Acaban de botarlle gravilla por encima ó tramo da estrada que vai dende o cruce do Vilar ata Aguiño. Unha autentica animalada, mais tendo en conta que este tramo estaba en perfectas condicions para circular, sen baches e ben pintado. Un perigo para a conducción moi grave que ademais de facer patinar aos vehículos (co conseguinte perigo para os peóns), tamén fai que salten pequenas pedras ós parabrisas dos coches e peóns que circulan polas beirarrúas.
É unha vergoña que asfalten tramos con pouco tráfico e que esta estrada que ten unha grande cantidade de desprazamentos diarios fagan dela unha auténtica cañeira.
9.9.09
O QUE FIXERON COA ESTRADA CARREIRA-AGUIÑO NON TEN NOME
Toño Chouza, seleccionado en Bueu
O mércores 9 de setembro, día de proxeción da súa curta "Por la mañana"
Na fin deste pdf tedes a sinopse
Por se non sabedes aínda quen é o boirense Toño Chouza, en Certo entrevistámolo aquí
Xerarquía de distracións dixitais... falta o Posterous!
Unha interesante páxina... o do Twitter (se só houbera 100 en Twitter) tamén está xenial, en http://www.informationisbeautiful.net/2009/if-twitter-was-100-people/
4.040 fotos en Flickr e case 60.000 vistas!
Árdelle o eixo, como a este carro que podedes ver no Museo de Etnografía de Artes, en Ribeira.
Ampliación do Porto de Cabo da Cruz: postura do Bng
Menos mal que temos Posterous, que é aberto! En Facebook hai que darse de alta para ver este tipo de contidos...
Xa temos amiguiños en Posterous! Isilayerol
E tamén postea en Twitter, claro... imos tolear con tantos servizos xuntos! Ás veces pensamos en cambiarnos o nome e chamarnos "EcoCerto". Non pola ecoloxía, non, polo de ser "eco" en tantos sitios
A Retorta tortuosa: o caso Neixón cun novo actor, un medio de comunicación
De Neixón a Baroña: se vivíramos en Cádiz xa tiñamos chirigota!
Si, moito nos tememos que se os turistas ven este vídeo de Bill Dan van rematar por facer o mesmo nos numerosos pedreiros de que Barbanza está dotada. E como pillen para a Costa da Morte, van tolear, que aínda hai máis pedriñas!
Baroña será BIC (Ben de Interese Cultural), pero ten a mesma protección que un boli desa marca!
Ao cole vóltase mellor cun sorriso nos beizos
E o Facebook actualizado claro, aínda que neste caso a quen hai que actualizar é á nai