Para ir seguindo a conta atrás, nada mellor que o seu facebook
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Para ir seguindo a conta atrás, nada mellor que o seu facebook
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Plan de Ordenación do Litoral semella a cruz que lle caeu este ano á Pobra, polas continuas leas que xera entre os políticos
A Pobra do Caramiñal, 6 de agosto de 2010. O Plan de Ordenación Litoral deste concello segue a ser motivo de conflicto entre o goberno do PP e a oposición. Desta volta, é o Psoe o que presenta unha iniciativa "para que o Alcalde da Pobra nos facilite toda a documentación relativa a exposición pública do Pol. Continúa poñendo atrancos á nosa labor de oposición e das persoas que queiran alegar ao POL", explica María Teresa García Guillán, concelleira e secretaria xeral do Psoe municipal.
"Non entendemos o escurantismo e falta de transparencia da que fai ostentación o señor Maceiras, que volve estar ausente, sendo incapaz de xestionar os intereses dos veciños, que lle pagamos mensualmente. Reclamamos un alcalde que xestione e non soamente faga actos propios de reximes autoritarios como foi pedir a dimisión da oposición. Pedimos que sexa consecuente do que para el foi unha xestión da oposición nefasta, e non se volva agochar como o fixo anteriormente. É máis, en aras dunha xestión transparente convoque a oposición cos técnicos do Concello", reclama García Guillán.
Política: o PSOE replícalle ao alcalde pola lea do POL
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 6 de agosto de 2010. A praia semiurbana de Coroso será escenario este domingo día 8 dunha xornada lúdico-informativa que ten por obxecto sensibilizar aos usuarios sobre a importancia da recollida selectiva en praias e zonas de baño, promovendo o seu compromiso e recollendo a súa percepción sobre este asunto.
Nalgunhas praias ata se fan coreografías para concienciar sobre a necesidade de mantelas limpas
Unha serie de paneis informativos e a celebración de xogos co propósito de buscar a participación activa do usuario forman parte desta iniciativa, que está promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración con Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes) e co Concello de Ribeira. Será desenvolvida por un equipo de tres informadores/monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
A actividade ocupará un espazo de 200 m2 xunto á caseta dos socorristas e desenvolverase a partires da instalación dun “punto informativo” que contará cunha carpa amarela tamaño 3 x 3 metros, megafonía para dinamizar os xogos, paneis e outros elementos gráficos. A mañá estará dedicada a xogos deportivos (voley, basket, ximnasia...) e a tarde a xogos infantís relacionados coa reciclaxe.
A concelleira de Medio Ambiente local, Elvira Pereira Ageitos, visitará a actividade ao mediodía.
Máis información sobre o asunto en http://www.separanapraia.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Estes días foron avistados en Aguiño, como poden ver nas fotos que nos cede un amable lector. Se atendemos á súa morfoloxía, son os típicos cisnes comúns (nome científico, cygnus olor), tamén chamados mudos porque non emiten fortes trompetazos coma outros da súa mesma familia, a dos Anatidae ou anseriformes. É o segundo por tamaño entre os diversos tipos de cisnes que hai (o máis grande é o cisne trompeteiro, que, como o seu nome indica, si que da a lata).
Como os animais son mudos -insistimos- os que os avistan só poden preguntarse de onde veñen, se escaparon dalgún zoo ou parque municipal, etcétera... sen obter resposta. Idealizados polos contos -O parrulo feo- e algunhas fotografías como ésta, os cisnes seguen a ofrecer belas estampas para os que teñen unha cámara a man e imaxes bucólicas para os que se atopan con eles de xeito sorpresivo.
Fotos cortesía de Javier Crugeiras.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 6 de agosto de 2010. O I Día do Mexillón terá lugar este vindeiro domingo, 8 de agosto, en Rianxo. Trátase dunha nova festa gastronómica para enxalzar o marisco de máis sona de Arousa Norte e está organizada, ademais de pola Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo (Aspromeri), que pon o produto, polo club de remo de Rianxo para recadar fondos para as súas cada vez máis numerosas actividades deportivas. A festa terá lugar no Campo de Arriba. A sorpresa espectacular vaina dar unha paella xigante que se comezará a cociñar ás sete da tarde, composta por mil racións que se partillarán de balde.
As notas musicais van poñelas grupos musicais da zona, como Vai de Roda, Restreba, Fogo Fatuo e Vai de Varanda. Os organizadores falan de servir este día unha tonelada de mexillóns frescos e media tonelada do molusco bivalvo en catro presentacións. As cifras que manexan van dende as 4.600 racións de mexillóns, sendo 800 en escabeche, outros tanto á vinagreta, 500 racións de empanada de millo, outras tantas de empanada de trigo e as mil restantes en mexillóns ao vapor.
Os prezos, populares (non ten que ver coa política: quere dicir que son asequibles, sobre 2,5 euros cada prato servido e por cada tres consumicións, un agasallo da Mancomunidade Arousa Norte). Os que leven tempo abondo, tamén poderán subir a un dos barcos dispostos para facer visitas guiadas ás bateas, onde explican como se traballa a mitilicultura. O prezo por persoa é de 10 euros.
Rianxo ten gran tradición de asociacionismo no eido do mexillón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son, 6 de agosto de 2010. Este sábado 7 a Festa Hortera chega á súa undécima edición. Para participar só tes que vestirte do xeito máis kitsch (ou sexa, hortera, pasado de moda, arrepiante, abraiante, que pon os pelos como escarpias) e acudir aos diversos actos, que tes no horario do cartel.
A música será dos 70´s e 80´s, entre o revival e a nostalxia. Como mostra, o botón de Fratelli Negroni:
Os Funk'n Bastards poden escoitalos en http://www.myspace.com/funknbastards
Non vos perdades o photocall na fin da alfombra vermella para saír "ao dereito" na foto e logo poder logo colgalas en Internet (en Facebook seguro que vai haber unhas poucas, pasade por aquí e iredes vendo). Os mellor disfrazados terán premio.
Completa a horterada -e iso vai polo resto de concellos que aínda o fan, sen ser festa hortera- a elección de rei e raíña e un karaoke para lembrar que calquera tempo pasado foi anterior e que todos nos podemos rir de nós mesmos, e non só por un día.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
"No colexio maior, no campus universitario madrileño, Haile manexa un discurso identitario en función das circunstancias. Nas festas, cando toca, exprímese a experiencia cubana e, senón, sempre queda o papel de intelectual africano en Europa. O camaleónico David Bowie semella un aprendiz.
Haile é un pluriempregado da Identidade.
Á marxe de toda a pirotecnia e o floklore noitarego (que dá os seus froitos), o noso amigo Haile rexeita de cheo calquer tipo de adscrición étnica. Considérase un cidadán etíope e asume de xeito militante a súa condición de fillo da revolución. De ben nacido é ser agradecido. O mesmo lle acontece a compañeiras e compañeiros nosos, chilenos e urugaios, que foron educados (ou reeducados) en Cuba tralos golpes de Estado militares dos anos 70 en Sudamérica. Seguen falando de papá Fidel e resulta complicado tentar debater sobre o tema cubano. Ao final, alguén coma min, un fillo da Vella Europa, metido de cheo neste etnocentrismo asoballante, cangado de prexuízos, estou incapacitado, segundo parece, para coñecer e asumir a realidade destas sociedades".
Todo o capítulo aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia