16.10.11

Sociedade: 22 persoas en Ribeira na manifestación do 15 de outubro por un cambio global. Manipulación dos partidos e sindicatos en Mondoñedo

Indignados_barbanza_15o

Ribeira, 16 de outubro de 2011. Son os que saen na foto, ou alomenos os que quixeron dar a cara por un cambio global no mundo este pasado 15 de outubro. A Plataforma de Indignados de Barbanza concentrouse na praza do Concello de Santa Uxía baixo o lema "Pola dignidade". Apoiaron deste xeito a mobilización que se produciu en moitas cidades de Galicia e de todo o mundo para que muden as actuais políticas duns poucos en contra da maioría e que están a producir unha sensación de desequilibrio cada vez maior entre capas de poboación e países ricos e pobres.

Mais Certo non estivo en Ribeira ese día. Achegámonos á cidade natal de Cunqueiro, do que se cumpre o centenario do seu nacemento, e levámonos unha auténtica decepción coa manifestación alí organizada.

Houbo moi pouca xente en Mondoñedo, e iso que cadraba o 15O coas Feiras e Festas das San Lucas. O 80% dos presuntos indignados eran do Bng ou simpatizantes, e tamén se deixaron ver sindicalistas de CCOO e UGT, en plan "manifestantes profesionais". Foi curioso ver a concelleiros do goberno de Mondoñedo (hai un bipartito co Psoe) circular detrás dun altofalante no que se berraba "Non nos representan". Hai que lembrar tamén que Psoe e Bng gobernan a Deputación de Lugo.

Había máis xente mirando que na manifestación, ata o punto de que, cara á fin da convocatoria, o berro pregoado era "Non nos mires, únete". Mais, como dixo algún indignado "real" que só se quedou mirando ao ver o panorama e o uso torticeiro do Bng e dos sindicatos do Psoe desta convocatoria: "non se enteraron de nada, cada vez está máis claro que nin a eles mesmos se representan, perderon o rumbo". Outro dos que se ían sumar pero recuaron manifestou que aquelo "fedía a precampaña do 20N".

En galego hai varios refráns acaídos para este esperpento, pero ocórrensenos dous principais:

"Mentres capes, non asubíes"
"Non se pode estar á misa e, ao tempo, repicando"


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical