15.3.10
Ribeira: inícianse as saídas culturais para maiores cunha peregrinaxe a Santiago polo Ano Santo
Ribeira, 15 de marzo de 2010.- A concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Riveira, María Esther Patiño Rey, presentou hoxe o programa de Saídas Culturais organizado polo Departamento de Servizos Sociais para os maiores do municipio.
Xa está aberto o prazo para anotarse na expedición a Compostela
Segundo informou a edila riveirense, Santiago de Compostela será o primeiro punto de destino cunha excursión que se celebrará o vindeiro venres 26 de marzo e que servirá para gañar o Xubileo. O prazo de inscrición para esta viaxe comeza no día de hoxe, 15 de marzo, e rematará o día 22. O prezo é de 18 euros por persoa.
Todos os interesados en participar nesta ou nas outras cinco viaxes incluídas na programación deben cumprir os requisitos establecidos (é dicir, estar empadroado en Riveira e contar cunha idade igual ou superior aos 60 anos, ou ben ter 55 ou máis e estar xubilado) e entregar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409).
A Coruña, castelo de San Antón
A segunda das viaxes percorrerá as localidades situadas entre A Coruña e Betanzos e terá lugar o día 16 de abril (prazo de inscrición: entre o 29 de marzo e o 13 de abril; prezo: 20 euros). A seguinte terá por destino a localidade portuguesa de Fátima e desenvolverase entre os días 21 e 23 de maio. O prezo é de 67 euros e o prazo de inscrición abrangue entre o 3 e o 14 de maio.
A antepenúltima das excursións descorrerá pola Ruta Xacobea Marítimo/Fluvial. Celebrarase o día 18 de xuño por un prezo de 28 euros. O prazo de inscrición ábrese o 31 de maio e péchase o 15 de xuño.
Muralla luguesa
Para o día 16 de xullo está prevista outra ruta por Lugo e Marcelle. O seu prezo é de 23 euros e os prazos de inscrición, entre o 28 de xuño e o 12 de xullo.
Por último, a coa denominación de “Coñece a Barbanza”, o día 24 de setembro terá lugar a tradicional ruta pola comarca. O seu prezo é de 12 euros e os prazos de inscrición, entre o 6 e o 21 de setembro.
Cabe lembrar que as inscricións realizaranse como máximo para dúas persoas. Quen quedara en lista de espera terá preferencia na seguinte excursión. As prazas serán adxudicadas por estrito orde de chegada, sendo un 50% das mesmas para usuarios de Riveira e outro 50% para parroquias.
No transcurso da rolda de prensa, a edila riveirense fixo fincapé ademais no gran número de actividades pensadas para os maiores que se organizan dende a súa área municipal, como é o caso das Segundas Xornadas Saudables Terceira Idade, que se desenvolverán en dúas fases programadas para maio e outubro.
Outras accións impulsadas dende Servizos Sociais son os talleres de bailes de salón e reciclaxe que se celebrarán durante os meses de abril e maio; o taller de estimulación da mente que está tendo lugar ata mediados de xuño e o taller de reforzo educativo, con periodicidade anual.
Ademais, a programación deste ano contará con cursos para pandereta e de iniciación á informática e internet; cun curso de galego para maiores (no que colabora o Servizo de Normalización Linguística de Riveira), a convocatoria de torneos de xogos de mesa e a tradicional Xuntanza do Maior.
Parque para adultos en Palmeira
Por último, Esther Patiño informou de que durante os meses de maio e xuño haberá un monitor no Parque Biosaudable de Coroso para asesorar aos usuarios sobre o correcto uso dos aparatos. Tamén está prevista a celebración no verán de clases de ximnasia nos parques biosaudables das distintas parroquias.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Dodro: "Gente de mente", exposición sobre a doenza de Alzheimer aberta ata o 30 de marzo
A concellaría de Igualdade e Benestar do concello de Dodro organiza entre os dias 15 de Marzo e 30 de Marzo a exposición "Gente De Mente”, adicada a enfermidade do Alzheimer, que estará exposta na casa do Concello de Dodro.
Trátase dun proxecto elaborado por AFACO (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de A Coruña), co obxectivo de achegar esta problemática a sociedade en xeral, a través dun conxunto de paneis e probas, nos cales se pretende que a persoa visitante perciba os síntomas e sensacións que experimenta unha persoa afectada por esta pola enfermidade de Alzheimer ao longo das súas diversas fases.
Despois de percorrer durante os anos 2008 e 2009 as principais cidades galegas a exposición, solicitada polo concello, estará en Dodro ata finais de marzo.
Poderá ser visitada en horario de 9:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h de xeito individual, e faranse tamén visitas guiadas por un
psicólogo os martes 16, 23 e 30 as 11:00h e o venres 26 as 12:00h, cunha duración estimada por visita dunha hora.
Máis información na web de Afaco, aquí
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: charla do Bng o martes 16 sobre a situación dos servizos sociais en Galicia
Participarán: Cristina Andrade, responsábel comarcal da muller; Dores Torrado, responsábel comarcal do BNG e concelleira en Boiro; María Méndez, concelleira de Servizo Sociais en Vigo e responsábel da muller na Executiva Nacional do BNG.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: cada vivenda deberá ter unha etiqueta de certificación enerxética
A Concellería de Urbanismo de Boiro informa sobre o Decreto 42/2009 do 21 de xaneiro, que regula a certificación enerxética das vivendas en Galicia.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografía: Fíos de Seda na Fervenza dos Guerreiros en Boiro
Un magnífico traballo (nas características postas en Flickr explícase todo) de Anxo Resúa
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: crónica de voleibol del 13 de marzo de 2010
AULE - HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-0
En el penúltimo partido de la temporada, nuestros chicos del Hipescar viajaron a León, donde, por desgracia, no se pudo lograr la victoria, con un resultado final de 3-0.
Ha sido un viaje largo, marcado por bajas de varios de nuestros jugadores, siendo solo 9 en el enfrentamiento contra el AULE. El León llegó al encuentro motivado, y concentrado, haciéndonos daño sobre todo en defensa y saque. Nuestros chicos se encontraban cansados y algo desmotivados, cometiendo algunos errores no forzados, lo cual los llevó a la derrota. Sin embargo, no se dejó una mala imagen ni muchísimo menos; el Hipescar demostró que ha sido, es, y será un bloque fuerte y unido.
Jugaron por el Hipescar: Andrés, Víctor, Iago, Miguel, Felipe G., Dani y Chicho. También jugaron Gustavo y Frigu.
Otros resultados del fin de semana: C.V. Arqo Rianxo - Herrera Voley Turismo Llanes 3-0 (25-20/25-20/25-22); Universidad Valladolid - Club Vigo Voleibol 2-3 (25-21/25-19/15-25/18-25/12-15); Ourense - San Sadurniño 1-3 (19-25/25-20/21-25/22-25); Doble Imagen Oleiros - Zalaeta 1-3 (24-26/25-15/20-25/22-25).
Este fin de semana el Hipescar juega su último partido de la temporada en casa, donde recibirá al Universidad Valladolid; será el sábado a las 19:00 en el Pabellón de A Cachada. Otros partidos del fin de semana serán: San Sadurniño - AULE 19:30 Pabellón Municipal; Club Vigo Voleibol - C.V. Arqo Rianxo 16:00 Pabellón Municipal de Coia; Herrera Voley Turismo Llanes - C.D. Conxo 19:00 Polideportivo de Llanes.
Último partido en este caso para nuestros chicos del Redesyl, que tampoco consiguieron la victoria ante el Emeve de Lugo, con un resultado de 1-3 (19-25/25-22/14-25/14-25).
El Emeve demostró que como siempre, es un rival duro de roer, un club veterano y siempre preparado, y aunque nuestros chicos le plantaron cara, finalmente los lucenses se llevaron la victoria, con un bloque duro en defensa y fuerte en ataque.
Definitivo final de temporada también para nuestras chicas, el Ojea Boiro Voleibol, tras jugar su partido aplazado frente al Universidad Rico A Coruña el viernes por la tarde, donde, de nuevo, y cumpliendo con todas las apuestas, lograron una nueva victoria por 1-3 (12-25/25-21/18-25/10-25).
Tal y como nos demostraron toda la temporada, nuestras chicas volvieron a ser un equipo fuerte, que puede vencer al rival sin mayores problemas, con un buen ataque, defensa y saque. Tan solo flaqueron en el 2º set, permitiendo así al Coruña conseguir un set. Pero a partir de ahí nuestro Ojea volvió a brillar con luz propia convirtiéndose en el único equipo en la cancha.
FELICIDADES OJEA BOIRO VOLEIBOL por esta gran temporada! Nos vemos en la Fase de Ascenso.
Y otro final de temporada, en este caso para nuestras juveniles, con un triple enfrentamiento este fin de semana, a causa de los aplazamientos, y en los cuales por desgracia no se pudo lograr la victoria.
EUSEBIO DA GARDA UNIVERSIDADE - OJEA BOIRO VOLEIBOL 3-0 (25-19/25-11/25-21)
OJEA BOIRO VOLEIBOL - XACOBEO 2010 RIBEIRA SACRA 0-3 (17-25/12-25/19-25)
CALASANCIAS MARINEDA AGECO - OJEA BOIRO VOLEIBOL 3-0 (25-17/25-11/25-13)
El sábado jugaron nuestros Alevines en Dodro; el domingo jugaron los Infantiles, que perdieron con Ames 3-0; cadetes que vencieron al Lousame 3-2 y perdieron con Ames 3-0.
De nuevo, muchísimas gracias por vuestra atención. Nos vemos el sábado en el final definitivo de la temporada. Os iré informando de las próximas competiciones.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia