- A conselleira en funcións e número 1 do PP pola provincia nas listas electorais do 21 de outubro, Beatriz Mato, aproveitou o acto para facer electoralismo ao falar do Plan de Acción Integral para persoas con discapacidade e da Lei de Accesibilidade.
[[posterous-content:pid___0]]
Foto: Xunta de Galicia
A Pobra do Caramiñal, 1 de outubro de 2012.- O trinta aniversario da asociación AMBAR para persoas con diversidade funcional celebrouse onte por todo o alto no Pazo Torre de Xunqueiras, cun xantar de confraternidade no que non faltaron autoridades como a titular en funcións da Consellería de Traballo e Benestar. Beatriz Mato felicitou á asociación polo labor desempeñado ao longo destes trinta anos e destacou “o importante esforzo e traballo que fai esta asociación para que a comarca do Barbanza sexa máis igualitaria, máis inclusiva e máis integradora”. A conselleira en funcións, número 1 do PP pola provincia da Coruña, aproveitou para facer un pouco de electoralismo cos alí congregados, como vén sendo xa habitual no goberno de Núñez Feijóo, ao que xa tivo que apercibir a Xunta Electoral en cinco ocasións por estas actitudes.
Segundo a propia nota da Xunta, Beatriz Mato "salientou a importancia de que as políticas sociais sigan sempre a senda da colaboración e o diálogo, e, por iso, destacou que a Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade, que establece unha estratexia transversal na que participan todos os departamentos da Xunta e que, ante todo, é un documento de consenso. Para finalizar, Mato fixo referencia ao desenvolvemento da Lei de Accesibilidade, un novo texto legal que actualiza a normativa anterior, adecuándoa á realidade e ás necesidades actuais das persoas con discapacidade".
[nova] O PPdeG recorda que con Jesús Caldera de ministro o paro aumentou en 400.000 persoas ow.ly/e6ZfK
— PP de Galicia(@ppdegalicia) October 1, 2012
Feijóo: "Es una falacia pretender que los pensionista no paguen los medicamentos" #21O #eleccionesgallegas
— AnaPardoDeVeraPosada (@PardoDeVera) October 1, 2012
Por si había alguna duda, #Rajoy alude a los dos contratos de Pemex con los astilleros gallegos. #21O #eleccionesgallegas
— AnaPardoDeVeraPosada (@PardoDeVera) October 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario