Unha quincena de actores tomaron parte na escenificación teatral coordinados por Alejandro Sarmiento. O programa estivo formada por unha peza dramática titulada “Trotamundo y el Rey”, tres sketch de Roll-Playing e unha danza-teatro sobre as drogas.
Aplauso unánime
Asistiron medio cento de persoas que quixeron despedir entre aplausos e postos en pé o desenvolvemento da función. Entre eles, figuraban o edil de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño; o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle; e a presidente de Renacer, María González.
Dado o éxito da iniciativa, dende a UAD xa se está pensando en darlle continuidade a través da posta en marcha de novos obradoiros que axuden á reinserción social deste segmento de poboación.
Ribeira: imaxes e pequeno vídeo da presentación de "Corazón Branquiazul", peña do Deportivo post.ly/5zFK7
— Certo (@Certo) March 14, 2012
O IES Leliadoura de Ribeira promocionando cinema galego: A Casa da Luz, un filme galego para nenos iesleliadoura.blogspot.com/2012/03/casa-d…
— Certo (@Certo) March 14, 2012
Ribeira: anovarán o saneamento dun tramo da rúa Mexilloeiro en Corrubedo post.ly/5zD5A
— Certo (@Certo) March 14, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia