Pasárono bárbaro, se atendemos ás imaxes en http://sanpedro.blogaliza.org/2010/06/13/verde-muro-en-imaxes/
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 14 de xuño de 2010. "Estamos perplexos coa forma de actuar do goberno municipal da Pobra", comezan na súa nota de prensa os socialistas pobrenses ante as actuacións de Isaac Maceiras, o alcalde popular, na reparación dos accesos á praia da Mercé, pedida por este grupo en varias ocasións.
Segundo relatan, "o último xoves de maio tivemos un Pleno no que os socialistas solicitabamos que se arranxaran os accesos a praia da Mercé, facendo para elo as xestións necesarias para a obtención dos permisos pertinentes. Pedíamos accesos duradeiros e con larga vida útil. Hai pouco máis de 15 días o PP da Pobra votaba en contra desta proposta, argumentando o seu voceiro que xa o Alcalde falara cos veciños". O Psoe da Pobra argumenta que "é propio dun Alcalde que reciba e escoite aos veciños pero tamén é necesario que informe a corporación Municipal das actuaciones que están a levar a cabo, tendo en conta que o Pleno é o órgano de máxima representación política dos ciudadáns. Consideramos que a forma de actuar do Sr. Isaac é propia dos caciques impoñendo o control absoluto e abusando do seu poder e autoridade".
O grupo municipal socialista explica que "estamos a día 14 de xuño e arranxaron minimamente os accesos que lle solicitabamos cando hai uns días votaban en contra dese arranxo. Descoñecemos a procedencia dos fondos utilizados para esta obra, se solicitaron e obtiveron os permisos de Costas, cando hai pouco tempo o argumento que utilizaba o Sr. Alcalde cando os veciños requerian a súa atención, era precisamente que esta actuación estaba no dominio de Costas" e salienta ademáis que "debido á opacidade e o despotismo utilizado polo Sr. Isaac descoñecemos se xa finalizou esta actuación porque para os veciños e para nós está incompleta".
Segundo os socialistas, nestas obran falta:
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira-A Pobra, 14 de xuño de 2010. AMBAR inaugurou hoxe o curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Trátase dun curso de 625 horas enmarcado dentro das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas (AFD), financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.
AMBAR traballa para mellorar as condicións de vida das persoas con diversidade funcional. Na actualidade a realidade social da nosa comarca é que o aumento de porcentaxe de persoas con diversidade funcional, sexa por cuestións traumáticas, conxénitas ou adquirida coa idade, é cada vez maior. Isto, xunto con outros factores propios dos estilos de vida actuais, fan que a poboación potencial usuaria do Servizo de axuda a Domicilio nos próximos anos precisen dunha resposta efectiva e de calidade, para o que se precisa dunha formación adecuada e da achega do “punto de vista do usuario”, algo que AMBAR propón e que considera moi importante.
Por iso, este curso ofrecerase dende unha visión completamente positiva e humana, máis aló do simple asistencialismo. Pretendendo potenciar a participación da persoa en situación de dependencia, do ancián ou anciá, baseándose precisamente nas características propias e inherentes a cada individuo. Parten dun obxectivo claro en canto á inclusión das persoas no seu medio, normalizando as situacións para facer a vida tan normal como sexa posible, fomentando e afianzando aquelas capacidades que posúe a persoa e ofrecendo unha resposta concreta ante situacións de necesidade ou déficit.
AMBAR espera que esta acción formativa redunde en beneficio dos alumnos, (traballadores e traballadoras) e por conseguinte na súa competencia profesional á hora de prestar os apoios pertinentes ás persoas dependentes que precisen dos seus servicios, fomentando a posibilidade de que poidan continuar vivindo no seu fogar coa suficiente autonomía mentres sexa posible e conveniente.
O curso consta dos seguintes módulos formativos que se impartirán dende o 14 de xuño ó 30 de novembro de 2010:
Ademáis impartiranse dous módulos de formación transversal: Inserción laboral: técnicas de busca de emprego e Fomación para a igualdade
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira, 14 de xuño de 2010. O Concello de Ribeira busca unha sepultureira ou un enterrador que cubra a praza vacante mentres non se incorpore o titular ao posto. Para o emprego hai que facer oposición, cun temario composto por cinco capítulos nos que hai que estudar, entre outras cousas, como se traslada un cadáver e requisitos para facelo, así como saber tabicar e ter fundamentos de albanelería, electricidade, fontanería e mesmo carpintería (non, especialización en deseño de ataúdes non piden aínda). Tamén hai que ter o certificado de Escolaridade ou equivalente e saber conducir (permiso B).
Un dos lugares de traballo será o cemiterio municipal
Os candidatos que se "animen" terán que facelo antes do 22 de xuño, data límite para presentar instancias.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Vannos limpar en Barbanza por esta leria sobre uns 1.000 ferrados, así, case ás agochadas. Reaxide, fregueses! Lede a segunda parte da oitava homilía do Padre Teixugo en http://certo.es/index.php?page=homilia_viii
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 14 de xuño de 2010. O Concello de A Pobra anunciou hoxe en nota de prensa o comezo das obras de saneamento no lugar de Pozo:
"Vistas as necesidades existentes no lugar do Pozo, en San Lázaro – Parroquia de Santa Cruz, o concello considerou oportuna a elaboración dun proxecto para a instalación de rede de saneamento, abastecemento de auga e separativa de pluviais.
Este foi presentado na Consellería de Medio Rural que, para satisfacción deste alcalde e do equipo de goberno, lle deu o visto bo, sacouno a licitación e foi adxudicado á empresa CONSTRUCCIONES NIMA S.A. O orzamento de execución é de 195.986,98 € e a actuación consistiría na realización das seguintes obras:
Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa, rechea con material de préstamo e procedente da escavación. Repoñerán o pavimento que resulte afectado ou demolido na execución das obras con base de formigón de 20 cm. e capa de rodadura de 6 cm de aglomerado asfáltico en quente.
Damos as grazas á Xunta de Galicia, e máis concretamente, á Consellería de Medio Rural, por acometer esta obra tan necesaria coa que, sumada á obra realizada con cargo ao F.E.I.L. e levada a cabo pola empresa AQUAGEST S.A., completaranse todos os servizos desta zona e o noso concello dará un paso máis para a consecución do saneamento integral, un dos piares sobre os que se basea o traballo que ven desenvolvendo este equipo de goberno".
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira, 14 de xuño de 2010. A Asociación As Miñoteiras organiza, coa colaboración do Concello de Ribeira, unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo que se desenvolverá este domingo 20 de xuño.
Cun percorrido de 14 quilómetros, o itinerario inclúe a ascensión á Pena Moa (627 metros), que se efectuará a ritmos moi suaves e con frecuentes paradas, de xeito que calquera persoa cun mínimo de fondo físico poida disfrutar dunha das rutas montañeiras coas vistas panorámicas máis impresionantes das que podemos gozar na costa galega.
A saída terá lugar da estación de autobuses de Santa Uxía de Ribeira ás 9.30 horas. O prezo por participar é de 10 euros.
Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Deportes (981 835 650 ou deportes@riveira.com).
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia