Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas

12.12.12

A Pobra do Caramiñal: alumnado de 4º de ESO do instituto elaborou un rueiro literario do municipio en Internet

Media_httpfarm3static_ajtrs

Inda que para o Concello semella existir só Valle-Inclán, na Pobra hai rúas adicadas a numerosos escritores e autoras. A adicada ao poeta Manuel María é a primeira no mapa feito

A Pobra do Caramiñal, 12 de decembro de 2012. Namentres no día de hoxe centos de institutos de Galicia homenaxearon con recitados en común e actividades nas praias o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", na Pobra parte do alumnado de 4º de ESO adicouse a indagar nas rúas do seu municipio aquelas que levan nomes de autoras e escritores cos que confeccionaron un mapa virtual.

"Rúas con literatura" é o título dunha secuencia de traballo desenvolvida en 4º da ESO durante as últimas semanas, inspirada en parte no proxecto Callejeros literarios. Trátase, segundo explican na web "Remexer na Lingua", "de coñecer e facer máis visíbeis os/as escritores/as que lle dan nome a rúas da nosa vila compoñendo un mapa ilustrado na web".

Este magnífico exercicio práctico consta de sete actividades:

Deste xeito, as alumnas e alumnos deste curso puideron coñecer de primeira man as rúas adicadas a escritores da súa vila, estudar a súa vida e obra, traballar en equipo para levar adiante o mapa -co conseguinte uso das novas tecnoloxías na escola- e darlle forma a un traballo que agora pode ver todo o mundo na Rede e partillar nas redes sociais.

Velaquí o mapa en Tripline



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.11.12

Literatura: ata o 31 de decembro para optar á praza na residencia de escritores de Axóuxere en Rianxo

  • A autora ou escritor interesados deberán enviar unha proposta co traballo que queren desenvolver durante 30 días entre febreiro e abril de 2013 en Xens, Leiro, Rianxo, onde a editora Axóuxere ten a súa residencia de escritores
  • A cambio da estadía, totalmente gratuíta, a escritora ou autor escollidos deberán dar un obradoiro literario no municipio e entregar algún material publicable do proxecto
  • Axóuxere xa vai pola súa cuarta experiencia con este chamamento. Antes estiveron a poetisa canaria Irena La Sen, o galego-islandés Elías Portela e a luguesa Nerea Pallares

Toda a información neste dossier:

Axóuxere_Inverno.pdf Download this file

Ou na web da editorial rianxeira: http://axouxerestream.com/residencia-de-escritores/


Relacionada:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.10.12

Outes: Francisco Añón, homenaxeado polo seu bicentenario na súa terra e na Academia

  • Tal día coma onte, 9 de outubro, nacía o poeta, en 1812 

  • O secretario xeral de Cultura gabou as iniciativas que “promoven un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural”

Outes, 10 de outubro de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse aos os actos de conmemoración do centenario de Francisco Añón que se celebraron onte en Outes, terra natal do poeta. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nas iniciativas promovidas polo Concello de Outes para homenaxear o poeta Francisco Añón cando se cumpren os douscentos ano do seu nacemento; “iniciativas –dixo– que a Xunta de Galicia acolle e apoia con entusiasmo por promoveren un maior coñecemento social dos nosos autores e dos momentos máis relevantes da construción da nosa historia cultural”.


“O congreso desenvolvido a semana pasada na Cidade da Cultura de Galicia permitiu afondar no estudo da achega poética e vital de Francisco Añón e as diferentes homenaxes que se veñen desenvolvendo estes días en Outes permiten recuperar esta figura na memoria dos seus habitantes”, dixo o secretario xeral.

Recuperación de figuras singulares


O representante da Consellería tamén asegurou que “estas celebracións arredor de momentos que marcaron pasos decisivos do avance cultural de Galicia e da recuperación dun status para a nosa lingua constitúen un conxunto de pingas do noso pasado traídas á actualidade, que nos axudan a recuperar para o presente a referencia das nosas figuras e obras máis singulares da nosa historia”.

Xunto co secretario xeral tamén interviron no acto o alcalde de Outes, Carlos López Crespo; o secretario da Real Academia Galega, o rianxeiro Xosé Luís Axeitos; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Elvira Padín, e o coordinador dos actos de homenaxe, o outense Xoán X. Mariño.

As celebracións arredor do bicentenario de Añón comezaron coa inauguración dunha placa conmemorativa da efeméride. A continuación tivo lugar o acto de entrega do retrato de Francisco Añón por parte do pintor noiés Alfonso Costa ao Concello de Outes. A intervención das das autoridades presentes e unha ofrenda floral ao poeta diante do seu monumento na Casa do Concello completaron os actos de homenaxe.

Ademais de colaborar co Concello de Outes na realización do congreso sobre Francisco Añón que se realizou na Cidade da Cultura os días 4 e 5 de outubro, a Secretaría Xeral de Cultura apoiou a publicación de Vida e obra de Francisco Añón, un volume da autoría de Ramón Blanco que acaba de publicar a Editorial Galaxia e que nace coa vontade de difundir a achega literaria e lingüística do poeta no conxunto da sociedade.

Colaboración da Real Academia Galega

Marino_e_gonzalez_outes

A Real Academia Galega tamén se quixo sumar á homenaxe do bardo de Boel. Na súa web ten publicado o poema "A Galicia", que se pode ler en edición facsímile aquí. A biografía de Añón está nesta ligazón.

Ademais, o pasado 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, durante a presentación do libro "Poesías galegas", de Añón, o membro de número da Academia Manuel González González, expresou o seu agradecemento por esta iniciativa ao Concello de Outes pois "axuda a situar a figura de Añón no lugar que merece no canon da literatura galega". Durante a súa intervención, o membro da executiva da Academia salientou, tamén, o carácter "progresista" do poeta outés, "amigo persoal de Antolín Faraldo e comprometido co ideario revolucionario do provincialismo, como podemos ver no seu poema "A Galicia" [PDF 1Mb].

Esta reedición facsimilar do libro Poesías Galegas, de Francisco Añón Paz, editado polo Concello de Outes coa colaboración da Real Academia Galega e da Deputación da Coruña, presenta como novidade dous prólogos; un a cargo de Carlos L. Crespo, alcalde de Outes, e outro do presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, que reproducimos aquí [PDF 0.3Mb].

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.1.11

Rianxo: a segunda xornada do programa "Ceo das Letras" na Cidade da Cultura está adicado a Manuel Antonio

(Rianxo, 1900–1930). Ventos rebeldes, luces estantías, afogados inmortais, amigos fraternos, gaivotas anónimas, horizontes esculcados na procura da liberdade, a súa vila natal, veleiros empopados, son, na obra de Manuel Antonio, fareiro da nosa realidade, o sol que sempre volve á nosa terra.

12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.

13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.

Hai que reservar praza, na páxina indicada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.7.10

Literatura: creado xa un blog para o homenaxeado en 2011 nas Letras Galegas

http://loispereiro.blogaliza.org/

Da a sensación de que o homenaxeado este ano xa rematou a súa quenda, pois non sae case nos papeis. Por se acaso, lembrámoslles quen é: http://uxionovoneyra.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.6.10

Rianxo: novena da Guadalupe de 1778 que se pode ver na Rede

Impresa en Santiago por Sebastián Montero y Frayz. O anónimo que a mandou imprimir era un cura de Rianjo (patria del religioso artífice). Rianjo segue a ser o nome polo que Rianxo é coñecido, por exemplo, en Google Maps. Tamén moita xente que veranea en "Sangenjo" coñece "Rianjo".
Atopamos este documento vía Europeana (http://europeana.eu), unha iniciativa que aínda está moi faltiña de marabillas literarias e artísticas galegas.

Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.5.10

Ribeira: o 17 de maio de 1990 Uxío Novoneyra estivo na Centenaria e tratárono "como se un poeta fora un poder"

"No día das "Letras Galegas 1990", eiquí en Santa Uxía no que pasei un día emocionante e me trataron como se un poeta fora un poder. O poder..."

Tomado da web do Bar Plaza (barplaza.com)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

9.2.10

Noia: bases do IX Certame literario de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos". Prazo de entrega ata o 28 de maio de 2010

Monumento a Avilés de Taramancos en Lousame

1.- Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas  as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras

2.- A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen  sinatura e cun lema, utilizando o sistema de plica.

3.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 4.- Os traballos serán remitidos a: 


Concello de Noia

Rosalía de Castro, 2

15200 Noia (A Coruña)

 

5.- Estabelécese un único premio de 3000 €, ademáis dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo.Concello de Noia. O importe de premio estará  suxeito á lexislación fiscal vixente.

Alfonso Costa, artista de Noia

 

6.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para interpretar as bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas e emitirá públicamente o seu veredicto o día 28 de maio de 2010.

 

7.- Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

Busto de Antón Avilés en Noia, ao pé do Concello

 

8.- O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

 

Noia,  27  de  xaneiro 2010 

 

O Concelleiro de Cultura

 

Asdo.: José Manuel González Canabal

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

30.4.09

Fotoxornalistas de cu


Noticia falsa do día: un importante medio de comunicación galego, ante a portada de El País onde amosaban os seus pandeiros Carla Bruni e Letizia Ortiz, ordenou aos seus fotoxornalistas que saquen de costas a todo canto personaxe se lles bote por diante. En principio, para facer arquivo: logo xa as empregarán como eles consideren para manipular á opinión pública, privada e mediopensionista.

Certo, na súa evidente deriva cultureta, non pode ser axeno a este novo camiño do fotoxornalismo e quere contribuír cunha primeira foto dun egrexio escritor galego: Xosé Carlos Caneiro.

27.2.09

Updike: un namorado do viño de Xerez. Poe: do Amontillado

Enoturismo, bodegas y cultura vinícola en deVinum. El boletín de actualidad de viajerosdelvino.com


Poe: En el relato corto fue un maestro, y entre éstos destaca, El barril de amontillado (The Cask of Amontillado), un cuento de terror que apareció publicado en la revista Godey´s Lady´s Book en 1846. La historia de la cruel venganza que Montresor aplica al desventurado Fortunato utilizando como cebo un barril de amontillado. La acción de la trama se desarrolla a finales del XVIII, en una indeterminada ciudad italiana que vive sus carnavales.

29.1.09

Dos arquivos do trasno e Benjamin Button

Dos arquivos do trasno é un libro de relatos do escritor galego Rafael Dieste, publicado no ano 1926.

Na primeira edición contaba con 8 relatos, pero xa na segunda, de Galaxia de 1962, aumentouse o número de relatos a 20:

* Sobre da morte de Bieito * De cómo se condenou o Ramires * A volta * A luz en silencio * Historia dun xoguete * O vello Moreno * O vagamundo * O vello que quería ve-lo tren * O neno suicida * Na morte de Estreliña * O grandor do mundo * Pampín * Espanto de nenos * Na ponte de ferro * Nova York é noso * O caso dos tres fornos * Once mil novecentos vinteseis * O drama do cabalo de xadrez * Un conto de Reis * De cómo veu a Rianxo unha balea
Dos arquivos do trasno - Wikipedia, a enciclopedia libre

O neno suicida ten a mesma idea, pero desenvolvida de xeito distinto, que " O curioso caso de Benjamin Button", a película con Brad Pitt que acaba de estrearse. Esta está baseada nun relato de Scott Fitzgerald, coetáneo de Dieste. Copiáronse? Influíronse?

Rafael Dieste naceu en xaneiro de 1899, en Rianxo

9.12.08

4.9.08

Vilanova de Arousa e Pobra, con Valle, da man

O TEU PUNTO DE ENCONTRO

Eran horas. Non foi sen tempo. No canto de facer todo o posible porque ambas vilas sexan referente para mergullarse na vida e obra de Valle, ata agora adicáronse a pelexar como cativos. Chegarían xa á madurez os nosos políticos? E os nosos cidadáns? Agardamos que si.

Noraboa por esta foto, que tanto se fixo esperar.

19.5.08

Deberían lelo...

Se foron pequenos e viron a serie de Huckleberry Finn en debuxos, ou leron "As aventuras de Tom Sawyer", teñen que saber o que pensaba quen os escribiu. Sorprenderánse...
Blogged with the Flock Browser

26.3.08

Buscando a páxina do IES nº 1 de Ribeira

Páxinas de centros educativos galegos

Desgraciadamente, moitos centros educativos galegos non teñen páxina, outros póñena para simular que a teñen e gañar un premio, algúns usan nas páxinas pesadas animacións ou artificios que dificultan a accesibilidade, a maioría non se actualizan...
Páxinas de centros educativos galegos

Foto da páxina de Enciga.org
Que CERTO é o que di César Salgado na súa páxina. Tanto, que ao buscar a páxina do instituto número 1 de Ribeira fomos dar -dende a súa web oficial- a outra páxina que vende dominios titulada "IES Ribeira.com Lo que necesita en cada momento". Entre as categorías máis visitadas figuran:

Categorías más visitadas

CollegesSpecial EducationEroticas
2º Ciclo Da EssoAula 1aSchool
Aula 2b2º EvaluacionMatricula
Seminars2º EvaluaciNotas
4ºa Esso4º Esso


Claro, é o normal nunha web de instituto, non é? -nótese a ironía- Sobre todo logo de ver que nos medios tradicionais a noticia máis lida estes días é esta.

Este é un exemplo magnífico de como ao querer dar unha noticia sae outra ben diferente. Nós só queriamos facernos eco da Semana das Letras neste centro ribeirense.


Blogged with the Flock Browser

16.3.08

Literatura Libre


Escrito por Eduardo Perez

Como escritores o editores nos encontramos a veces en el momento cumbre de nuestra obra: poner punto final a la misma o guardar la versión definitiva del diseño editorial de ella (momentos a veces consecutivos). Sin embargo, para la mayoría de nosotros la pretensión es que la obra trascienda y no se quede tan sólo como un archivo más en nuestra computadora (hablando digitalmente). Irnos por la ruta de la impresión en papel resulta en muchos casos incosteable por el autor o fuera de la estrategia del editor. Entonces, ¿Dónde o cómo puedo publicar mi obra? ¿Qué tan complicado puede ser? ¿Realmente puedo lograr tener una difusión gratuita de mi obra? ¿Estos mecanismos funcionan?
11 Estrategias para publicar y promocionar nuestra obra en internet | Literatura Libre
Blogged with the Flock Browser

28.2.08

Xa que falamos de porno...

III premio Narrativas Quentes
Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relatos, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 250, que estea escrita en lingua galega.
Prazo: 01-03-08
Contía: Publicación do texto premiado-
Convoca:Edicións Positivas

Certame de microrrelatos eróticos Ferve a Rede
Concurso online de textos de temática erótica, en galego e cunha extensión máxima de 550 caracteres.
Os textos poden enviarse dende a propia páxina do concurso (http://www.vieiros.com/ferve_a_rede/) e cada autor pode presentar un máximo de tres orixinais.
Prazo: 10-03-08
Contía: Unha viaxe e estadía de catro días en Venecia para dúas persoas-
Convocan:Vieiros e Secretaría Xeral de Política Lingüística
CERTAMESCULTURAGALEGA.ORG

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical