrer Dignamente e a súa familia e amigos. O seu anceio é que o legado de Ramón Sampedro non morra e que se consiga o que pediu ata que non puido máis: a eutanasia. Os políticos deste país, gravemente acomplexados pola moral católica que considera isto un pecado mortal, inda nin sequera abriron o debate. En países máis avanzados -Holanda, Bélxica ou Suíza, entre outros- xa é algo que a sociedade asumiu, pois foi explicado e debatido nas cámaras de representación cidadá.

O XIV homenaxe a Ramón Sampedro fixo de novo protagonistas á natureza -ese mar que el tanto amaba inda que nel quedara baldado e eses caraveis vermellos que se arroxaron no seu leito- e á poesía. O mesmo Sampedro deixou en "Cartas desde el infierno" un feixe de versos nos que este activista da eutanasia pediu, séndolle negado, unha morte digna a uns tribunais, os españois, que son tan lixeiriños en darlle cadea aos pobres e inda máis en zafar aos ricos e poderosos.

Media_httpfarm3static_nfcag

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.1.13

Rianxo: este sábado, 5 de xaneiro, homenaxe a Castelao polo Bng

[[posterous-content:pid___0]]https://twitter.com/Certo/status/286418173354442752




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.11.12

Dodro: escritores galegos homenaxean a Eusebio Lorenzo Baleirón este sábado 17 de novembro

  • Eusebio cumpriría 50 anos este ano, xa que naceu en 1962
  • O premio que leva o seu nome chega desta volta á súa XXV edición
Media_httpfarm9static_pjfbz

Eusebio, á esquerda, coa avoa Amancia e seu irmán pequeno, Manuel

Dodro, 16 de novembro de 2012. Mañá sábado, 17 de novembro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxea ao poeta de Dodro -quen este ano faría os 50 anos- ás 12:30h na súa casa natal na parroquia de Laíño, lugar de Tarrío, 26, do Concello de Dodro, co seguinte programa:

• Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
• Laudatio de Paulino Vázquez
• Intervención dun membro da familia Lorenzo Baleirón
• Descubrimento dunha placa conmemorativa
• Lectura poética de poemas de Eusebio Baleirón a cargo de Carlos Negro
• Remata o acto cunha interpretación musical

O acto contará coa presenza dos alcaldes de Dodro e Padrón.

Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos grandes poetas da segunda metade do século XX. En palabras de Román Raña no ano 1985: "Pertence á estirpe poética dos 80, percorre coa súa lira terreal os denodados camiños do verbo". "O impeto naceu das entrañas acuciantes dun tempo enneboado. Na poesía de Eusebio achamos a esteira de Borges e a floración de Cunqueiro. Había tempo que o escritor bonaerense non deixara unha pegada tan patente nos versos dun poeta galego: del vén a memoria e os espellos, un inmpudor metafísico que pretende despir a esencialidade das cousas e as normas do cosmos; do escritor de Mondoñedo surxe a eclosión lírica, a demorada reconstrución de espacios estelares e de sombras interiores onde o amor palpita paralelamente á desazón, onde hai papoulas e a espiña intanxíbel que inexorabelmente lacera o poeta."

Pode que tamén lle interese:

Relacionado:
Artigo do escritor Ramón Torrado:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.10.12

Ribeira: este sábado 6, partido homenaxe a Mariscal e Miguel Rodríguez

Ribeira_partido_homenaxe
https://twitter.com/Certo/status/253164165554909184

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.9.12

Muros: o finado ex-alcalde nacionalista Domingos Dosil foi homenaxeado

  • O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificouno como "bo e xeneroso, con determinación, compromiso e coraxe"

Homenaxe_a_dosil
Muros, 16 de setembro de 2012. A Antiga Fábrica de Sal foi o escenario, onte en Muros, dunha cálida e moi concorrida homenaxe á memoria de Domingos Dosil, activista polos dereitos dos minusválidos, alcalde da vila e sobre todo, en verbas dos seus compañeiros de partido, "grande patriota e grande nacionalista galego", tristemente falecido.

Na homenaxe tomou parte o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Na súa alocución, o líder nacionalista gabou a “determinación, a coraxe e a convicción patrióticas” das que Domingos fixo gala durante toda a súa vida.

“Domingos”, dixo Guillerme, “tiña todo o que ten que ter un nacionalista galego: determinación, compromiso, coraxe”. “Era un home bon, claro que si; era un home xeneroso, por suposto que si”.

Entrega e traballo

O portavoz nacional destacou que a traxectoria vital de Domingos mostra que “a política é unha das actividades máis nobres que pode desenvolver un ser humano”. “Porque a política é iso, entrega e traballo na defensa dos intereses colectivos, traballo para construír unha sociedade e un mundo mellor para todos”, engadiu.

Concluíu Guillerme dicendo que “a mellor homenaxe que lle podemos render a Domingos é traballarmos duro con determinación, entusiasmo e ilusión para que o 21-O o pobo galego diga alto e claro que estamos fartos das políticas de recortes e que queremos outro estatus político para Galiza”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.5.12

Porto do Son: despedida emocionada a José María Pazos, técnico de Deportes do Concello

Porto_do_son_deportes

Porto do Son, 26 de maio de 2012. Onte houbo en Porto do Son unha cea de agasallo con motivo da despedida do técnico de Deportes, José María Pazos Couto, quen deixa o seu posto tras once anos a cargo da área de Deportes, para dar o salto á educación, en concreto á Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo, onde realizará a función de Profesor Contratado Doctor.

Na despedida estiveron presentes, entre outras autoridades municipais, o alcalde Luis Oujo, tenente alcalde e concelleiro de Servizos Sociais Javier Quiñoy e o concelleiro actual de Deportes, Manel Deán, así como diversos compañeiros do Concello no que serviu ata agora o homenaxeado.

Tamén, neste concello:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.5.12

Música: o noiés Sleeping Cat colabora no tributo a Magín Blanco, cuxo crowdfunding precisa dun último impulso para gravar o disco

  • Son necesarios case 700 euros para chegar aos 3.000 que custa gravar o dobre disco
  • Case trinta músicos ou grupos galegos ou relacionados con Galicia participan nesta homenaxe a Magín, que non pode tocar a guitarra por un accidente dende o ano pasado

Media_httpfarm9static_eiigd

Sleeping Cat é Jerry Noia e canta "Lluvia dorada" neste disco

Noia, 21 de maio de 2012. "Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco" é o título do proxecto no que se comprometeron arredor de trinta músicos do noso país. Entre eles atópase o noiés Sleeping Cat, formado polo músico Jerry Noia, que interpreta "Lluvia dorada". A finalidade é gravar un disco dobre de versións de Blanco en homenaxe a este músico, quen por mor dun accidente en 2011 ficou imposibilitado para tocar a guitarra.

Media_httpwwwriveiran_otxjc

Magín Blanco actuou en Ribeira en 2007, na presentación do libro "Palabras contadas" de Camilo Franco. Imaxe do Ateneo Valle-Inclán

O proxecto abriu unha conta no web Verkami -o mesmo web no que se fixo Vitaminas para o galego e se sobrepasou a cantidade inicial- para recadar fondos mediante o sistema de Crowdfunding. A falta de 27 días para rematar o prazo da colecta, obtivo xa 2.370 euros dos 3.000 que se marcaron como obxectivo. O citado Sleeping Cat e músicos como Xoel López, Malvela, Eladio & los Seres Queridos, Uxía, Roger de Flor, Nancho Novo y los castigados sin postre ou Emilio Rúa son algúns dos artistas que participan nesta iniciativa.

Queres colaborar?

Tan só tes que ir a esta ligazón:

http://www.verkami.com/projects/1942-doutor-apertas-tributo-a-magin-blanco-2xcd

Queres ver quen está implicado musicalmente?

BandCamp do disco

Queres espallalo entre as túas amizades?

Só tes que compartir esta noticia no twitter ou no facebook, ou tamén podes ir ao Facebook do tributo: http://www.facebook.com/pages/Doutor-Apertas-Tributo-a-Mag%C3%ADn-Blanco/2315...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.5.10

Dodro: sarillos político-ideolóxicos en Galicia por unha homenaxe a Moncho Reboiras

A noticia cóntana en Galicia Confidencial, medio co que colaboramos: http://galiciaconfidencial.com/nova/5833.html
Os que se queiran apuntar a esta homenaxe teñen a web http://www.monchoreboiras.es

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical