Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio galego. Mostrar todas las entradas

10.1.13

Noia: xa se pode ver o acueduto medieval musealizado na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso

Media_httpfarm9static_rwutt

Media_httpfarm9static_wpbur

Media_httpfarm9static_yidur

  • O acueduto apareceu nas obras de reurbanización das rúas Porta da Vila e Carreiriña de Escultor Ferreiro en 2010

 

Media_httpfarm9static_ugmei

Media_httpfarm9static_acbjj

Media_httpfarm8static_wzpco

Así estaba almacenado o acueduto antes da musealización

  • O traballo de musealización foi autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
  • A exposición pública destes restos será permanente na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso, esquina Porta da Vila. Os tramos do acueduto, que miden un metro de longo por peza, van colocados sobre soportes de aceiro que á súa vez están ancorados sobre o pavimento da rúa, arrimados aos muros existentes. A totalidade do tramo exposto suma oito metros. 
  • A información escrita colócase sobre dúas das prismas cuadrangulares que compoñen a totalidade da tubaxe. A instalación conta cun sistema de iluminación indirecta que se proxectará sobre os paramentos dos muros existentes, para o cal foi preciso o seu enfoscado e acabado en cor branca. 
  • Con esta actuación, a Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, que dirixe o nacionalista Bieito González, pretende materializar a idea primordial de incorporar as pezas individualizadas da canle extraída, de tal maneira que fiquen expostas á cidadanía onde se pensa que o acueducto penetraba na cidade intramuros e abastecía de auga a todas as fontes públicas das que logo se servía a veciñanza. 

Tamén, en Certo:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.9.12

Noia: continuarán as escavacións no castro de Taramancos na zona de conexión co viaduto da variante

  • O Bng asegura que, no caso de que os cidadáns desaloxen ao PP da Xunta, "traballaremos para a preservación do que en Taramancos vaia aparecendo"
  • Na actualidade catalógase o que hai -e inda non apareceu ningunha información oficial sobre o atopado- e logo é demolido, coa conseguinte perda de patrimonio milenario para Noia

Media_httpfarm8static_fnajc

Media_httpfarm9static_eorkr

O castro de Taramancos segue a ser  unha incógnita, xa que a Xunta non informa sobre os achádegos alí producidos

Noia, 7 de setembro de 2012. Unha vez feitas as intervencións arqueolóxicas no castro de Taramancos, co obxectivo de construír o máis axiña posible o viaduto da variante noiesa, e de ficar á vista os restos, os memos foron catalogados por persoal especializado e acto seguido procedeuse á súa demolición pola empresa que está a construir a variante.

Media_httpfarm8static_ygzbs

Unha das poucas estruturas que quedaban en febreiro deste ano

Este mes produciuse unha nova resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, autorizando unha prórroga dos traballos de escavación entre os puntos quilométricos 0+740 e o 0+910 de data 13 de agosto último. Esta última autorización, segundo informa o concelleiro de Urbanismo, Bieito González, "coido que debe estar vinculada á solución que lle están a buscar á nova conexión rodada co lugar de Taramancos, desde a praia de Testal".


O citado edil engade que a posición pública do BNG "é ben coñecida: oposición á destrución do que alí apareceu e preservación do mesmo para o seu coñecemento público. Desde logo se se consigue o desaloxo do PP da Xunta de Galiza, está claro que o BNG fará unha política ben diferente, nesta e noutras cuestións, entendéndose que se traballará para a preservación do que alí vaia aparecendo".

Media_httpfarm7static_tuqlh

Unha das cabanas castrexas que xa nunca poderemos voltar ver, pois foi arrasada

Media_httpfarm7static_goqjc

Agosto de 2011, detalle das escavacións

Media_httpfarm8static_kjfdg

Aspecto do xacemento en maio de 2012

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical