2.1.12

Ribeira: Aguiño conta cun novo local cultural, a Aula das Letras "Francisco Lorenzo Mariño"

Ribeira, 2 de xaneiro de 2011.  O pasado sábado 31 de xaneiro tivo lugar en Aguiño a inauguración da Biblioteca Popular de Aguiño chamada “Aula das letras Francisco Lorenzo Mariño”. Esta nova instalación cultural vén sumarse ás xa existentes neste pobo (Casa da Cultura cunha pequena biblioteca municipal ou a Aula de Música-Conservatorio). 

      A nova instalación está ubicada no Local Parroquial e sede social da entidade que lle dá nome, a asociación cultural "Francisco Lorenzo Mariño", ao carón da Igrexa de Aguiño, e conta con varias estanterías abertas así como con cinco librerías pechadas. A adquisición de tres delas ademais dunha mesa de despacho foi grazas á colaboración da Deputación da Coruña. Os libros cos que conta rondan os 3500, de temática variada, dende literatura de todo tipo ata enciclopedias, anuarios, albumes de fotografía, comics, diccionarios e un longo etcétera que tamén inclúe algunha publicación dixital como cd´s e dvd´s. Foron doados por distintos organismos e institucións entre os que destacan o Concello, o Arquivo e Biblioteca Nacional, a Biblioteca de Pontevedra, o Arquivo do Reino de Galicia, a Biblioteca de Ourense ou o Consello da Cultura Galega. Tamén hai exemplares de autor asinados polos mesmos, como Torres Queiruga, Dourado Deira, Erolo, Ventoso Mariño, Antón Lopo, Plácido Betanzos, Mª Luisa López Otero e outros.

Destacan na instalación varias epístolas recibidas por importantes persoeiros como o Papa, o Rei, o Presidente do Goberno, o Presidente da Xunta, o Arcebispo de Santiago ou o Conselleiro de Cultura, que se atopan enmarcadas na zona da oficina e foron enviadas felicitándoos pola iniciativa e pola edición do libro da historia de Aguiño que saíu á luz en 2009 durante o 50 Aniversario da Parroquia. 

     O acto do sábado comezou cunha función de monicreques a cargo de Duendesico que puxeron en escea “Conto Clásico de Nadal” e que foi do agrado de todos os presentes, algo máis de medio cento de persoas na que a grande maioría eran nenas/os. Tamén estivo presente o Carteiro Real que recolleu as cartas para as SS.MM. Os Reis de Oriente. Ao rematar os títeres, o Presidente da entidade, Unai González Suárez deu as grazas ás socias/os por apoiar esta iniciativa, tamén aos distintos organismos pero en especial ao Alcalde, Manuel Ruiz que neste acto tamén acudiu como representante da Deputación ademais do Concello, e ao párroco de Aguiño, David Mohedano, pola colaboración prestada e posibilitar que a nova biblioteca se emprace no local parroquial mellorando así a oferta e os servizos para os feligreses en particular e a veciñanza en xeral. 

     Unai González citou que a Biblioteca é popular porque non conta con sala de estudo e funcionará  unicamente como consulta e empréstamos de libros, xa que ao atoparse nun local multidisciplinar son moitos os usos aos que se adica e non é posible organizar un horario de estudo o suficientemente amplo, desquitando este servizo ao existir xa a biblioteca municipal na casa da cultura. Engadiu que cedo se establecerá un horario de atención aos interesados e comezarase a rexistrar usuarios para poder levar os libros que desexen. Esta idea xurdida no ano 2009 converteuse agora nunha realidade grazas ao empeño da asociación e á colaboración de distintas entidades, con especial fincapé na Área de Cultura e Educación municipais, na Deputación Provincial e na parroquia. Tamén se agasallou ás autoridades cunha axenda conmemorativa da entidade para o ano 2012 e ao final brindouse con cava e refrescos e padaleáronse doces típicos do Nadal con todos os presentes, grandes e pequenos. 

     No acto, ademais do Alcalde e do cura párroco de Aguiño, atopábanse o Tenente Alcalde, Vicente Mariño e a Concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso que agasallou á biblioteca cun exemplar de “Don Quijote”, ademais de representantes de distintas entidades como o Xuventú Aguiño, a Comisión de Festas, A Dourixeira, Ardora ou a Anpa de Aguiño. O Alcalde agradeceu as palabras do presidente da entidade e felicitou á mesma por ter posto en marcha este novo servizo, animando a todo o pobo de Aguiño a seguir medrando e dinamizando a cultura do pobo, facendo estensivo o seu apoio dende o Concello e a Diputación para esta e outras iniciativas. A Concelleira de Cultura, natural de Aguiño, lembrou tamén a figura do finado Don Francisco -o finado párroco de Aguiño- ao decir que el foi quen inculcou a moitos veciños o amor pola lectura, e incluso foi quen de animar a estudar aos analfabetos que non poideran facelo por mor das fatalidades da vida “que mellor homenaxe a Don Francisco, que tanto alentou a literatura en Aguiño, que poñerlle o seu nome a unha biblioteca deste pobo”. 

      Para rematar, o párroco felicitou tamén ao presidente da asociación e toda a directiva por esta iniciativa e pola laboura cultural e social que levan a cabo no pobo, como é o caso da mostra de teatro, a semana cultural de xaneiro, a celebración das Letras Galegas, etc. Mostrouse satisfeito e colaborador para o presente o futuro do pobo, sinalando que as instalacións parroquiais deben de seguir sendo un lugar de encontro e disfrute de todos os feligreses e veciños.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo programa música e baile para esta primeira semana de 2012

  • O xoves 5 sae a Cabalgata de Reis que organiza o Concello
  • Un tributo a Los Tamara porá o remate lúdico musical o vindeiro sábado 7 de xaneiro
Noia, 2 de xaneiro de 2012. A Sociedade Liceo de Noia comeza esta primeira semana do ano cunha serie de actividades que agardan sexan do agrado de tod@s.
Son os seguintes:

  • Martes 3 de xaneiro: a partir das 20:30h "Ensalada de instrumentos" a cargo de Os Tres Tenedores


  • Xoves 5 de xaneiro: a partir das 23:00h Baile de Reis coa Orquestra Marbella
  • Venres 6 de xaneiro: ás 18:00h Festival infantil de Reis coa presencia das Súas Maxestades de Oriente, amenizado por Barafunda
  • Sábado 7 de xaneiro: ás 21:00h concerto-presentación do cd "Canciones para locos y soñadores - Un tributo a Los Tamara".

Cabalgata de Reis do Concello

Por outra banda, como informa a nova web de Novas do Concello de Noia (http://novasdenoia.wordpress.com), este xoves 5 de xaneiro, ás 17:30 sairá desde o paseo marítimo a cabalgata de Reis organizada polo Concello.


OS TRES TENEDORES.pdf Download this file

BAILE DE REIS.pdf Download this file

FESTIVAL INFANTIL DE REIS.pdf Download this file

CANCIONES PARA LOCOS Y SOÑADORES.pdf Download this file

Noia_cabalgata-reis-noia-2012

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe presenta unha moción para que se arranxen os desperfectos do centro de saúde

Moción deficiencias centro de saúde.docx Download this file

  • Será tratada na vindeira sesión plenaria

Pode que tamén lle interese:


Novo centro de saúde: alegacións do Bng pobrense

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical