- O Bng asegura que, no caso de que os cidadáns desaloxen ao PP da Xunta, "traballaremos para a preservación do que en Taramancos vaia aparecendo"
- Na actualidade catalógase o que hai -e inda non apareceu ningunha información oficial sobre o atopado- e logo é demolido, coa conseguinte perda de patrimonio milenario para Noia
O castro de Taramancos segue a ser unha incógnita, xa que a Xunta non informa sobre os achádegos alí producidos
Noia, 7 de setembro de 2012. Unha vez feitas as intervencións arqueolóxicas no castro de Taramancos, co obxectivo de construír o máis axiña posible o viaduto da variante noiesa, e de ficar á vista os restos, os memos foron catalogados por persoal especializado e acto seguido procedeuse á súa demolición pola empresa que está a construir a variante.
Unha das poucas estruturas que quedaban en febreiro deste ano
Este mes produciuse unha nova resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, autorizando unha prórroga dos traballos de escavación entre os puntos quilométricos 0+740 e o 0+910 de data 13 de agosto último. Esta última autorización, segundo informa o concelleiro de Urbanismo, Bieito González, "coido que debe estar vinculada á solución que lle están a buscar á nova conexión rodada co lugar de Taramancos, desde a praia de Testal".
O citado edil engade que a posición pública do BNG "é ben coñecida: oposición á destrución do que alí apareceu e preservación do mesmo para o seu coñecemento público. Desde logo se se consigue o desaloxo do PP da Xunta de Galiza, está claro que o BNG fará unha política ben diferente, nesta e noutras cuestións, entendéndose que se traballará para a preservación do que alí vaia aparecendo".
Unha das cabanas castrexas que xa nunca poderemos voltar ver, pois foi arrasada
Agosto de 2011, detalle das escavacións
Aspecto do xacemento en maio de 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario