- As tarefas obrigan a realizar cortes dun carril no tronco da autovía, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido
- Manterase informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable
Barbanza, 1 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procederá a repintar parte das marcas viarias da Autovía do Barbanza (AG-11). Concretamente, repintaranse os treitos nos que o resultado das auscultacións realizadas así o aconsellan. Esta actuación levarase a cabo desde este martes, día 2 de outubro, ata o xoves día 11.
Para realizar o repintado das liñas do eixo e beiravía esquerda, así coma o dos símbolos do carril esquerdo de ambas calzadas, é necesario executar cortes do carril interior do tronco da autovía, de lonxitude aproximada 5 quilómetros, deixando, en todo momento, o carril exterior habilitado para a circulación en cada sentido.
Nos labores de repintado das marcas do carril dereito de ambas calzadas realizarase un corte na zona de cada símbolo a repintar. Mentres que para facer o dos ramais, glorietas e sinais dos enlaces non será necesario realizar ningún corte, xa que se empregará sinalización de obras e regularase o tráfico mediante sinalistas.
A Xunta lembra que durante o tempo que se produzan estas afeccións ao tráfico, manteranse informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable.
As datas aproximadas nas que se repintará a autovía AG-11 son as seguintes:
Calzada dereita: 3 e 4 de outubro
Calzada esquerda: 8 e 9 outubro
Ramais, glorietas e simboloxía: 2, 5, 10 e 11 de outubro
Noia: martes de Entroido e Día do Carme, festivos locais. (12 febreiro e 16 xullo). O San Bartolomeu é o 24 de agosto, sábado.
— Certo (@Certo) October 1, 2012
Pemex: jornada.unam.mx/2012/09/30/ind… Consello de Admon de Pemex non foi informado da operación de 380 millóns de dólares. Estrano, non? Onte, en Mx.
— Certo (@Certo) October 1, 2012
Sociedade: Ámbar celebrou o seu 30 aniversario cun xantar de fraternidade post.ly/9TzpL
— Certo (@Certo) October 1, 2012
Feijóo: "Es una falacia pretender que los pensionista no paguen los medicamentos" #21O #eleccionesgallegas
— AnaPardoDeVeraPosada (@PardoDeVera) October 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario