Mostrando entradas con la etiqueta 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2012. Mostrar todas las entradas

7.9.12

Ribeira: programa das festas de Santa Uxía, o 11, 12, 14 e 16 de setembro

 

Cartel_santa_uxia

Santa Uxía de Ribeira, 7 de setembro de 2012.- A Concelleira de Cultura de Riveira presentou hoxe, acompañada dos técnicos municipais de Cultura Unai González e de Xuventude Mario Vidal, o calendario de actos que integrarán a festividade de Santa Uxía. Estenderanse durante os días 11, 12, 14 e 16 de setembro.

 

Media_httpfarm9static_qdaot

 

As actividades están pensadas para todas as franxas de idade. A programación estará conformada da seguinte maneira:

 

MARTES 11 DE SETEMBRO

 

10:00 h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo da festa.

 

10:00 h Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas O Pichote de Palmeira.

 

20.00 h Novenario e Misa Solemne, na Igrexa Parroquial de Santa Uxía.

 

20:30 h FESTIVAL DE BAILE, no Auditorio Municipal a cargo da  Asociación Cultural Alfaia.

 

23:00 h Concertos da Mocidade, no Parque García Bayón cos grupos locais BELFAST e ROCK-FA-MI-DAS.

 

De xeito paralelo á actuación, no Parque García Bayón, desenvolveranse as PRIMEIRAS XORNADAS DE SEGURIDADE VIARIA, que inclúen ademais dos concertos anteditos unha degustación de cócteles sen alcol para sensibilizar á xuventude e á poboación en xeral acerca da incompatibilidade da condución coa inxesta de bebidas alcólicas. Esta degustación terá lugar de 23 a 00 horas. Tamén se emitirá o videoclip da campaña Libre interpretado por Jabon Blue coa colaboración de Luis Cobos. Colaboras as asociacións Abril e Renacer.

 

23:00 h Verbena coa espectacular orquestra MARAZUL, no Malecón.

 

MÉRCORES 12 DE SETEMBRO. DÍA DE SANTA UXÍA

 

10:00 h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo da festa.

 

10:00 h Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas A Gandaina de Palmeira.

 

10:30 h XORNADA DE PINTURA AO ÁR LIBRE para nenos/as. Na Praza de España (a partir de 3 anos, inscrición libre e de balde no lugar da actividade). Coorganiza a Asociación Cultural Alfaia. Consistirá na creación dun mural colectivo de temática diversa con referencias á Patroa Santa Uxía.

 

11:00 h Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Negreira.

 

12:00 h MISA SOLEMNE NA HONRA DE SANTA UXÍA cantada pola CORAL MONTEMAR. A continuación Procesión acompañada da Banda de Música de Negreira e o Grupo de Gaitas A Gandaina de Palmeira.

 

17:00 h Xornada Multixogo e de Xogos Populares, na Praza do Concello (ata as 20:00 h) Para nenos/as a partir de 4 anos.

 

17:00 h PRIMEIRAS XORNADAS DE DINAMIZACIÓN E PARTICIPACIÓN XUVENIL NA CULTURA URBANA. Nas Prazas Pablo Neruda e do Concello (ata as 22 horas). Colabora a Asociación Vella Escola de Noia.

 

Constará de obradoiros de graffiti, breakdance, beatbox (consiste na habilidade de crear música, ritmos, efectos, melodías, soamente cos recursos corporais, principalmente a boca); turntablism (técnica empregada por DJs de Hip Hop consistente en mover un disco de vinilo cara adiante e cara atrás sobre o prato do tocadiscos para crear un efecto parecido ao de raiar o disco –scratch- e que, ben empregado, axuda a construír ritmos musicais e frases melódicas.

 

19:00 h Acto de ENTREGA DA “MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE RIVEIRA” A ANA PELETEIRO E MARÍA VILAS, no Salón de plenos da Casa do Concello. Presidido polo alcalde Manuel Ruiz Rivas. Aberto ao público que desexe asistir.

 

20:15 h Finais da Liga de Verán de Fútbol Sala, categoría Senior, no Polideportivo da Fieiteira.

 

20:30 h CINEMA no Auditorio Municipal: “Los muertos van deprisa” de Angel de la Cruz”, gañadora de 9 Premios Mestre Mateo da AGA. Entrada de balde ata encher aforo!

 

22:30 h Verbena co grupo ACIREMA, no Malecón.

 

VENRES 14 DE SETEMBRO

 

12:00 h “TOUR EXPERIENCIAS GALICIA”, no Palco de Pedra do Malecón, todo o día!

 

Haberá tres Cursiños de Cociña (Show Cooking) con produtos de Galicia Calidade, de 35 prazas c/u para maiores de 16 anos; inscricións de balde no Auditorio Municipal ata o día 13 de setembro por rigorosa orde. Os cursiños serán ás 12 h – 17 h e 19 h. Tamén haberá un inchable para os cativos e un stand informativo.

 

DOMINGO 16 DE SETEMBRO

 

XV CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA, esta proba é o “Campionato Galego de 10.000 metros en Ruta”. Organiza a Concellería de Deportes de Riveira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.7.12

Noia: Son de Seu actúa o venres 24 de agosto nas Festas de San Bartolomeu

Noia_son_de_seu

Entrada de balde

Antes anunciamos:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.6.12

Noia: os orzamentos que se levan ao vindeiro pleno para 2012 ascenden a nove millóns e medio de euros

  • Segundo explicou o alcalde, búscase "a prudencia e a contención do gasto dado o contexto actual de inestabilidade e incerteza económica no país galego e no estado español"
  • Con algunhas partidas búscase modernizar a administración local, por exemplo cun Centro de Control de Datos e unha Oficina Virtual de Recadación
  • Para gastos de persoal vai máis do 40%, con máis de catro millóns de euros e en inversións reais empregaranse un pouco máis de un millón cen mil euros, case o 12%.
  • No capítulo de ingresos, o Concello de Noia agarda recadar máis de tres millóns de euros en impostos directos e case dous millóns en taxas e outros. O outro capítulo de maior importancia económica, o de transferencias correntes, ascende a máis de tres millóns setecentos mil euros

Media_httpfarm2static_jfane

Noia, 22 de xuño de 2012. O vindeiro venres, 29 de xuño, no pleno ordinario, darase aprobación, coa maioría do tripartito, aos orzamentos xerais para Noia deste ano 2012. Segundo explicou o alcalde, o socialista Rafael García Guerrero, os orzamentos deste ano están elaborados cunha mistura de "prudencia e contención do gasto ante o contexto actual de inestabilidade e interceza económica. Fallan numerosas subvencións e mesmo algunhas doutros organismos como Xunta ou Deputación desaparecen, polo que temos que tirar de fondos propios".

Unha das partidas máis fortes, algo habitual en calquera concello, é a que se refire ao capítulo de gastos de persoal. "Os nosos traballadores son o principal activo", sinala o alcalde na súa memoria dos orzamentos. Supón esta partida case o 43% do total dos orzamentos, "o que garante a sostibilidade do equipo de persoal de todos aqueles traballadores propios. Só coa recadación se mantén amplamente a estrutura de persoal, pois esta supón o 123% do gasto de persoal". O alcalde reivindica a necesidade de que non se privaticen servizos nin se reduza en recursos humanos, pois impacta negativamente nos municipios e "evidencia que o persoal é o principal activo dunha administración local". Tamén lamenta que as últimas leis impidan que se aumente gasto neste capítulo, o que podería redundar nunha peor calidade dos servizos prestados polo Concello. Para que a fortaleza económica de Noia no panorama galego -unha característica que resaltou varias veces na súa intervención- non se resinta, apóstase por acaparar toda a recadación municipal, sen derivar en servizos doutros organismos (véxase Deputación) nada do que hai que cobrar. Ata o 2011 o principal imposto, o IBI, era recadado pola Deputación, co que o Concello, ao ter que ceder o 5% pola xestión, perdía 255.000 euros.

Media_httpfarm3static_dhcac

Sociedade da información: radio e OVR

No capítulo de gastos correntes obsérvase que a meirande deles son consecuencia da actualización do IPC dos servizos, co importante custe que ten, por exemplo, o tratamento do lixo na Mancomunidade Serra do Barbanza. Entre as partidas novas hai unha referida á Sociedade da Información onde se establece que haberá un servizo de radio municipal -"elemento esencial para a difusión da actividade municipal e a participación cidadá"- e unha Oficina Virtual de Recadación (OVR) para poder pagar as taxas e impostos por internet.

Obras por conta propia para crear postos de traballo na zona

Dada a cantidade de obras que se están a facer "por administración", xeito burocrático de chamarlle ás obras que fai o concello cos seus medios e materiais, apártase unha partida para mercar materiais. O capítulo de investimentos, que se queda nun 11'67% do total orzamentado, supón, segundo o alcalde "unha importante contención" pero evítase recorrer a préstamos para facer novas obras e prímase facelas por medios propios para crear postos de traballo na zona. Entre as obras con máis cartos está a da apertura da nova rúa Pintor Xenaro Carrero trala adquisición da parcela da Casa do Calvario, as obras en Bergondo para o saneamento e as do Curro, que están na segunda fase.



 



 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.5.12

Ribeira: o Día Solar Europeo serviu para divulgar as enerxías minieólica, térmica e fotovoltaica

Alcalde_bici_electrica
Ribeira, 24 de maio de 2012. A empresa GALISOL, un dos socios de AEMGA, da man do seu administrador Manuel Rivas organizou o pasado sábado no Liceo de Ribeira por terceiro ano consecutivo as xornadas do día do Sol Europeo.
Nas actividades participaron ponentes como Joaquín Piña, director comercial da empresa de Sanxenxo OCV e Alberto Vázquez, Presidente de AEMGA. Os asistentes puideron coñecer as vantaxes das últimas tecnoloxías da enerxía solar térmica e fotovoltaica e da enerxía minieólica.
Comentáronse asemade as oportunidades que para administracións, empresas e particulares tería a regulación do autoconsumo por medio do Real Decreto de Balance Neto.

As xornadas foron clausuradas polo Alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, quen comprobou por si mesmo, xunto cos cidadáns que se achegaron, o funcionamiento de varios modelos de bicicletas eléctricas (comercializadas por GALISOL) ao longo do malecón ribeirense.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.5.12

Ribeira: a fase previa da Copa Sálvora xógase este sábado 26 de maio

  • Será no complexo deportivo de A Fieiteira (Ribeira)
  • Unha ducia de equipos en categoría benxamín e outros doce na alevín loitarán polas dúas prazas en cada categoría que dan acceso á fase final do 2 e 3 de xuño
  • 24 equipos con máis de 300 nen@s que buscarán o pase á Fase Final deste  prestixioso torneo, que este ano amadriña a internacional Verónica Boquete
  • Os escolares teñen ao seu dispor dous campos para xogar os partidos, zona de quecemento, banquiños e vestiarios. Recibirán froita e bebida para se repor do esforzo e recargar enerxía. Uns 30 voluntarios farán que todo saia ben
  • Organiza a competición o Sálvora C.F., un club de fútbol que ten como obxectivos apoiar aos clubs para que os xogadores teñan onde competir e comezar a rodarse como futbolistas, así como fomentar o deporte base nas idades infantís, traballar en equipo e divulgar hábitos saudables.

Cartel_copa_salvora_2012
HORARIO_OFICIAL_FASE_PREVIA_2012.xls Download this file

Máis info:  www.copasalvora.com ou www.copasalvora.blogspot.com ou en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.

Verónica Boquete dalle nome a este premio
Novo trofeo na Copa Sálvora 2012: á mellor xogadora

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.5.12

Cultura: a xira "Coñeces a Valentín?" de Serafín Marcos recala en Noia, Rianxo e Rois esta semana

[[posterous-content:pid___0]]

Barbanza-Noia, 14 de maio de 2012. O actor e músico Serafín Marcos continúa coa súa xira para dar a coñecer ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Estas son as datas desta semana, en que se celebra o acto principal, o xoves 17 de maio.

Luns 14, ás 11 h. e ás 12 h., no CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña: "Coñeces a Valentín?".

Martes 15, ás 10 e ás 11 h. no Auditorio de Rianxo: "Coñeces a Valentín?".

Mércores 16, ás 11,20 h. no IES Felix Muriel de Rianxo: "Coñeces a Valentín?".

Xoves 17, ás 12,30 na alameda de Noia: Intervencións poéticas nas ofrendas florais a Antón Avilés e María Mariño.

Venres 18, ás 12 no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis: "Coñeces a Valentín?".

Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical