Relacionada:
Miña terra, meu lar, opinión sobre o mantemento nulo do sinalamento turístico en Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Relacionada:
Miña terra, meu lar, opinión sobre o mantemento nulo do sinalamento turístico en Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Monina é a única nena saharaui que residirá durante os dous meses de verán no Concello a través do programa “Vacacións en Paz”. Pese á mala situación económica pola que atravesa o concello, o equipo de goberno non quixo renunciar a esta actividade solidaria e cumpriu co convenio asinado coa asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui” que permite traer a Monina a desfrutar do seu último verán en Galicia. A nena recibiu un pequeno agasallo de benvida e comentou que de “Dodro lle gusta todo menos ter que ir ao médico”.
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Concello agradécelle particularmente a súa presenza "a todas as persoas que se achegaron de tódalas parroquias de Dodro, tamén desde lugares próximos (como a Pobra, Vilagarcía, Rianxo, Ribeira…) así como desde Asturias, Tenerife ou Arxentina. Non podemos deixar pasar a ocasión de agradecer tamén a colaboración de voluntariado, na campaña de publicidade e o arroupamento prestados por alcaldes doutros Concellos, o grupo de Protección Civil de Boqueixon e ao párroco que oficiou a misa cantada".
Críticas á oposición por non asistir
Segundo o equipo de goberno, "cabe tamén destacar a ausencia de outras agrupacións políticas, posto que a FESTA DO CARNEIRO supón a unión e o orgullo do Concello, sen diferenzas nin exclusións de ningún tipo, posto que é unha Festa por e para os Veciños de Dodro".
Desde o Concello sentiuse tamén "un grande orgullo por ter a oportunidade de felicitar, nesta xuntanza multitudinaria, ao campión do mundo de maratón en kaiak, na súa categoría, Rubén Gómez Rial. Máis alá do detalle do que se lle fixo entrega, o mellor que lle puidemos ofrecer foi un pechado aplauso de recoñemento por parte de todos os veciños alí reunidos, mostrando gratitude e agradecemento a Rubén por facernos partícipes dos seus numerosos éxitos. Foi así unha xornada de celebración, de sensacións compartidas alí presentes, o que nos leva a sentir tanta satisfacción polo grande éxito pola FESTA DO CARNEIRO", rematan.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 5 de xullo de 2011. O director xeral de Gas Galicia, Javier Orviz, presentou hoxe ao alcalde de A Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, o proxecto de gasificación que se vai realizar no municipio e que permitirá que máis de 900 familias e comercios desfruten das vantaxes que ofrece esta enerxía.
Gas Galicia investirá 1,3 millones de euros na construción dunha rede de distribución de 15 quilómetros que fará posible levar o suministro de gas natural ao núcleo urbano de A Pobra a primeiros de 2012. A canalización descorrerá polas principais rúas do núcleo urbano e dará tamén suministro ao Polígono Industrial de A Tomada e á zona do porto.
Nestes intres, Gas Natural está a executar o ramal que conecta coa rede de distribución de Ribeira, que conta con suministro de gas natural dende o pasado mes de maio.
Pode que tamén lle interese:
Cultura: actividades para este verán 2011
Regata Rías Baixas: do 12 ao 14 de agosto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Na imaxe, Jorge Méndez, actual campión galego sub8, con Mireya Represa, campiona de España sub10, que é natural de Baiona (Pontevedra)
Rianxo, 5 de xullo de 2011. As xoves promesas do Distribunosa Xadrez Rianxo, Jorge Méndez Rial e Marco Bravo Rodríguez entraron no ránking dos mellores axedrecistas españois. Entre os días 24 de xuño e 3 de xullo pasados celebrouse no hotel Scala de Padrón o Campionato de España 2011 de categorías Sub8 e Sub10.
Na competición déronse cita os mellores axedrecistas nacionais. En representación do club rianxeiro acudiron Jorge Méndez e Marco Bravo, que realizaron un excelente campionato. Marco Bravo, en Sub8, é o primeiro ano que concorre a este tipo de competición e obtivo catro vitorias de sete partidas xogadas. Enfrontouse aos campións das comunidades de Canarias, Aragón, Catalunya, Baleares, Valencia e Andalucía. Obtivo o posto 30 no ránking dos 70 mellores clasificados.
Jorge Méndez, en Sub10, tivo unha sobresaínte actuación, pois venceu aos actuais campións de Asturias, Murcia e Madrid e só perdeu contra o campión valenciano e a actual campiona de España, Mireya Represa. Loitou polo campionato nacional ata a penúltima ronda, con nove partidas desputadas, das que sete foron contra xogadores con Elo Finde (categoría internacional) e venceu a cinco deles. Acadou a posición decimoquinta no ránking dos cen mellores clasificados.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 5 de xullo de 2011. O Concello anuncia que xa abriu o prazo de inscrición para a viaxe que, con destino ás illas Cíes, está programado para o vindeiro 15 de xullo e se incardina na programación de saídas culturais para maiores que organiza a Concellería de Promoción Social, Servizos Sociais, Mercados e Consumo que dirixe Vicente Mariño de Bricio.
O devandito prazo estará aberto ata o venres 8 de xullo e os interesados en anotarse poden facelo presentando as súas correspondentes solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sita na rúa Correos nº5 de Santa Uxía (horario para inscribirse: de 12 a 13.30 horas).
O prezo por participar é de 39.20 euros, incluíndo desprazamento en autocar, comidas, guía e seguro de viaxe.
Antes, en Certo:
Saídas culturais: 46 de viaxe ás Médulas
Pode que tamén lle interese:
Verán cultural: vexa toda a programación de 2011
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Irán a unha das calzadas que saen no libro "Os vellos camiños do Barbanza", ao que fai referencia Xurxo Ayán nesta entrada do blog Arqueoneixón.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 5 de xullo de 2011. Tres irmáns, todos eles vendedores da ONCE, presentaron un escrito ante o Concello para solicitar que se incorporen ás rúas de Ribeira semáforos sonoros, de xeito que as persoas invidentes poidan cruzar sen perigo.
Os irmáns, que son naturais de Carreira, sinalan na súa petición que "fai pouco se procedeu á instalación dunha serie de semáforos na avenida do Malecón da nosa cidade, coa idea de ir colocándoos noutras rúas do casco urbano, para regular mellor a circulación vial e o tránsito dos peóns con maior seguridade, o cal nos parece moi boa idea. Pero somos conscientes de que a accesibilidade para as persoas con algunha discapacidade física segue a ser unha asignatura pendente en todas as cidades do noso país. Aínda así, na maioría delas estanse a instalar cada vez máis semáforos sonoros para que as persoas invidentes saiban cando poden cruzar con seguridade. É por iso que instamos a que doten os semáforos xa instalados, e os que se vaian instalar no futuro, as medidas de accesibiidade precisas para que poidan emitir sons e así nós, e outras moitas persoas invidentes ou con moitas dificultades de visión poidamos andar con tranquilidade por esta cidade centenaria".
Onte, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia