Mostrando entradas con la etiqueta etnografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta etnografía. Mostrar todas las entradas

3.6.10

Faranji: no capítulo XIX, Xurxo Ayán explica cómo facer un museo que acabou sendo un ximnasio

Con párrafos tan chamativos como:
"Nesa Galicia que é Ruanda, desencadeouse, entre vales e montañas tinguidos de sangue para sempre, un xenocidio[1] en abril de 1994. A maioría hutu (85 % da poboación do país) emprendeu a matanza sistemática da minoría tutsi (14 %) que detentara tradicionalmente o poder. Dende os departamentos universitarios, dende os Laboratorios, unha manchea de intelectuais e profesores elaboraran previamente un discurso ideolóxico racista, unha versión concreta do pasado, da historia e da identidade: o tutsi era un pobo estranxeiro (négaselle a condición de ruandés), unha raza extraña, nilótica (son os Outros), que colonizou o país, explotando, escravizando e deturpando aos seus verdadeiros fillos, afundíndoos na miseria, na humillación e na fame. As ondas radiofónicas espallan a chamada á recuperación da identidade, da dignidade hutu, exhortan á aniquilación dese cancro parasitario, desa anomalía tutsi na paisaxe de Ruanda. Dende a radio desencadenouse a metástase do odio".
Lea o capítulo completo en http://certo.es/index.php?page=save_the_children

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

19.2.09

Cantares que case se perden!

Eu caseime no Araño pensando que había pan. O forno de miña soghracría silvas polo vran

.- Somos de Calo, calemos. Anque che somos de Calo, outra non a temos.(Calo, lughar de Nebra)

.- A aldea de Cures de lonxe pareçe vila. Ó entrar no medio dela pareçeunha maravilla

.- Baixei por Covelo abaixo, boteille a man a un loureiro. Vivan asmoças de Cures e máis as de Carboeiro

.- En Cadarnoxo hai un toxo, hai un toxo reflorido, hai un reflorido toxo.
25 Aniversario IES Praia Barraña - Boiro: CANÇIONEIRO POPULAR- CANTARES EXISTENÇIAIS-PERTENÇA-TRISTURA-CONSOLO-Ramón Laiño

24.6.08

Palmira de Soutomaior

Inserido Video


Os de Vai de Roda non paran...

Blogged with the Flock Browser

28.5.08

5.5.08

O maio



Vía Breixo Pazos
E vía Capítulo 0 e CulturaGalega.org

"Manuel Murguía e Alfredo Vicente, máis tarde Xosé Filgueira Valverde, Emilio de Gregorio e Clodio González Pérez estudaron a orixe e as diferentes manifestacións populares dos maios en toda Galicia. Por iso, documentan moitas variacións hoxe completamente perdidas. É o caso das "maias", grupos de neniñas que canta, bailan e piden cunha compensacio a cambio (dábase en localidades como Betanzos ou Ferrol). Houbo un tempo no que se ergueron árbores de maio, unha tradición que consistía en cortar unha árbore do contorno e logo espetala no centro da aldea ou vila, como trunfo da vexetación. E tamén se perdeu a celebración da Santa Cruz o tres de maio, unha festa de carácter relixioso."

O Maio

Ahí ven o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez


Ahí ven o maio. Canción de Luis Emilio Batallán. Preme aquí

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical