Marabillosa a colaboración das mulleres do Taller de Memoria do Concello de Rianxo no Clube de Lectura (aberto a... fb.me/2uZark1ar
— Hadriana Ordóñez(@hadrianaordonez) 7 de marzo de 2013
7.3.13
Rianxo: "Elas Realízan (Se)", programa educativo cultural para todo marzo
6.1.13
11.12.12
Cultura: o académico e historiador ribeirense Xosé Ramón Barreiro presentou "Murguía y Mondariz"
- A publicación foi editada pola Fundación Mondariz Balneario en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Real Academia Galega
- Barreiro Fernández recolle este sábado en Lousame o "Sereo" de Barbantia
Mondariz-Balneario, 11 de decembro de 2012.- O Balneario de Mondariz acolleu hoxe a presentación do libro Murguía y Mondariz, unha obra do profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández, natural de Ribeira, editada pola Fundación Mondariz Balneario coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Real Academia Galega (RAG).
A obra, segundo afirmou no acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, é “o resultado dun traballo de integración de todo un conxunto de perspectivas que nos ofrece unha lectura completa dun tempo fundamental da nosa historia cultural e lingüística”.
Ao fío disto, indicou que o libro reúne “algúns dos elementos clave da construción galeguista, que marcou unha época histórica e que puxo os alicerces para a reflexión, o compromiso e a estima pola cultura propia de Galicia”. Faino a partir da relación entre Mondariz e Manuel Murguía, “figura que representou en boa maneira iso que hoxe denominamos un dinamización da vida intelectual, que marcou unha pauta para o cambio de século, como ponte entre o Rexurdimento e a Xeración Nós”, dixo.
Vinculación entre o cultural e o empresarial
Murguía y Mondariz afonda na súa parte introdutoria na relación do primeiro presidente da RAG cos Peinador (cos irmáns Ramón e Sabino Enrique Peinador Vela, e mais co fillo deste último, Enrique Peinador Lines), impulsores do Balneario de Mondariz. Ademais, a obra aborda a relación de Murguía con Mondariz e trata tamén da súa colaboración con La Temporada en Mondariz, publicación que se repartía gratuitamente entre os hóspedes do balneario.
En referencia a estas relacións, Anxo Lorenzo asegurou que exemplifican “unha vinculación entre o cultural e a actividade empresarial aínda con longo percorrido un século despois”.
Na segunda parte da publicación reprodúcense unha serie de artigos da autoría de Manuel Murguía, entre os que se inclúen o que orixina a creación da RAG e outros arredor de Mondariz e a súa comarca, xunto con artigos etnográficos, arqueolóxicos e biográficos, entre outros.
Finalmente, o secretario xeral felicitou ao profesor Barreiro Fernández “pola súa capacidade de traer ao noso presente os elementos esenciais da nosa vitalidade cultural e identitaria”, así como tamén á RAG, como parte imprescindible deste labor investigador”, e á Fundación Mondariz Balneario. “Para a Xunta de Galicia –concluíu– constitúe un orgullo tomarmos parte tamén, co noso apoio, deste traballo, que nos ofrece unha análise fundamental dunha época que marca a nosa historia cultural colectiva”.
No remate do acto –no que tamén interviron o propio autor da obra, o presidente da Fundación Mondariz Balneario, Javier Solano; e a concelleira de Cultura de Mondariz-Balneario, Cristina Rodríguez– fíxose entrega do diploma III Embaixador de Mondariz a D. Manuel Murguía, que recibiu o alcalde do Concello de Arteixo, terra natal do escritor.
De fascistas a reis e sultáns, ademais de comunicadores como Lecquio
Na lista de "personaxes ilustres" que colga da web do balneario de Mondariz dá mesmo arrepío ver que alí estiveron, entre outros, fascistas asasinos como José Millán Astray (en 1922 inda non estaba nos seus "mellores tempos") ou o golpista Miguel Primo de Rivera (en 1927), xunto a sultáns como Al Kaitoo. Mais na lista, o que predomina agora son personaxes do famoseo, como Alessandro Lecquio, disque comunicador, e presentadores de televisión como a nosa paisana Paula Vázquez, ou actores como Manquiña, Sancho Gracia (xa falecido) ou Natalia Verbeke. O século pasado a farándula estaba composta por escritores da talla de Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco ou Emilia Pardo Bazán. Os tempos mudaron moito neste aspecto, mais non no dos políticos, que seguen a encher este establecemento. Antes eran Castelar e os citados Rivera e Astray, namentres estes últimos anos pasaron Bono, Paco Vázquez, Aznar ou Javier Solana.
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
19.11.12
Rianxo: o grupo de teatro amador "Airiños", premio Cultura Galega 2012
- Salvador García Bodaño na categoría das Letras
- Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas
- O grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas
- A Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
- A Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia
- Manuel Rodeiro en Música
- Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual
Esther F. Carrodeguas dirixe agora Airiños
Nin rico nin pobre senón todo o contrario é a obra de Mihura que acaban de estrear
Rianxo, 19 de novembro de 2012. O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, determinou na reunión celebrada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu labor nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. Temos que dar os parabéns aos rianxeiros de "Airiños", grupo de teatro amador que naceu en Asados e que é o máis lonxevo de Galicia, logo de case 80 anos de actividade cuase ininterrompida. Recibe o premio das Artes Escénicas.
Os outros gañadores da edición 2012 foron Salvador García Bodaño na categoría das Letras; Manuel Quintana Martelo na modalidade das Artes Plásticas; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; a Asociación Internacional Estudos Galego en Promoción Cultural de Galicia; Manuel Rodeiro en Música; e Miguel Anxo Fernández no apartado de Creación Audiovisual.A Xunta de Galicia convoca estes premios anuais co fin de recoñecer o labor de persoas e institucións que traballan nos distintos ámbitos da creación, da conservación e da posta en valor do patrimonio cultural, así como da actualización e difusión do noso capital creativo galego. Os galardoados recibirán como premio unha escultura realizada polo artista ourensán Xosé Cid.Traxectorias premiadasNa categoría de premio Cultura Galega das Letras o galardón recaeu en Salvador García Bodaño, a quen se lle recoñeceu unha calidade literaria que o sitúa como un dos máis destacados poetas vivos da xeración dos 50, ademais da súa activa participación en diversas iniciativas culturais.
No apartado das Artes Plásticas, Manuel Quintana Martelo foi distinguido pola calidade da súa obra e compromiso coa pintura, así como a súa implicación en diversos proxectos culturais para ampliar a presenza das artes plásticas galegas. O artista formou parte de Atlántica e expuxo en prestixiosos museos e galería de diversos países.O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.Na modalidade de Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural o galardón recaeu na Fundación Eduardo Pondal, pola súa ampla e constante programación participativa arredor das letras galegas, desenvolvida coa implicación de entidades, axentes culturais e veciños da terra natal do escritor que lle dá nome á fundación.O premio á Promoción Cultural de Galicia foi para a Asociación Internacional de Estudos Galegos, entidade creada na década de 1980 na costa leste dos Estados Unidos co obxectivo de difundir por todo o mundo a cultura e a lingua galegas. Desde entón, a AIEG impulsa e desenvolve o seu labor, principalmente, no terreo académico e universitario.Manuel Rodeiro mereceu o recoñecemento do xurado na categoría de Música polo seu labor de referencia na creación sonora contemporánea. Compositor, crítico, xestor e pedagogo, Rodeiro dirixiu o departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea, foi fundador da editorial musical Música Nueva e do conxunto instrumental Cámara XXI.Na categoría de Creación Audiovisual, o galardón recaeu este ano en Miguel Anxo Fernández, crítico audiovisual, escritor e autor de numerosas publicacións de temática cinematográfica. Na súa ampla traxectoria vinculada ao audiovisual, foi impulsor de numerosas iniciativas destinadas á promoción do cine galego.O xuradoO conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez, presidiu o xurado da edición 2012 dos premios, do que tamén formaron parte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long; Francisco Díaz Fierros, en representación do Consello da Cultura Galega; Xosé Henrique Coas González e Goretti Sanmartín Rei, en representación das universidades de Vigo e da Coruña, respectivamente; e Ramón Yzquierdo Perrín, en representación da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.Completaron o xurado catro persoas de prestixio no ámbito cultural como son o escritor Luís González Tosar, o artista plástico Antón Pulido, a cineasta e produtora Fernanda del Nido e o editor e escritor Henrique Alvarellos.
Relacionadas:
- Airiños de Asados: a verdadeira riqueza, por Ramón Torrado
- Esther F. Carrodeguas dirixe o grupo "Airiños", que vén de estrear obra de Miguel Mihura
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
18.11.12
Cultura: xa se coñecen os premios Barbantia 2012
Xosé Ramón Barreiro
Á esquerda, Xoán Mariño Reino
Toma nocturna da sede da Sociedade Liceo Noia
Barbanza, 18 de novembro de 2012. O colectivo cultural Barbantia deu a coñecer onte o paradeiro dos Sereos deste ano.
- Traxectoria Cultural no Barbanza: Xoán Mariño Reino, presidente da asociación cultural "Terra de Outes". É escritor, natural de Outes, onde fai este ano de comisario do Ano Añón, polo bicentenario do poeta.
- Iniciativa Cultural no Barbanza: Sociedade Liceo de Noia. Polas súas numerosas iniciativas a prol da cultura, nun ente que conta con moitos socios, promove numerosas exposicións na súa sede e mesmo este ano contribúe coas súas instalacións a que se faga a Mostra de Curtas.
- Barbantia da Cultura Galega: Xosé Ramón Barreiro, catedrático e historiador natural de Ribeira, académico que chegou a presidir a Real Academia Galega.
O Sereo de Barbantia feito por Sargadelos
A entrega da sexta edición destes premios terá lugar en Lousame o 15 de decembro, logo da cal a entidade celebra a súa tradicional comida de Nadal.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
23.10.12
Noia: a historiadora Aurora Marco, premio Luís Tilve 2012 na categoría de Investigación e Divulgación Histórica
Aurora Marco, a que mira a cámara de fotos, nunha foto de arquivo feita na Habana. Ao seu pé, a escritora Pilar García Negro e o debuxante de banda deseñada MiguelAnxo Prado
Noia, 23 de outubro de 2012. Onte deuse a coñecer o fallo dos premios da Fundación Luís Tilve e entre eles resultou premiada a historiadora e escritora noiesa Aurora Marco, "polo seu traballo 'As mulleres na guerrilla antifranquista galega', que recupera os nomes destas mulleres para a nosa historia", segundo figura na acta do xurado.
Aurora Marco caracterízase na súa obra por reivindicar o papel das mulleres na historia de Galicia
Os premiados nos outros apartados foron:
-
Na categoría Traballo Digno: o xornalista pontevedrés Xabier Fortes. «Con este premio recoñécese a calidade, o rigor e a independencia dun profesional que cre nos medios públicos como espazo aberto ás preocupacións sociais dos cidadáns», sinalou o xurado destes galardóns.
-
Na categoría Acción Solidaria: o Proxecto Bubisher, «un autobús biblioteca que percorre os campamentos de refuxiados do Sáhara». Na actualidade participan máis dun cento de bibliotecas escolares galegas. Esta idea, xurdida do alumnado do colexio San Narciso de Marín, foi posta en marcha pola Asociación de Escritores por el Sáhara. (O ano pasado fora premiado o escritor Manuel Rivas).
Escaleiras en espiral do Museo do Pobo Galego
-
Na categoría Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns: Museo do Pobo Galego.
Os galardóns serán entregados este venres 26 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo.
Que son os premios Luís Tilve?
Ten toda a información na web da Fundación Luís Tilve, en http://www.fundacionluistilve.com/premios.php
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
10.10.12
Outes: Francisco Añón, homenaxeado polo seu bicentenario na súa terra e na Academia
-
Tal día coma onte, 9 de outubro, nacía o poeta, en 1812
-
O secretario xeral de Cultura gabou as iniciativas que “promoven un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural”
Outes, 10 de outubro de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse aos os actos de conmemoración do centenario de Francisco Añón que se celebraron onte en Outes, terra natal do poeta. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nas iniciativas promovidas polo Concello de Outes para homenaxear o poeta Francisco Añón cando se cumpren os douscentos ano do seu nacemento; “iniciativas –dixo– que a Xunta de Galicia acolle e apoia con entusiasmo por promoveren un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural”.
Cadro do artista Alfonso Costa en homenaxe a Francisco Añón, que lle entrega ao concello de Outes yfrog.com/h48ppwdj
— Anxo M. Lorenzo (@alorenzo64) October 9, 2012
“O congreso desenvolvido a semana pasada na Cidade da Cultura de Galicia permitiu afondar no estudo da achega poética e vital de Francisco Añón e as diferentes homenaxes que se veñen desenvolvendo estes días en Outes permiten recuperar esta figura na memoria dos seus habitantes”, dixo o secretario xeral.
Recuperación de figuras singulares
O representante da Consellería tamén asegurou que “estas celebracións arredor de momentos que marcaron pasos decisivos do avance cultural de Galicia e da recuperación dun status para a nosa lingua constitúen un conxunto de pingas do noso pasado traídas á actualidade, que nos axudan a recuperar para o presente a referencia das nosas figuras e obras máis singulares da nosa historia”.
Xunto co secretario xeral tamén interviron no acto o alcalde de Outes, Carlos López Crespo; o secretario da Real Academia Galega, o rianxeiro Xosé Luís Axeitos; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Elvira Padín, e o coordinador dos actos de homenaxe, o outense Xoán X. Mariño.
As celebracións arredor do bicentenario de Añón comezaron coa inauguración dunha placa conmemorativa da efeméride. A continuación tivo lugar o acto de entrega do retrato de Francisco Añón por parte do pintor noiés Alfonso Costa ao Concello de Outes. A intervención das das autoridades presentes e unha ofrenda floral ao poeta diante do seu monumento na Casa do Concello completaron os actos de homenaxe.
Ademais de colaborar co Concello de Outes na realización do congreso sobre Francisco Añón que se realizou na Cidade da Cultura os días 4 e 5 de outubro, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou a publicación de Vida e obra de Francisco Añón, un volume da autoría de Ramón Blanco que acaba de publicar a Editorial Galaxia e que nace coa vontade de difundir a achega literaria e lingüística do poeta no conxunto da sociedade.
Colaboración da Real Academia Galega
A Real Academia Galega tamén se quixo sumar á homenaxe do bardo de Boel. Na súa web ten publicado o poema "A Galicia", que se pode ler en edición facsímile aquí. A biografía de Añón está nesta ligazón.
Ademais, o pasado 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, durante a presentación do libro "Poesías galegas", de Añón, o membro de número da Academia Manuel González González, expresou o seu agradecemento por esta iniciativa ao Concello de Outes pois "axuda a situar a figura de Añón no lugar que merece no canon da literatura galega". Durante a súa intervención, o membro da executiva da Academia salientou, tamén, o carácter "progresista" do poeta outés, "amigo persoal de Antolín Faraldo e comprometido co ideario revolucionario do provincialismo, como podemos ver no seu poema "A Galicia" [PDF 1Mb].
Esta reedición facsimilar do libro Poesías Galegas, de Francisco Añón Paz, editado polo Concello de Outes coa colaboración da Real Academia Galega e da Deputación da Coruña, presenta como novidade dous prólogos; un a cargo de Carlos L. Crespo, alcalde de Outes, e outro do presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, que reproducimos aquí [PDF 0.3Mb].
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
23.5.12
Noia: do 4 ao 8 de xuño, curso sobre Celso Emilio Ferreiro na casa da cultura
Non o le claramente e quere facelo? Entón ten que premer aquí
Noia, 23 de maio de 2012. Esta mañá tivo lugar a presentación do curso "Celso Emilio Ferreiro 1912-1979" que se vai celebrar do luns 4 ao venres 8 de xuño na casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia.
O curso está orientado ao profesorado en activo, preferentemente, pero tamén hai un cupo, o 30%, para persoas coa titulación requerida pero que non están en activo. Foi solicitada a homologación á Consellería de Cultura e Educación e entregarase diploma de dez horas.Na presentación estiveron o concelleiro de Cultura noiés, Javier Rodríguez Vieites, e o coordinador das Xornadas, Xavier Castro Rodríguez, profesor do IES "Virxe do Mar" de Noia. Cómpre lembrar que neste ano estase a celebrar o centenario do seu nacemento con actividades por toda Galicia.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
14.5.12
Ribeira: organizan desfile de traxe galego no instituto Leliadoura este martes 15
[[posterous-content:pid___0]]Ribeira, 14 de maio de 2012. O IES Leliadoura organiza mañá, martes 15, ás 12 da mañá, un desfile para pór remate á exposición sobre o traxe galego inaugurada o pasado día 3 de maio.
Nesta exposición, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, puidéronse ver todo unha variedade de traxes galegos, tanto en maniquís como tamén en fotos, ata facer un percorrido polas distintas variedades comarcais de Galicia e tamén polas distintas épocas históricas comprendidas entre comezos do século XX e o XXI. Ademais esta exposición complementábase con bonecas representando distintas escenas da vida cotiá galega, desde procesións relixiosas ata celebracións como a do "Felipe", tipica do entroido ribeirense. Hai que sinalar que dita exposición é posible grazas á colaboración desinteresada de Concha "A Requena", quen cedeu os traxes e bonecas que se poden ver ata o martes.
O desfile dos traxes, que lucirán tanto profesores e alumnos do centro coma invitados, será acompañado pola actuación musical dun grupo de gaitas, tambores e pandeiretas formado tamén por alumnos e profesores do noso centro, contando coa colaboración do grupo Pinche.
Uno se mide por la grandeza de sus adversarios. Peleando cada noche con un periodicucho ellos se hacen más grandes y vosotros más pequeños.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
3.1.11
Rianxo: a segunda xornada do programa "Ceo das Letras" na Cidade da Cultura está adicado a Manuel Antonio
(Rianxo, 1900–1930). Ventos rebeldes, luces estantías, afogados inmortais, amigos fraternos, gaivotas anónimas, horizontes esculcados na procura da liberdade, a súa vila natal, veleiros empopados, son, na obra de Manuel Antonio, fareiro da nosa realidade, o sol que sempre volve á nosa terra.
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.
Hai que reservar praza, na páxina indicada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
17.8.10
Cultura: Boiro acollerá a exposición itinerante "Rosalía Sempre Viva. Viva Rosalía!!!"
A exposición percorrerá dez concellos da provincia da Coruña17/08/2010A deputada responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, Silvia Seixas, presentou onte, na sede da institución provincial, os contidos da exposición que conmemora o cento vinte e cinco falecemento da escritora Rosalía da Castro. No acto estivo acompañada polo comisario da Exposición, Diego Pardo Amado, e do representante da Fundación Manuel María, Alberte Ansede.
Segundo a deputada provincial, Silvia Seixas, “esta exposición vén conmemorar o cento vinte e cinco cabodano da morte da poeta máis intelixente, intuitiva e reflexiva do panorama literario galego”, unha verdadeira precursora en defender os dereitos das mulleres na súa época. Dende a Deputación provincial da Coruña preténdese divulgar a verdadeira dimensión expresiva da escritora compostelán, símbolo do seu tempo e tan viva nos actuais.Por outra banda o comisario da exposición, Diego Pardo, definiu a Rosalía de Castro “como un referente na literatura universal”, e esta mostra supón coñecer a unha Rosalía “visionaria do futuro do noso idioma” e “da problemática das mulleres cos malos tratos”.O representante da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, recordou que o libro de cabeceira de Manuel María era Follas Novas, e que no seu leito de morte “na súa consciencia para morrer como outros piden a biblia o escritor pediu que lle trouxeran o poemario”.A exposición fai un percorrido polas diferentes vertentes da vida e obra da literata e así nos mostra a unha Rosalía culta, revolucionaria, feminista, universal e que foi fundadora da literatura galega contemporánea.A mostra está conformada por vinte paneis compostos de elementos gráficos e textos que repasan os aspectos máis relevantes da vida e obra de Rosalía de Castro realizada cunha grande seriedade e rigor, que está acompañada de recursos audiovisuais que permite que o público interactúe cos seus distintos elementos. Igualmente será visitada por grupos de escolares unha vez que comece o curso académico para o que foi realizada unha guía didáctica.Arteixo será o primeiro dos concellos onde se mostre a exposición itinerante que despois será levada a Boiro, Fisterra, Melide, Padrón, Carballo, As Pontes, Ferrol, Santiago e A Coruña a onde chegará na segunda quincena de decembro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
30.6.10
Cultura: Atalaia, novo portal do Consello da Cultura para a arte contemporánea en Galicia
En http://culturagalega.org/atalaia
Non atopamos ningún artista das bisbarras de Noia e Barbanza. Imaxinamos que os irán engadindo... ou non hai? Hai algún artista contemporáneo lendo isto? Que rebula!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
19.4.10
Turismo: colgada en Issuu a Guía de Museos de Arousa Norte
Arousa Norte confórmana Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Non temos moitos museos non. E os que temos tampouco é que sexan moi visitados e innovadores. Pero por algo hai que comezar...
Se non atopan a ligazón: http://issuu.com/nellriveira/docs/museosan
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
30.4.09
Fotoxornalistas de cu
Noticia falsa do día: un importante medio de comunicación galego, ante a portada de El País onde amosaban os seus pandeiros Carla Bruni e Letizia Ortiz, ordenou aos seus fotoxornalistas que saquen de costas a todo canto personaxe se lles bote por diante. En principio, para facer arquivo: logo xa as empregarán como eles consideren para manipular á opinión pública, privada e mediopensionista.
Certo, na súa evidente deriva cultureta, non pode ser axeno a este novo camiño do fotoxornalismo e quere contribuír cunha primeira foto dun egrexio escritor galego: Xosé Carlos Caneiro.
17.5.08
Un medio menos. Sentímolo...
Novidades
Venres, 16 de Maio do 2008
Dende a Administración da web InfoRosal.com, e diante de diferentes opinións que se están dando a respeito dos motivos do peche deste portal informativo, queremos facer as seguintes aclaracións:
1. O peche de InfoRosal.com obedece única e exclusivamente a unha decisión do Administrador desta web, e debido a falla de disponibilidade para poder continuar coa labor que agora mesmo desenvolvia, deixando a porta aberta a unha reformulación deste proxecto informativo.
2. Non houbo ningún tipo de "presión exterior" para tomar esta decisión.
3. Os contidos do web, foro e galería de imaxes, permanecerá a disposición dos usuarios deste portal até que caduque o rexistro do dominio inforosal.com, que será en abril de 2009.
4. Asi mesmo, o foro permanecerá activo até esa data -abril de 2009- coa posibilidade de que os usuarios se rexistren e participen nos debates, etc.
O Administrador de InfoRosal.com tamén quere dar as grazas a todas as persoas e usuarios deste portal que lle teñen mostrado o seu apoio a este proxecto informativo.
Estamos seguros que o futuro depararanos agradables sorpresas.
Unha vez máis, grazas.
Até aqui chegou InfoRosal.com
Novidades
Xoves, 15 de Maio do 2008
O mes pasado celebramos o terceiro aniversario deste medio virtual de información da comarca do Baixo Miño. Miles de noticias colgadas, reportaxes, dossiers, colaboracións....
Pero todo ten un principio e un fin, e hoxe InfoRosal.com pon fin a súa andaina, nun momento doce en canto a número de visitas, mais por diversas razóns que non ven a conto enumerar aqui, fechamos.
Grazas a todos e todas que día tras día estiveches aí.
29.2.08
Cabrafanada

Cabrafanada
Imaxes da recén clausurada Feira do Libro da Habana, o primeiro gran salto internacional da cultura galega.
Blogged with Flock
Non vos esquezades que en Certo xa colgamos imaxes cedidas por Iria Lago, que se poden ver pinchando en Ánxela Bugallo:
