Mostrando entradas con la etiqueta orzamentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta orzamentos. Mostrar todas las entradas

22.6.12

Noia: os orzamentos que se levan ao vindeiro pleno para 2012 ascenden a nove millóns e medio de euros

  • Segundo explicou o alcalde, búscase "a prudencia e a contención do gasto dado o contexto actual de inestabilidade e incerteza económica no país galego e no estado español"
  • Con algunhas partidas búscase modernizar a administración local, por exemplo cun Centro de Control de Datos e unha Oficina Virtual de Recadación
  • Para gastos de persoal vai máis do 40%, con máis de catro millóns de euros e en inversións reais empregaranse un pouco máis de un millón cen mil euros, case o 12%.
  • No capítulo de ingresos, o Concello de Noia agarda recadar máis de tres millóns de euros en impostos directos e case dous millóns en taxas e outros. O outro capítulo de maior importancia económica, o de transferencias correntes, ascende a máis de tres millóns setecentos mil euros

Media_httpfarm2static_jfane

Noia, 22 de xuño de 2012. O vindeiro venres, 29 de xuño, no pleno ordinario, darase aprobación, coa maioría do tripartito, aos orzamentos xerais para Noia deste ano 2012. Segundo explicou o alcalde, o socialista Rafael García Guerrero, os orzamentos deste ano están elaborados cunha mistura de "prudencia e contención do gasto ante o contexto actual de inestabilidade e interceza económica. Fallan numerosas subvencións e mesmo algunhas doutros organismos como Xunta ou Deputación desaparecen, polo que temos que tirar de fondos propios".

Unha das partidas máis fortes, algo habitual en calquera concello, é a que se refire ao capítulo de gastos de persoal. "Os nosos traballadores son o principal activo", sinala o alcalde na súa memoria dos orzamentos. Supón esta partida case o 43% do total dos orzamentos, "o que garante a sostibilidade do equipo de persoal de todos aqueles traballadores propios. Só coa recadación se mantén amplamente a estrutura de persoal, pois esta supón o 123% do gasto de persoal". O alcalde reivindica a necesidade de que non se privaticen servizos nin se reduza en recursos humanos, pois impacta negativamente nos municipios e "evidencia que o persoal é o principal activo dunha administración local". Tamén lamenta que as últimas leis impidan que se aumente gasto neste capítulo, o que podería redundar nunha peor calidade dos servizos prestados polo Concello. Para que a fortaleza económica de Noia no panorama galego -unha característica que resaltou varias veces na súa intervención- non se resinta, apóstase por acaparar toda a recadación municipal, sen derivar en servizos doutros organismos (véxase Deputación) nada do que hai que cobrar. Ata o 2011 o principal imposto, o IBI, era recadado pola Deputación, co que o Concello, ao ter que ceder o 5% pola xestión, perdía 255.000 euros.

Media_httpfarm3static_dhcac

Sociedade da información: radio e OVR

No capítulo de gastos correntes obsérvase que a meirande deles son consecuencia da actualización do IPC dos servizos, co importante custe que ten, por exemplo, o tratamento do lixo na Mancomunidade Serra do Barbanza. Entre as partidas novas hai unha referida á Sociedade da Información onde se establece que haberá un servizo de radio municipal -"elemento esencial para a difusión da actividade municipal e a participación cidadá"- e unha Oficina Virtual de Recadación (OVR) para poder pagar as taxas e impostos por internet.

Obras por conta propia para crear postos de traballo na zona

Dada a cantidade de obras que se están a facer "por administración", xeito burocrático de chamarlle ás obras que fai o concello cos seus medios e materiais, apártase unha partida para mercar materiais. O capítulo de investimentos, que se queda nun 11'67% do total orzamentado, supón, segundo o alcalde "unha importante contención" pero evítase recorrer a préstamos para facer novas obras e prímase facelas por medios propios para crear postos de traballo na zona. Entre as obras con máis cartos está a da apertura da nova rúa Pintor Xenaro Carrero trala adquisición da parcela da Casa do Calvario, as obras en Bergondo para o saneamento e as do Curro, que están na segunda fase.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.5.12

Ribeira: 8,49 millóns de euros de remanente xeral e 2,24 para gastos xerais

  • A consecuencia da liquidación do orzamento de 2011

Media_httpfarm9static_jshqu

Ribeira, 25 de maio de 2012.- Unha vez rematadas as operacións de peche e liquidación do Orzamento do Concello para 2011, tanto no que atinxe ao estado de gastos como ao estado de ingresos, constátase a "boa saúde económica de que sigue gozando a Administración Municipal ribeirense", segundo o equipo de goberno, tal e como xa se adiantara no último pleno da Corporación celebrado o pasado 15 de maio.

Así, as grandes ratios recollidas na liquidación teñen un carácter positivo, como é o caso de dúas magnitudes fundamentais: a do remanente xeral de tesourería, que foi de 8.490.199 euros, e a do remanente axustado para gastos xerais, que ascendeu a 2.428.327,79 euros, dos cales o Concello podería dispoñer se o considerase oportuno incorporándoos ao orzamento en vigor.

Polo que se refire á ratio do resultado orzamentario (é dicir, a diferenza entre os dereitos liquidados durante o exercicio e as obrigas recoñecidas durante ese mesmo período) tamén arroxou un resultado positivo de 1.773.076,12 euros; en tanto que os fondos líquidos do Concello a 31 de decembro ascendían nada menos que a 10.824.018,45 euros.

Ingresos e gastos

En canto ao estado de ingresos e gastos, hai que advertir, en primeiro lugar, que os gastos de persoal, financeiros e os gastos correntes previstos no exercicio pasado materializáronse na súa totalidade, sendo tamén elevado o grado de execución das transferencias correntes.

Doutra banda, os orzamentos de 2011 incluíron no apartado inversor as actuacións do proxecto Riveira Atlántica, que na súa meirande parte se van executar nos anos 2012 e 2013, o que derivou nunha merma en canto aos gastos executados no capítulo de investimentos en relación ao total do crédito consignado.

En canto ao estado de ingresos, nos capítulos I (impostos directos), III (taxas e outros ingresos) e V (ingresos patrimoniais) o grao de execución supera as previsións previstas; non así no capítulo II (impostos indirectos), polo comportamento negativo do ICIO como consecuencia de devolución de ingresos abonadas pola renuncia á execución de obras. Da liquidación do orzamento de 2011 darase conta o vindeiro luns á Corporación durante a celebración do pleno ordinario.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 8,49 millóns de euros de remanente xeral e 2,24 para gastos xerais

  • A consecuencia da liquidación do orzamento de 2011

Media_httpfarm9static_xagjc

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical