Mostrando entradas con la etiqueta Ámbar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ámbar. Mostrar todas las entradas

30.10.12

Ribeira: Ámbar celebra o Samaín este mércores 31 en Frións con gastronomía e cinema de terror

Media_httpfarm5static_tecbr

Ribeira, 30 de outubro de 2012. Mañá, mércores 31 de outubro, os usuarios do Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional asistirán no Centro de Recursos en Frións a distintas actividades para celebrar o Samaín.

A partir das 12 da mañá realizaranse no centro distintos obradoiros como son: elaboración de menús terroríficos, decoración de cabazas e xogos temáticos.

Xa pola tarde, realizarase unha sesión de cine de terror.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.10.12

Rianxo: este venres 19, xornadas de convivencia entre o club de remo local e Ámbar

Remo_ambar

Rianxo, 17 de outubro de 2012. Este venres, 19 de outubro, terán lugar as primeiras xornadas de convivencia entre o Club de Remo Rianxo e a Asociación AMBAR.

O obxectivo da actividade é que persoas con diversidade funcional teñan acceso ao deporte do remo, coñecendo as interioridades e caracterísiticas desta modalidade deportiva, co fin contribuir á súa integración e mellora da calidade de vida.

Así, directivos, adestradores e deportistas  do Club de Remo Rianxo farán de anfitrións para os membros de AMBAR e mostraranlle as súas instalacións, os materiais e embarcacións que utilizan e terminarán cun Bautismo de Mar en traiñeira que lles permitirá vivir en primeira persoa a sensación de remar nesta embarcación deportiva tradicional.

Tamén, en Rianxo:


A xornada desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 h. no Club de Remo Rianxo e nas augas da ensenada de Rianxo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.10.12

Sociedade: Ámbar celebrou o seu 30 aniversario cun xantar de fraternidade

  • A conselleira en funcións e número 1 do PP pola provincia nas listas electorais do 21 de outubro, Beatriz Mato, aproveitou o acto para facer electoralismo ao falar do Plan de Acción Integral para persoas con discapacidade e da Lei de Accesibilidade.

[[posterous-content:pid___0]]
Foto: Xunta de Galicia

A Pobra do Caramiñal, 1 de outubro de 2012.- O trinta aniversario da asociación AMBAR para persoas con diversidade funcional celebrouse onte por todo o alto no Pazo Torre de Xunqueiras, cun xantar de confraternidade no que non faltaron autoridades como a titular en funcións da Consellería de Traballo e Benestar. Beatriz Mato felicitou á asociación polo labor desempeñado ao longo destes trinta anos e destacou “o importante esforzo e traballo que fai esta asociación para que a comarca do Barbanza sexa máis igualitaria, máis inclusiva e máis integradora”. A conselleira en funcións, número 1 do PP pola provincia da Coruña, aproveitou para facer un pouco de electoralismo cos alí congregados, como vén sendo xa habitual no goberno de Núñez Feijóo, ao que xa tivo que apercibir a Xunta Electoral en cinco ocasións por estas actitudes.

Segundo a propia nota da Xunta, Beatriz Mato "salientou a importancia de que as políticas sociais sigan sempre a senda da colaboración e o diálogo, e, por iso, destacou que a Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade, que establece unha estratexia transversal na que participan todos os departamentos da Xunta e que, ante todo, é un documento de consenso. Para finalizar, Mato fixo referencia ao desenvolvemento da Lei de Accesibilidade, un novo texto legal que actualiza a normativa anterior, adecuándoa á realidade e ás necesidades actuais das persoas con discapacidade". 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.6.10

Deportes: "Vela para Todos", de Ámbar, segundo posto na II Regata de Vela Adaptada en A Coruña

Ribeira, 25 de xuño de 2010. Na pasada fin de semana disputouse na bahía coruñesa a segunda Regata de Vela Adaptada da Fundación María José Jove, a única competición destas características que se celebra en Galicia. A Asociación AMBAR participou neste evento co programa Vela para Todos, representado polo seu regatista máis destacado, Serafín Cadaval, e acadou un meritorio segundo lugar.

Na regata participaron unha vintena de regatistas procedentes de distintos puntos da comunidade galega e estivo reservada a embarcacións da clase Yatlant 460, que foron aportadas pola propia institución.

A vencedora da regata, Sonia García Erías, do equipo da Fundación María José Jove recibiu o trofeo de mans da conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato. O cadro de gañadores complétano Serafín Cadaval Santos, do Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, que ocupou o segundo posto; Jesús Pombo Gómez, da Fundación María José Jove, que se alzou no terceiro lugar; e Manuel Brage Vila, do Real Clube Náutico da Coruña, que se fixo co cuarto lugar.

A final da competición decidiuse ó mellor de cuatro probas e foi moi disputada e igualada, pois o primeiro posto, polo que competía o regatista ribeirense Serafín Cadaval, non se decidiu ata a última manga para romper un triple empate de sete puntos no último pase de boia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical