Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas

16.11.12

Ribeira: nove colexios dentro do ciclo de cinema escolar para promover en valores

Media_httpfarm9static_bmbli

Vicente Mariño e María do Carme Vizcaya

Ribeira, 16 de novembro de 2012.- O Concello acaba de poñer en marcha unha nova acción de sensibilización social dirixida ao ensino, consistente nun ciclo de cine escolar que se subdivide en dúas programacións en función do público ao que están orientadas: a infancia e os alumnos e alumnas de máis de 12 anos.

Coa intención de explicar o contido desta iniciativa, que recibe o apoio do Fondo Galego de Cooperación, compareceron no Consistorio Local os concelleiros de Educación e Servizos Sociais, Mª Carmen Vizcaya e Vicente Mariño, respectivamente.

Xa hai nove centros involucrados, que proxectarán algúns dos filmes que hai a disposición (sete en total) nas súas respectivas instalacións. Non obstante, a edil de Educación quixo facer un chamamento a todos os colexios do municipio para que se sumen á acción, na certeza do seu interese para educar en valores á mocidade.

As dúas programacións existentes son:

1. A EDUCACIÓN, DEREITO UNIVERSAL.

Datas: dispoñible durante os meses de novembro e decembro de 2012.

Dirixido a: rapaces de máis de 12 anos, ESO.

Lugar: centros de ensino secundario.

O ciclo está deseñado para que a infancia occidental poida ver as vantaxes de que dispoñen nos seus países desenvolvidos e libres, fronte a aqueles que sofren as carencias impostas pola intolerancia, as diferenzas por sexo, a pobreza... promovendo ao visualizar estes problemas a solidariedade e a empatía.

Películas:

Binta e a gran idea. (Javier Fesser. 2004. 29 minutos). Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance no sur do Senegal e vai á escola. Súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira a seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo “unha idea” que se lle ocorreu.

Buda explotou por vergoña. (Hana Makhmalbaf. 77 minutos) Baktai é unha nena de seis anos que vive baixo a estatua de Buda que destruíron os talibáns. O seu maior desexo: poder estudar. A violencia está por todas partes e o camiño cara a escola será unha dura proba para Baktai. Os outros nenos acósana imitando con crueldade aos maiores, queren dispararlle ou simplemente destruíla coma o Buda. Logrará Baktai superar estes obstáculos para poder aprender os alfabetos da súa lingua materna?

Os rapaces do coro. (Christophe Barratier, 2004): En 1949 Vláment Mathieu, profesor de música en paro, comeza a traballar como vixiante nun internado de reeducación de menores. Especialmente represivo, o sistema de educación do director Rachin a penas logra manter a autoridade sobre os alumnos difíciles. Nos seus esforzos por achegarse a eles, Mathuieu descobre que a música atráelles poderosamente e entrégase á tarefa de familiarizalos coa maxia do canto, ao tempo que vai transformando as súas vidas para sempre.

Proxeccións xa concertadas:

IES Leliadoura (25, 31 de outubro); IES Nº1 (12, 13 de novembro);

CPR A Milagrosa (28 de novembro); CPR Galaxia (17 ao 21 de decembro).

 

2. EDUCANDO Á INFANCIA EN VALORES.

Datas: dispoñible desde o 12 de novembro ata fin de decembro de 2012.

Dirixido a: infancia, nenos e nenas de Primaria.

Lugar: centros de ensino primario.

Este ciclo promove o coñecemento da relación que hai entre as diferentes partes do mundo. Hai que ter en conta que Riveira é terra de mariños polo que os nenos coñeces as distancias xeográficas, pero é importante que coñezan outras formas de vida e a necesaria solidariedade internacional.

Películas:

Azur e Asmar. (Michel Ocelot, 2006) Dous nenos foron criados pola mesma muller: Azur, de louros cabelos e azulados ollos, era o fillo dun nobre; mentres que Asmar, moreno e de ollos negros, era o  propio fillo da ama de crías. Creceron xuntos como se fosen irmáns ata que o destino os separou. Xa adultos e convertidos en rivais procuran terras prodixiosas.

Kirikú e as bestas salvaxes (Michel Ocelot e Bénédicte Galup, 2005) O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos como Kirikú se converte en xardineiro, detective, oleiro, comerciante e médico, e cómo o máis pequeno e valente dos heroes terá que buscar no seu interior para atopar o valor, a astucia e a xenerosidade necesarias para triunfar sobre o mal.

James e o melocotón xigante (Henry Selik, 1996) Logo de morreren seus pais, James ten que vivir coas súas crueis tías. A visita dunha araña á que salva, proporciónalle un medio para escapar: un enorme pexego que medra no seu xardín. Mostra o valor da forza de vontade, a capacidade de triunfar sobre as adversidades, as diferentes perspectivas da vida...

Happy feet (George Miller, 2006) Na nación dos pingüíns emperador, na Antártida, nace Mumble o único pingüín bailarín de claqué. Pola súa diferente habilidade acaban por botalo da comunidade. Lonxe do seu fogar reúnese cun grupo de pingüíns diferentes que se afeccionan aos seus bailes e o convidan a formar parte do grupo. Mumble emprende viaxe a través de amplas paisaxes e ata demostrar o importante que é ser fiel a un mesmo.

Proxeccións xa concertadas:

CEIP de Artes (do 19 ao 23 de novembro); CEIP DE OLVEIRA (do 26 ao 30 de novembro); CEIP Aguiño (do 3 ao 5 de decembro); CPR A Milagrosa (do 10 ao 16 de decembro);  CPR Galaxia (do 17 ao 21 de decembro).



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.8.10

Boiro: Toño Chouza gañou o concurso de Facebook titulado "El corto y cálido verano" con "Por la mañana"

PREMIOS

Los 10 GANADORES

Parabéns de novo...
Esta curta non deixa de dar boas novas ao boirense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.7.10

Ribeira: un estudo independente vai facer unha película sobre Juan Hombre

E os que non sodes de Ribeira ou non fostes alumnos de Juan Hombre preguntaredes... quen demo é este home?
En Certo tampouco o sabemos de todo, pero esta entrevista pode achegar algunha luz:
http://certo.es/index.php?page=juan_hombre

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.7.10

Cinema: Noia, Boiro, Lousame e A Pobra, incluídos no programa "Noite de cine" da Deputación

A Deputación da Coruña patrocina, un ano máis, o ciclo “Noite de Cine”, que levará a numerosos concellos da provincia un total de 290 proxeccións cinematográficas ao aire libre durante os meses de xullo, agosto e setembro. Cada concello participante contará con entre 3 e 7 proxeccións en función do número de habitantes.

Entre os dez filmes seleccionados para esta vixésima edición do ciclo atópanse algunhas da producións máis taquilleiras e premiadas dos últimos meses como “Crepúsculo”, “El niño con el pijama de rayas” (gañadora do Goya á mellor película europea), “Los girasoles ciegos” (Goya ao mellor guión adaptado), “Viaje al centro de la tierra”, “La ola”, “Mi monstruo y yo”, ou “007: Quantum of Solace”. Non faltan as películas de debuxos animados para os máis pequenos, como “El lince perdido”, gañadora do Goya á mellor película de animación, ou a segunda parte de “Pérez, o ratiño dos teus soños”, así como a comedia para público adolescente “Disaster Movie”. A selección das películas realizouse en función do perfil do público asistente ás proxeccións, conformado basicamente por familias.

Esta XX edición do programa Noite de Cine pretende tamén sumarse á conmemoración do ano 2010 como “Ano do libro e a Lectura de Galicia”, polo que boa parte dos filmes seleccionados son adaptacións cinematográficas de novelas de éxito de autores como Julio Verne, John Boyne, Ian Fleming, William Ron Jones, ou Alberto Méndez, entre outros.

Ademais, nun labor de promoción do cine galego que se repite por terceiro ano consecutivo, ao longo do verán “Noite de Cine” repartirá gratuitamente entre os espectadores 5.800 DVD orixinais de películas galegas, entre elas o clásico “Sempre Xonxa”, e organizará un concurso no que se sorteará un TV LCD de 16 polgadas e un reprodutor DVD, tan só por responder a unhas simples preguntas sobre cine e literatura.

O investimento da Deputación da Coruña para financiar este programa é de 127.437 euros.

Para máis información: www.dicoruna.es ou www.noitedecine.com.

PROGRAMACIÓN DO MES DE XULLO

DATA
CONCELLO
PROXECCIÓN
2
ROIS

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

5
CULLEREDO
MI MONSTRUO Y YO
6
CULLEREDO
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
7
CULLEREDO
CREPÚSCULO
8
LOUSAME
EL LINCE PERDIDO
9
O PINO
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
9
ARES
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
9
CABANA DE BERGANTIÑOS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
13
AS PONTES

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

13
ORDES
MI MONSTRUO Y YO
14
CARBALLO
CREPÚSCULO
14
AS PONTES
CREPÚSCULO
14
VALDOVIÑO
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
14
BRIÓN
MI MONSTRUO Y YO
14
FENE

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

15
AS PONTES
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
15
OLEIROS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
15
LOUSAME
DISASTER MOVIE
16
BERGONDO

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

16
BRIÓN
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
16
BOIMORTO
007:QUANTUM OF SOLACE
17
O PINO
CREPÚSCULO
18
CABANAS
EL LINCE PERDIDO
19
ORDES

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

19
MUGARDOS
EL LINCE PERDIDO
20
MUGARDOS
DISASTER MOVIE
20
NOIA
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
20
AS PONTES
007:QUANTUM OF SOLACE
20
CAMBRE
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
21
BRIÓN
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
21
CARBALLO
DISASTER MOVIE
21
AS PONTES
MI MONSTRUO Y YO
21
CAMBRE
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
21
BOIRO

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

22
BRIÓN
CREPÚSCULO
22
POBRA DO CARAMIÑAL
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
22
MUGARDOS
MI MONSTRUO Y YO
22
LOUSAME
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
22
MUXÍA
EL LINCE PERDIDO
23
BOIMORTO
CREPÚSCULO
23
ARES
CREPÚSCULO
23
OLEIROS
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
23
SADA
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
24
OLEIROS
CREPÚSCULO
26
ORDES
007: QUANTUM OF SOLACE
26
POBRA DO CARAMIÑAL
MI MONSTRUO Y YO
26
MAZARICOS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
27
SADA
007:QUANTUM OF SOLACE
27
NOIA
CREPÚSCULO
27
MAZARICOS
MI MONSTRUO Y YO
27
LOUSAME

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

28
BETANZOS
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
28
CARBALLO
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
28
FENE
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
28
MUGARDOS
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
28
MAZARICOS
DISASTER MOVIE
29
ARES
EL LINCE PERDIDO
29
MIÑO
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
29
MAZARICOS
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
29
MUXÍA
CREPÚSCULO
29
OLEIROS
007:QUANTUM OF SOLACE
30
BERGONDO
CREPÚSCULO
30
BOIMORTO

PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II

30
OLEIROS
EL LINCE PERDIDO
30
BOIRO
VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA
31
ARTEIXO
MI MONSTRUO Y YO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.7.10

Cinema: o noiés Luís Avilés Baquero presentará "Retornos" en Montreal

Estabamos agardando a confirmación pero é tontería: escoiten a Serafín Marcos -o que orina do lado esquerdo- no segundo 28 (falei con Luís...).
Luís Avilés Baquero leva a súa última película, Retornos, ao prestixioso Festival Internacional de Cinema de Montreal (http://www.ffm-montreal.org).

Bobina de Luis Avilés Baquero from luis on Vimeo.

Quen é Luís Avilés? Ficha no AVG en http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=748&busca=luis%...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.6.10

Cinema: a primeira curta do mundo gravada e editada tan só cun teléfono Iphone 4

En só 48 horas. Primeiro poñen o resultado e logo como se fixo... É impresionante que cun cacharriño tan pequeno se poida acadar este nivel. A editora quéixase de que lle doen os dedos, nembargantes. Normal!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.5.10

Ribeira: este mércores 12, proxección dos traballos de OlloBoi no Ateneo e o martes 12, premios no auditorio

Para ver os vídeos e votar por eles (ollo que son 40 presentados polo menos!) hai que ir a http://rodaxe.info

Organizan este certame audiovisual o Equipo de Normalización Lingüistica do instituto Leliadoura de Ribeira (http://impinxidela.blogspot.com) e o Obradoiro visual Rodaxe (http://rodaxe.wordpress.com)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

21.5.08

Benvidos a Galiwood



O que queria seguir o Festival de Cans (o de Porriño) case nin ten que achegarse. Teñen un montón de recursos web.

A páxina é http://www.festivaldecans.com

O blog é http://festivaldecans.blogspot.com

A canle en MySpace é http://www.myspace.com/festivaldecans


E a canle no YouTube é http://es.youtube.com/festivaldecans

Aínda que o mellor é achegarse, por iso de cheirar o glamour de Galiwood.

17.4.08

Coa miña pollita, petando en Minguita

Coa miña pollita, petando en Minguita | Arrepentirme podería ser algún tipo de arte

Xa teñen gañador. Noraboa ao premiado. E aos nominados: outra vez será!!
Blogged with the Flock Browser

14.4.08

CICLO CINEMAS DIXITAIS: Ramón SAmpedro

CONDENADO A VIVIR"Loitou por conseguir o seu desexo: a súa morte..."A historia de Ramón Sampedro, condenado a vivir deitado nunha cama por un accidente, reivindica o seu dereito a morrer con dignidade. Un telefilme que se adianta en varios anos a Mar adentro de Alejandro Amenábar coa que establece unhas estrañas relacións. Unha historia íntima que toca, de maneira ambiciosa, temas arriscados como é a eutanasia.MARTES 15 DE ABRIL ÁS 20:30 NA CASA DA CULTURA
CULTURA EN NOIA: CICLO CINEMAS DIXITAIS
Blogged with the Flock Browser

11.4.08

As Dúas Marías

Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño´, de X. H. Rivadulla Corcón, estréase o vindeiro venres10-04-2008 Este documental está dirixido polo veterano guionista X. H. Rivadulla Corcón, producido por Ficción. É unha revisión das figuras das Dúas Marías, personaxes que se converteron nun emblema dos últimos anos da cidade de Compostela. A estrea acontecerá o 11 de abril, ás 20h30 no Teatro Principal.2Na entrada da Alameda de Santiago de Compostela están, feitas estatua, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño, máis coñecidas como "as Marías". Porén a realidade destas dúas mulleres non é de todo coñecida: moitos pensan que eran unhas simples tolas, fóra da realidade. E trala súa existencia onírica había un drama real e auténtico que tiña que ver coa realidade que xerou, primeiro a guerra civil e a continuación a posguerra."Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño" quere facerse eco dese drama, para o que conta coa participación de relevantes facianas da vida pública compostelana. FICCIÓN PRODUCCIONES, coa colaboración da TVG, segue a dar mostras do seu vivo compromiso co país e coa recuperación da memoria histórica, neste caso na persoa de dúas emblemáticas mulleres ‘de a pé’.O acto será presentado polo productor do documental Julio Casal, o director e guionista X.H.Rivadulla Corcón, o conductor Farruco e mailo alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao remate da proxección, FICCIÓN PRODUCCIONES quere convidarvos a un viño galego no ambigú do Teatro Principal.
Axencia Audiovisual Galega

César Lombera estivo hai non moito en Boiro coas súas esculturas. El foi o que fixo a estatua das Dúas Marías no paseo da Alameda de Compostela. Agora fan un documental sobre estas dúas mulleres, extravagantes para uns, coherentes para os que as coñecían ben
Blogged with the Flock Browser

8.4.08

Para os peques

Inserido Video


E non tan peques, que coa excusa de levar ós nenos ao cinema, moitos pais pásana en grande vendo estas películas.

Blogged with the Flock Browser

26.3.08

4 minutos e medio ben aproveitados

Inserido Video

Non se di nada. Pero canto se pode chegar a imaxinar! Fenomenal traballo. Premiado no Internet Film Fest de Berlín

Blogged with the Flock Browser

16.2.08

Cinema galego

Aínda non foi presentado, pero non nos resistimos a poñelo: o portal é espectacular. De espectáculo:

http://www.audiovisualdegalicia.es

Os que teñen inquedanzas cinematográficas (queiran estudiar, traballar ou só informarse), deberían pasar por aquí tamén.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical